versión en castellano
english version

versión para discapacitados
 
Inicio » Servizos » CeTA » Campus Virtual da USC » Curso 2009/2010
Curso 2009/10
Plan de implementación
Servidor de probas
Documentación
Preguntas frecuentes
• Formación
Consultas ao CeTA
Fai a túa Consulta ou suxestión
Chámanos con Skype máis información
Outros datos de contacto

Preguntas frecuentes

  • Traballo coa nova versión da plataforma
    • Ides migrar os contidos dos cursos actuais á nova versión da plataforma?
    • Podo trasladar a miña aula virtual directamente do Campus Virtual antigo ao novo?
    • Debo facer de novo os documentos que emprego no Campus Virtual?
    • Cómo cambio o idioma da plataforma ao galego?
  • Solicitude de aulas virtuais
    • Cándo poderei solicitar aulas virtuais para o curso 2009/10?
    • Podo solicitar aulas virtuais na versión antiga?
    • Pódense solicitar aulas virtuais para grupos de docencia interactiva ou titorías en grupo.
    • Pode haber unha única aula virtual para varios grupos expositivos dunha mesma materia?
    • Teño docencia unha materia que se imparte en distintas titulacións, podo solicitar unha única aula virtual para todas elas?
  • Formación
    • Haberá cursos de formación no uso da versión antiga da plataforma?
    • Haberá cursos de formación no uso da nova versión do Campus Virtual?
    • Onde podo atopar documentación sobre a nova versión do Campus Virtual?

Traballo coa nova versión da plataforma

Ides migrar os contidos dos cursos actuais á nova versión da plataforma?

Como ven sendo habitual o traslado de contidos de cada curso académico ao seguinte corresponde ao/á docente.

No caso particular deste ano académico, o/a docente deberá:

  1. Solicitar unha aula virtual na versión antiga do Campus Virtual.
  2. Facer o traslado de contidos á aula virtual que se lle cree (na versión antiga).
  3. Solicitar a conversión da aula virtual da versión antiga á nova.

Importante: O paso 3º é irreversible. Teñan en conta que o traslado dunha aula virtual á nova versión pode implicar a perda ou cambio de ubicación dalgunhas funcionalidades da aula virtual. Por favor, lea a seguinte pregunta.

Podo trasladar a miña aula virtual directamente do Campus Virtual antigo ao novo?

Si, pódese, pero non existe un traslado automático de contidos ao cento por cento. Algunhas ferramentas desaparecen adaptando as súas funcionalidades outras novas, polo que non se trata dun proceso completamente transparente.

A nosa recomendación é explorar as posibilidades da nova plataforma e, se non ten unha aula virtual moi complexa, tente creala de novo.

Debo facer de novo os documentos que emprego no Campus Virtual?

Non, os arquivos que vostede teña na súa aula virtual actual son perfectamente utilizables nesta nova versión da plataforma, únicamente terá que refacer a estructura da aula virtual segundo a nova plataforma.

Cómo cambio o idioma da plataforma ao galego?

De momento non está dispoñible, estamos a traballar na súa tradución.

Solicitude de aulas virtuais

Cándo poderei solicitar aulas virtuais para o curso 2009/10?

Estamos a traballar no calendario de fin de curso 2008/09 e inicio de curso 2009/10. Ao igual que todos os anos anteriores, en canto definamos este calendario enviaremos unha mensaxe de correo electrónico a todos/as os/as docentes do Campus Virtual para informar do mesmo.

Podo solicitar aulas virtuais na versión antiga?

Si, durante o curso 2009/10 poderá optar por calquera das dúas versións dispoñibles.

Importante: Teña en conta que a versión antiga non estará dispoñible no curso 2010/11 polo que lle recomendamos que se ten que traballar nunha nova aula virtual o faga xa na nova versión do Campus Virtual.

Pódense solicitar aulas virtuais para grupos de docencia interactiva ou titorías en grupo?

Nos estudos de grao só se poderán solicitar aulas virtuais para grupos expositivos. Dentro desta aula virtual poderán crear tantos grupos como precisen para eses grupos de docencia interactiva e de titoría.

Pode haber unha única aula virtual para varios grupos expositivos dunha mesma materia?

Non. A organización das aulas virtuais baséase nos grupos expositivos, polo que non poderá compartirse unha aula virtual entre varios grupos.

Teño docencia unha materia que se imparte en distintas titulacións, podo solicitar unha única aula virtual para todas elas?

Non. A estrutura de servidores para o curso 2009/10 non permite a creación deste tipo de aulas virtuais.

Para materias de titulacións de grao, en todo caso, a normativa non permite agrupar grupos expositivos.

Formación

Haberá cursos de formación no uso da versión antiga da plataforma?

Non. Só se formará no uso da nova versión da plataforma.

Haberá cursos de formación no uso da nova versión do Campus Virtual?

Estamos a traballar, xunto co Programa de Formación e Innovación Docente (PFID), na planificación dun calendario de cursos de formación para docentes que se desenvolverán durante os meses de xuño, xullo e setembro.

Todavía non están definidas as datas concretas.

Onde podo atopar documentación sobre a nova versión do Campus Virtual?

No seguinte enlace.