Estadías e bolsas nas
Institucións e Organismos Europeos
Estadías (prácticas
profesionais, e viaxes de estudo)
As Institucións e organismos
europeos permiten aos xoves europeos facer estadías e prácticas
nas súas oficinas centrais ou nas delegacións e representacións
nos Estados membros ou asociados. Cada Institución ou Organismo
segue unha vía lixeiramente distinta para a selección de
estudiantes, diplomados ou licenciados. Non obstante, case todas
ofertan unha convocatoria aberta de xeito que as candidaturas
presentadas son obxecto de
revisión dúas veces ao ano (febreiro
e en outono). É recomendable ler a
Guía da Comisión Europea sobre o proceso de solicitude,
concesión, e desenvolvemento das Estadías.
Velaí os principais enlaces aos
programas de estadías concretos:
•
Estadías na Comisión
Europea.
•
Estadías
e visitas de estudio no Parlamento Europeo.
•
Estadías no Defensor do Pobo Europeo
• Estadías
no Consello Europeo
• Estadías
no Comité Económico e Social Europeo
•
Estadías no Comité das Rexións
•
Estadías no Tribunal de Contas Europeo.
•
Estadías no Tribunal de Xustiza da UE
Financiamento das estadías,
profesionais e viaxes de estudo:
Algunhas das estadías son
remuneradas pola Institución de acollida. Ademais, os estudiantes galegos ou provenientes
de Universidades galegas teñen a oportunidade de solicitar unha
axuda económica da
Fundación Galicia Europa (a través do seu programa de bolsas)
no caso en que sexan invitados a facer unha estadía non
remunerada nas Institucións e organismos Europeos
Existen outros programas de becas
e axudas para realizar estadías en determinados organismos como
as
Bolsas de Estudio Francois Staedelin (do Comité
Económico e Social Europeo)
|