__ __ __
HISTORIA
¿QUE SOMOS?

HISTORIA


XARDÍN


CUARTOS


LUGARES DE ENCONTRO


TOQUE PERSOAL


LOCALIZACIÓN


PERSONAXES

RESERVAS
TARIFAS
CORREO
No ano 1999 iniciáronse as obras de restauración baixo a dirección do arquitecto César Portela. O proxecto combinou a nobreza dos materiais orixinais co deseño vangardista, cores cálidas e austeridade na súa decoración, e teñen coma resultado final un definitivo realce do porte señorial e o esplendor dos tempos pasados desta casa. Sóubose introducir novos valores, compatibles cos herdados, para que poida adoptar novos usos e dar resposta a novas necesidades. Cun contorno realmente envexable, ben podemos dicir que o seu extenso e variado xardín de máis de 36.000 metros cadrados fai honra ó seu sobrenome: Vista Alegre.
Esta fermosa finca aparece xa nos planos da cidade no ano 1796, co nome de Horta de San Martín, o que indica que era propiedade do veciño Mosteiro de San Martiño Pinario, que aínda está en funcionamento hoxe en día. A finca é un recinto rodeado en todo o seu perímetro por un potente muro de pedra que marca unha drástica separación entre o interior e o exterior, creando o seu propio mundo. O edificio de estilo colonial que aloxa a Casa de Europa foi erixido coma residencia dunha familia da burguesía compostelá, no ano 1903.