__ __ __
LUGARES DE ENCONTRO
¿QUE SOMOS?

HISTORIA


XARDÍN


CUARTOS


LUGARES DE ENCONTRO


TOQUE PERSOAL


LOCALIZACIÓN


PERSONAXES

RESERVAS
TARIFAS
CORREO

A xoia da Casa de Europa é unha ampla galería orientada ó sur que recolle o sol da tarde. Calor e confort son as claves desta peza, onde a luminosidade, o deseño e as liñas máis limpas e austeras alíanse para crear un espacio idóneo para os momentos de tranquilidade. Zona inexcusable da casa para manter unha agradable conversa ou repasa-las súas notas.
Dita galería pode utilizarse tamén para xantares de traballo ou institucionais.
No andar baixo dous pequenos salóns sociais nos que os materiais dos elementos decórativos deixan ben ás claras a nosa intención de unir o mellor do século pasado coas innovacións do presente.
Unha luminosa sala de reunións cunha grande e cómoda mesa imperial con capacidade máxima para 12 persoas destinada ás pequenas reunións nun ambiente tranquilo e sen interrupcións.
No andar baixo, a casa ten engadida unha pequena capela na fachada norte con acceso directo desde o interior deste andar e cunha balconada sobre ela no andar primeiro da casa; na capela pódese atopar un excelente retablo barroco, magnificamente conservado.