A
Casa de Europa supón unha nova dimensión no concepto de residencia
universitaria, unha nova filosofía na atención ós convidados.
Aspiramos a que quen se aloxe na nosa residencia se sinta coma na súa
propia casa, porque conta coa mellor situación, cos mellores servicios
e cun equipo humano altamente cualificado que quere face-la súa estancia
máis agradable.
Con
este afán singularizador creamos unha pequena biblioteca de publicacións
universitarias que pode satisface-los gustos de todos aqueles que nos visiten.
Así mesmo algúns dos profesores que xa nos teñen visitado
propuxéronnos enviar algunha das súas obras para ampliar dita
biblioteca. A idea pareceunos fantástica xa que se crearía unha
biblioteca multidisciplinar e multilingüe enriquecida polos propios visitantes
da casa.