|
Conferencias
CEA: conferencias sobre temas de especial impacto e relevancia,
en calquera disciplina no ámbito da ciencia, a técnica
ou a cultura, e impartidas por personalidades de prestixio.
A finalidade é estimular a difusión do coñecemento,
a reflexión e a discusión sobre temas de interese
para a sociedade en xeral e a comunidade universitaria en
particular, e propiciar o diálogo entre as diversas
culturas científicas e humanísticas.
Fronteiras
do coñecemento: permite á comunidade universitaria,
conxuntamente con interlocutores da sociedade, en xeral, analizar,
formar unha opinión e desenvolver estratexias, a medio
e longo prazo, sobre o desenvolvemento futuro en temas das
ciencias e das tecnoloxías consideradas en cada momento
fronteiras de coñecemento. Fomentarase o carácter
multidisciplinar, achegas a través de ideas non convencionais
e enfoques aínda pouco explorados.
Talleres
exploratorios: permiten establecer contactos exploratorios
entre científicos con diferentes formacións e procedencias.
O obxectivo é chegar a establecer proxectos ou programas de
investigación conxuntos a escala internacional. De novo a
transnacionalidade e a multidisciplinariedade son dous ingredientes
importantes, xa que fomentan a creación dunha masa crítica
de excelencia en campos de investigación e o constante intercambio
de ideas e experiencias.
Cursos
e xornadas CEA: actividades dun ou máis días de duración,
organizadas a modo de conferencias, relatorios, seminarios
ou outras actividades centradas nun tema científico, técnico
ou cultural, e dirixidas a un público especializado.
A
Voz da Universidade: A Universidade ten o importante papel
de informar a sociedade, e comunicarse constantemente con
ela. A Universidade debe ser capaz de pronunciarse de forma
rápida e eficaz, rigorosa e clarificadora sobre temas e acontecementos
de especial actualidade, utilizando para isto os medios de
comunicación adecuados para incidir sobre a opinión pública.
|