|

|
Esta
fermosa finca aparece xa nos planos da cidade no ano 1796, co
nome de Horta de San Martín, o que indica que era propiedade
do veciño Mosteiro de San Martiño Pinario, que
aínda está en funcionamento hoxe en día.
A finca é un recinto rodeado en todo o seu perímetro
por un potente muro de pedra que marca unha drástica
separación entre o interior e o exterior, creando o seu
propio mundo.
Ver
mapa e fotos da finca.
|
|

|
O
Centro de Estudios Avanzados & a Casa de Europa (CEA & CE) da
Universidade de Santiago de Compostela proporciona mecanismos
que permiten debater e difundir ideas entre a comunidade universitaria,
e cara á sociedade, así como estimular as colaboracións
a nivel internacional, especialmente en Europa. Os enfoques
plurinacional e multidisciplinar son especialmente importantes
xa que poden proporcionar a masa crítica necesaria para
a investigación de excelencia e permiten explorar novos
camiños de coñecemento. Tamén é
un obxectivo do CEA contribuír a situar á nosa
comunidade científica nunha posición de liderato,
especialmente en campos de rápida evolución.
|
 |
A
Casa de Europa é unha residencia universitaria destinada
ó aloxamento de profesores convidados e visitantes procedentes
doutras universidades do mundo que, cada vez con maior frecuencia,
acoden a Santiago de Compostela para participaren nas nosas actividades
docentes e investigadoras. Dispor dunha residencia con historia
para os participantes en actividades académicas é
un obxectivo deseñado pola Universidade de Santiago de
Compostela (USC) co fin de reforza-la proxección internacional
da nosa Universidade.
A Casa de Europa conta con seis cuartos de uso dobre ou individual,
e diversos lugares de encontro que permiten dispoñer do
mellor ambiente intelectual tanto para a realización de
xuntanzas e reunións, coma para a estancia de participantes
en congresos, conferencias, cursos ou foros organizados pola Universidade
de Santiago de Compostela. |
|