versión en Castellano
accesibilidade
 
Inicio » Matrícula
Seccións
Organigrama
Matrícula
Actividades
Publicacións
Galería de Fotos
Contacto
Ligazóns
Matrícula

Requisitos necesarios para a obtención do Diploma de Estudos da Defensa Nacional USC-CESEDEN

Matrícula

Efectuaranse durante o mes de outubro, mediante formalización da matrícula (totalmente gratuita) na Secretaría do Seminario de Estudos da Defensa Nacional da USC-CESEDEN, ubicada na cuarta planta da Facultade de Dereito.

Requerirase a entrega de unha foto tamaño carné e cumplimentar unha ficha cos datos personais do alumno.

Asistencia

A asistencia efectuarase as distintas actividades que oferta este Seminario, académicas e extraacadémicas, ao longo dun período de tres cuatrimestres con unha asistencia mínima recoñecida do 80% das sesións.

As actividades académicas compoñense de conferencias impartidas na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela, por profesionais do mundo académico e membros das Forzas Armadas e dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, así como tamén por alumnos do Seminario que culminan a súa formación no mesmo.

As actividades extraacadémicas, compoñense de visitas institucionais, xornadas e seminarios temáticamente independentes, intercambios con outros Seminarios a nivel nacional, entre outras, que se desenrolaran ao longo do curso académico.

Traballo

Para a obtención do Diploma de Estudos de Defensa, será igualmente necesario a realización dun traballo sobre un tema de libre elección sempre que esté relacionado co ámbito da Seguridade e a Defensa. Dito traballo será tutelado, e se facilitará o acceso a biblioteca do Seminario para a obtención da información pertinente.

Finalmente, o traballo, unha vez finalizado, será defendido en conferencia púbrica nunha das sesións ordinarias do Seminario.

Valor Académico

O Diploma de Estudos da Defensa Nacional que otorga este Seminario, a Universidad de Santiago de Compostela e o Centro Superior de Estudos da Defensa Nacional (CESEDEN-Ministerio de Defensa), teñen recoñecido un valor académico de cinco créditos de libre configuración válidos para todas as Licenciaturas e Diplomaturas cursadas na Universidad de Santiago de Compostela, así coma un recoñecemento expreso para todo aquelo que esté relacionado coas actividades do Ministerio de Defensa.

Rectorado da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Portal Universia   Tenda da Universidade Unitenda   Grupo Compostela Grupo
Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00