Recollida de documentación
Unha vez rematados os cursos avisaremos aos estudantes nesta páxina, e mediante mensaxe de correo electrónico á conta que teñan definida na súa secretaría vitual, sobre a dispoñibilidade da documentación.
IMPORTANTE: Para recoller o material é preciso vir en persoa e debidamente identificado co DNI ou a tarxeta universitaria. No caso de non poder asistir en persoa, pódese delegar en alguén que deberá traer o seguinte:
- Unha autorización firmada por vos que indique o nome da persoa que o recolle e qué certificados vai recoller.
- Unha fotocopia do voso DNI.
- O DNI da persoa que o recolle.
En caso de non vir perfectamente identificados ou de que a persoa na que se delega non presente a acreditación que se solicita non poderemos entregar ningunha documentación.
|