|
|
Homologación dos cursos de informática para estudantes
Campus de Santiago
Información sobre as homologacións
- De forma xeral, a homologación e validez das certificacións emitidas neste tipo de cursos depende da convocatoria concreta da oposición ou concurso á que se presente, non dos cursos en si.
- De forma particular, nas convocatorias para ensino de primaria e secundaria da Xunta de Galicia dos anos 2007 e 2008 estes cursos foron aceptados como méritos ao ser organizados pola Universidade de Santiago de Compostela.
- O CeTA non ten responsabilidade na homologación ou non dos cursos para vindeiras ou outras convocatorias públicas.
- Os certificados de realización dos cursos recollen a súa duración, que é de 20 horas.
Para calquera aclaración ou problema envíe unha mensaxe de correo electrónico a ceta@usc.es.
|