|
|
Normativa dos cursos de informática para estudantes
Campus de Santiago
Normativa Xeral
- Os cursos están dirixidos a tódolos alumnos de 1º, 2º, 3º e 4º Ciclo da USC.
- Impartiranse nas Aulas de Informática dos distintos Centros do Campus de Santiago.
- Os alumnos poderán matricularse en calquera curso, sen estar obrigados a facelo nos impartidos no centro da súa titulación.
- En xeral, estes cursos poden ter a consideración de créditos de libre configuración para os alumnos de 1º e 2º Ciclo dos planos de estudio xa renovados, pero estas convalidacións están por determinar (máximo de 1 crédito por curso).
- Todos os cursos teñen unha duración de 20 horas.
- Cada alumno disporá dun ordenador.
- Para asistir aos cursos é necesario estar dado de alta como usuario da Rede de Aulas de Informática.
- En todos os cursos é preciso ter coñecementos previos de Windows, agás nos de Windows e Linux.
Normas de Matrícula
- Calquera comunicación farase mediante correo electrónico
á conta de correo que teñan configurada na secretaría virtual para estudantes.
- Selección dos alumnos:
orde de matriculación. Unha vez cubertas as prazas dun
curso, abrirase unha lista de agarda para atender as posibles
anulacións de matrícula (prazas vacantes).
- Só se poderán devolver as taxas en caso de suspensión do curso.
- Outorgarase un diploma acreditativo trala superación dunha avaliación, sempre e cando se asistira ao 80% do curso.
- Os alumnos presentarán o primeiro día de asistencia ao curso o seu DNI, ou tarxeta de identificación da Universidade.
- No caso de existir prazas vacantes nalgún dos cursos, os alumnos inscritos na lista de agarda do mesmo recibirán unha mensaxe de correo electrónico ofertándolles a praza libre e indicándolles o procedemento a seguir.
Para calquera aclaración ou problema envíe unha mensaxe de correo electrónico a ceta@usc.es.
|