|
|
Cursos anulados
Causa e procedemento
- Un curso anúlase por non terse acadado un número mínimo de alumnos (o 50% das prazas máximas ofertadas para ese curso). Desta forma evítase ocupar unha aula de informática durante 20 horas con un número reducido de persoas.
- A anulación dun curso comunicarase aos alumnos
mediante mensaxe de correo electrónico á súa
conta RAI (ou a que facilitaron no momento de crear
o seu perfil de usuario na secretaría virtual).
Devolución dos cartos
- O alumnos que pagaron nunha oficina
de CaixaGalicia e dos que a Universidade
dispoña do seu número de conta (aqueles
que teñen
domiciliado o pagamento da matrícula
ordinaria) recibirán a devolución dos cartos
pagados de forma automática.
- Os alumnos que non pagaron nunha oficina
de CaixaGalicia deberán achegar a súa copia
do xustificante de pagamento polas oficinas
do CeTA e, unha vez alí, solicitar a devolución
dos cartos.
- Os alumnos dos que a Universidade non dispoña
do seu número de conta (aqueles que non
teñen domiciliado o pagamento da matrícula
ordinaria) recibirán unha mensaxe de correo
electrónico na súa conta RAI solicitándolle
a información necesaria para poder realizar
o pagamento.
- Os alumnos dos que a Universidade non dispoña
do seu número de conta e que non pagaron
nunha oficina de CaixaGalicia deberán achegar
a súa copia do xustificante de pagamento
polas oficinas do CeTA, así como o número
de conta na que desexan que se lles ingresen
os cartos.
- A devolución dos cartos non se fará ata
polo menos o lúns seguinte á anulación
do curso ou de presentación da documentación
solicitada.
Para calquera aclaración ou problema envíe unha mensaxe de correo electrónico a ceta@usc.es.
|