|
|
Historia do CeTA
Nos últimos anos a Universidade de Santiago de Compostela ven realizando un grande esforzo para dar resposta á crecente demanda de integración, particularmente no que atinxe a ferramentas e contidos para a formación en liña ou virtual, das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións no proceso de ensino-aprendizaxe, tanto como elemento complementario á docencia presencial tradicional como na xeración de novas modalidades de formación síncronas e asíncronas baseadas no uso intensivo de factores e útiles tecnolóxicos. Por iso, considerouse oportuno que a Universidade se dote dun servizo específico de apoio e coordinación dos esforzos e actividades que se están a realizar neste ámbito, e que sirva de estímulo e impulso permanente á integración e emprego das TIC no proceso xeral de ensino-aprendizaxe.
Por elo, o día 22 de decembro do ano 2003 creouse o servizo universitario denominado Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA), dependente da Vicerreitoría de Terceiro Ciclo e Extensión Docente, e que sustituie ó Centro de Competencia de Innovación Educativa e Tecnoloxías da Información e Comunicación (CCIETIC).
Así, o CETA é o servizo encargado de que a Universidade de Santiago de Compostela teña unha imaxe e un funcionamento coherente e homoxéneo no seu campus virtual, para o que asume as tarefas de administración e xestión do conxunto de ferramentas tecnolóxicas e de procesos administrativos que sustentan o Campus Virtual
Ademais, o CETA proporciona asesoramento e apoio técnico e pedagóxico para a creación e adaptación de materiais docentes e na adopción das TIC no proceso de ensino e aprendizaxe, fomentando o emprego das TIC nas distintas vertentes da docencia da USC, tanto presencial como a distancia, tanto a súa Comunidade Universitaria como ao exterior.
Actividades desenvoltas
Para abordar o obxectivo xeral de integrar as TIC no currículum e favorecer (mediante o seu uso) modelos alternativos de ensinanza e de aprendizaxe, foi necesario desenvolver unha serie de actuacións adicadas a consolidar un adecuado equipamento; o acceso e emprego das tecnoloxías por parte de toda a comunidade universitaria; a formación dos seus membros (profesores, alumnos e PAS) no uso destas tecnoloxías. Algunhas destas accións víronse freadas polo drástico recorte presupostario sufrido ó longo da historia do Centro.
No contexto deste obxectivo, unha tarefa prioritaria para o CCIETIC foi a construcción do Campus Virtual da USC, a súa posta en funcionamento e a súa progresiva consolidación. Iniciouse, deste modo, unha oferta de servicios telemáticos que se van ampliando conforme transcorre a andadura do Centro
- Ampliáronse considerablemente as oportunidades de servicios ofertadas dende o Campus Virtual da USC, proporcionando ó usuario actividades de formación e apoio dentro dun servicio coordinado de soporte, no seu estado inicial.
- O Plan de Integración de Tecnoloxías en Centros, que ten a finalidade de mellorar as actividades docentes e investigadoras da nosa Universidade deu pasos iniciáticos como proxecto piloto na facultade de Física e Ciencias da Educación, encamiñando os contactos necesarios para a súa posta en marcha cando sexa posible.
- Os Proxectos de Innovación Educativa desenvolveron con éxito a súa primeiras convocatorias, dando apoio a unha grade cantidade de proxectos e proceuse convocar novas convocatorias.
- O Proxecto de Formación, pola súa parte, cumpriu satisfactoriamente as súas previsións máis básicas respecto a organización de cursos presenciais e a distancia a través do Campus Virtual da USC.
- As Convocatorias de Proxectos de Innovación Educativa relacionados coas novas tecnoloxías e nos que se contou coa participación de diversos vicerrectorados (Organización Académica e Profesorado, Tecnoloxías e infraestructuras, Calidade e Planificación Estratéxica).
- Outros proxectos acometidos refírense ós estudios realizados en relación co acceso universal de alumnos ás redes informáticas (proxecto de redes sen fíos e proxecto de Almacén Virtual).
- Apoio ó proceso de planificación estratéxica de tecnoloxías na USC (coa elaboración do Borrador de plan estratéxico de Tecnoloxías da USC e o soporte técnico ó traballo das comisións implicadas neste proceso);
- O proxecto de selección e incorporación de ferramentas de traballo en grupo ou traballo colaborativo (groupware).
- A avaliación e seguimento do proxecto das Aulas de Navegación Universia.
- A posta en marcha de novas aplicacións informáticas de interese para a comunidade universitaria, como poden ser o Desenvolvemento dunha solución open source para a xestión de contidos vía web para a USC (Proxecto ZOPE); ou a actualización do Entorno Virtual de Aprendizaxe WebCT.
- O Programa de Ensinanza Virtual, que é un proxecto de formación conxunta entre a USC e a Deputación da Coruña.
- Acometéronse ademais toda unha serie de subproxectos relacionados coa infraestructura (hardware, software, seguridade, espacios, persoal) do CCIETIC, vinculados directamente coa boa execución dos anteriores.
|
|