|
|
Proposta de nomeamento de membros do Consello Asesor do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe
Consello de Goberno do 5 de febreiro de 2004 (extracto)
Documento en PDF [191Kb]
O vicerreitor de Terceiro Ciclo e Extensión Docente recordou que segundo o artigo 8 do Regulamento do CETA, aprobado polo Consello de Goberno o 22 de decembro de 2003, “Constituirase un consello asesor formado polo reitor, ou vicerreitor no que delegue, que o presidirá; o director do centro, que actuará de secretario; o vicerreitor de Terceiro Ciclo e Extensión docente; o director da área TIC da USC; o xerente; dous profesores por cada unha das grandes áreas de coñecemento; dous membros do PAS, nomeados polo reitor, oído o Consello de Goberno, por un período de catro anos, asegurando a representación dos dous campus; e dous estudiantes de primeiro e segundo ciclo e un estudiante de terceiro ciclo, nomeados polo reitor, oído o Consello de Goberno, por un período dun ano.
Tendo en conta o anterior, o reitor propuxo os seguintes nomes de profesores e PAS: A) Ciencias da Saúde: D. José Manuel López-Rivadulla Lama (Medicina) e dona Ana Bravo del Moral (Veterinaria); B) Ciencias Experimentais: D. Víctor Mosquera Tallón (Física) e D. Manuel Ladra González (Matemáticas); C) CC. Sociais: D. José Díez de Castro (ADE); e dona Beatriz Cebreiro López (CC. Educación); D) Humanidades: D. Luis Iglesias Rábade (Filoloxía) e D. Alejandro Sobrino Cerdeiriña (Filosofía); E) Ensinanzas Técnicas: D. Eduardo Zurita de la Vega (EPS) e D. Antonio Mosquera González (Física); PAS: D. Xosé Manuel Velo (SAUS) e dona Pilar González Novoa (Biblioteca Xeral). Ademais os representantes dos estudantes no Consello de Goberno deberían designar os dous representantes dos estudantes.
Consello de Goberno 29 de setembro de 2004 (extracto)
Documento en PDF [179Kb] O secretario xeral deu conta así mesmo da proposta para designación dos representantes dos
estudantes no Consello Asesor do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CeTA), que
fora nomeado polo reitor oído o Consello de Goberno na reunión do 5 de febreiro de 2004, de
conformidade co Regulamento do CeTA, pero quedaran pendentes de nomear os estudantes á
espera da proposta da representación dos estudantes no Consello de Goberno. Os nomes
propostos, sobre os que houbo asentimento, foron:
- Estudantes de 1º e 2º ciclo: Alberto Pérez Cotos e José María Cid Guede.
- Estudante de 3º ciclo: Xesús Feás Sánchez.
|