Normas de utilización da plataforma que dá soporte ao Campus Virtual
Tal e como se recolle na Normativa do Campus Virtual da USC (aprobada polo Consello de Goberno o 8 de novembro de 2005) no seu artigo 8, establéncese as seguintes normas de utilización da plataforma que dá soporte ao Campus Virtual.
1.- Condición de usuario/a.
Terá a condición de usuario/a da plataforma toda aquela persoa que teña dereito a acceder a unha o máis aulas virtuais da plataforma pola súa actividade docente, discente ou de xestión.
2.- Acceso.
Para o acceso á plataforma empregaranse as mesmas credenciais do Sistema de Identificación Centralizada da USC, sendo éstas persoais e intransferibles.
No caso de estudos interuniversitarios, a persoa que coordine na USC a actividade docente será a encargada de facilitar á Área TIC da USC a información necesaria para posibilitar este acceso.
3.- Definición de aula virtual.
Considérase aula virtual o espazo habilitado dende este Servizo para o desenvolvemento de actividades docentes recoñecidas pola USC.
4.- Solicitude de creación dunha aula virtual.
A aula virtual solicitarase unicamente nos sistemas e prazos establecidos polo Servizo a través da súa Web.
Unha vez aberto o prazo de solicitude, no procedemento de solicitude se terá en conta a natureza da materia vinculada á aula virtual.
A tipoloxía de aula que se pode solicitar está limitada polas capacidades técnicas do software empregado.
5.- Recoñecemento do emprego da aula virtual.
Rematado o período académico correspondente, o Servizo emitirá os informes do uso das aulas virtuais a petición das persoas interesadas. No caso de docencia oficial, ditas acreditacións estarán vinculadas co POD da materia en cuestión.
En todos os casos terase en conta á hora de acreditar o emprego da aula virtual, como mínimo, o número de accesos do docente e do estudantado á mesma, así como todos aqueles aspectos que consideren oportunos as Vicerreitorías correspondentes.
O Servizo poderá solicitar ao PDI dunha aula virtual informes estatísticos da súa actividade na plataforma para a emisión do informe de uso correspondente.
6.- Dispoñibilidade da plataforma.
A plataforma estará dispoñible durante os períodos lectivos oficiais da USC. Nenbargantes, por necesidades do Servizo, poderanse producir cortes no acceso á plataforma que, de ser posible, se anunciarán cun mínimo de 72 horas de antelación. |