|
|
Proxectos de Innovación Educativa Memoria de actividades
Cuarta convocatoria (curso 2004-2005)
Este espazo nace co obxectivo de transmitir a toda a comunidade universitaria os resultados obtidos polos equipos docentes seleccionados na Convocatoria anual de Proxectos de Innovación Educativa, dende a cal as Vicerreitorías de Organización Académica e Profesorado, de Calidade e Terceiro Ciclo e Extensión Docente apoian a posta en marcha de proxectos orientados á mellora da docencia e a investigación por medio da integración das tecnoloxías, canalizando aquelas iniciativas do profesorado que fomenten a innovación nos métodos docentes, a reflexión compartida, o intercambio de experiencias, a discusión de propostas didácticas centradas na aprendizaxe autónoma do alumno, converxentes coa concepción da ensinanza universitaria que adopta o Sistema Europeo de Transferencia de Créditos (ECTS); así como a creación de materiais didácticos que fagan uso das tecnoloxías da información e a comunicación.
As memorias valorativas presentadas están ordenadas en función das áreas de coñecemento á que pertence o coordinador, e poden ser consultadas premendo na categoría correspondente na caixa de navegación da esquerda.
|