versión en castellano
english version

versión para discapacitados
 
Inicio » Servizos » CeTA » Campus Virtual da USC » Docentes-Axuda
Docentes

Axuda
Recursos
Formación
Solicitar informes de uso
Comunicacións do CeTA
Calendario do Campus Virtual
Curso 2009/10

Estudantes
Axuda (actualizada)
Formación
Consultas ao CeTA
Fai a túa Consulta ou suxestión
Chámanos con Skype máis información
Outros datos de contacto

Axuda para docentes

Preguntas frecuentes

 

Que é a e-aula da USC?

Os profesores da USC teñen á súa disposición aulas virtuais que poden utilizar como apoio das súas clases presenciais. Deste xeito, a e-aula é un recurso docente que mellora en gran medida as prestacións das aulas físicas tradicionais e permite a flexibilización do espacio físico e do tempo dedicado a tarefas de ensinanza e de aprendizaxe.

 

Como podo ter acceso á e-aula da USC?

Para ter acceso á e-aula ten que ser profesor da USC.

 

Podo acceder á e-aula dende fora da USC?

Vostede pode acceder á e-aula da USC dende calquera lugar do mundo, cun ordenador conectado a Internet. Teña en conta que unha conexión tradicional será máis lenta que outra de maior velocidade, como a rede da USC, pero poderá servir para acceder ó Campus Virtual.

 

Necesito ter instalado algún programa especial para utiliza-la e-aula?

A aplicación que soporta o Campus Virtual da USC (WebCT) non precisa para funcionar ningunha aplicación especial, salvo nalgúns cursos que utilizan aplicacións complementarias do navegador (plugins).

 

Quen pode solicitar a creación dun curso na e-aula da USC?

A creación dun curso na e-aula da USC pode ser solicitada por calquera profesor da USC, dentro dos prazos especificados no calendario.

 

O navegador non me funciona, debo configuralo dalgún xeito especial?

Visite a páxina de Axuste de navegadores de WebCT (só en inglés) ou ben, unha vez identificado no Campus Virtual, na parte superior da súa ventá de navegador, ten un enlace "Comproba-lo navegador". Prema nel e obterá axuda.

 

Por que a primeira vez que accedo ó meu curso non podo acceder ó "Menú do curso" ou ó "Panel de control"?

A aplicación que soporta o Campus Virtual incorpora varios asistentes que lle poden ser de utilidade pois lle facilitarán instruccions paso a paso para a utilización das ferramentas máis comúns na creación de cursos.

Se cando vostede accede por primeira vez ó seu curso se encontra co "Centro de diseño de curso" (ver imaxe), só estarán activos os enlaces a "OMeuWebCT" ou á "Saída", así como o propio "Centro de diseño de curso", o asistente. Se non quere utilizalo, prema no enlace "Utilizar el Centro de diseño de curso en otro momento" e xa pode acceder a tódalas funcións de creación do seu curso.

 

Son profesor dun curso, podo acceder como estudante?

Para acceder como estudante, o profesor debe empregar o usuario anónimo. Cando vostede solicita a creación aula virtual créase tamén un usuario anónimo.

Por exemplo, se o código da súa asignatura é 66658_8777, este usuario accederá a través da dirección http://www.usc.es/campusvirtual

Correo electrónico RAI: 66658_8777@anon
Contrasinal: 123456

Lembre que deberá cambiar o contrasinal deste alumno en canto se lle asigne para evitar problemas de seguridade.

Teña en conta que na Xestión de Alumnos do seu curso virtual, o alumno anónimo aparecerá listado co código da aula virtual cun "a" ao final, no exemplo, 66658_8777a.

Novas

Problema na nova plataforma (18/06/2010)
Problema co servizo do Campus Virtual (WebCT) (30/04/2010)

[máis]

Outros servizos virtuais da USC
Secretaría virtual para estudantes (matrícula, expediente académico, notas ao móbil...)
Secretaría virtual para docentes
Bibliotecas
Rede de Aulas de Informática - RAI (Altas de usuarios, Correo electrónico, Reserva de postos)
OIT Virtual
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00