Pode darse o caso de que diferentes materias compartan os mesmos contidos e que o profesor encargado decida xestionar un só curso virtual en lugar de un curso virtual por materia.
Neste caso creamos un curso "mestre" que é o que contén os contidos do curso virtual e tantos cursos "alias" como materias aglutine, que serán os que conteñan aos alumnos de cada unha delas.
Os alumnos acceden cada un á súa materia, pero en realidad están compartindo o curso virtual cos alumnos das outras materias do conxunto.
Para acceder como estudante, o profesor debe empregar o usuario anónimo. Cando se solicita a creación dunha aula virtual créase tamén un usuario anónimo.
Por exemplo, se o código da súa asignatura é 66658_8777, este usuario accederá a través da dirección http://www.usc.es/campusvirtual
Correo electrónico RAI: 66658_8777@anon
Contrasinal: 123456
Lembre que deberá cambiar o contrasinal deste alumno en canto se lle asigne para evitar problemas de seguridade.
Teña en conta que na Xestión de Alumnos do seu curso virtual, o alumno anónimo aparecerá listado co código da aula virtual cun "a" ao final, no exemplo, 66658_8777a.