Guía xeral de procedementos no Campus Virtual da USC
Para poder empregar o Campus Virtual da USC é necesario seguir os seguintes pasos:
1. Solicitar a creación dunha nova aula virtual
2. Enviar a confirmación
3. Compartir o acceso á aula virtual con outros profesores ou colaboradores
4. Subir os contidos á aula virtual
5. Xestión dos alumnos
6. Realizar tarefas de mantemento para asegura-lo bo funcionamento do curso
1. - Solicitar a creación da aula virtual para a súa materia
Mediante o formulario web "Solicitude de cursos", o profesor solicita a creación a aula virtual da que vai ser profesor/a responsable no Campus Virtual.
Recibirá:
- inmediatamente, por correo electrónico, unha copia da súa solicitude para que teña constancia do seu rexistro.
- pasados uns días, recibirá un correo electrónico indicándolle que o seu curso foi dado de alta na plataforma e que xa pode comezar a traballar nel inmediatamente.
Asemade, quedará subscrito á lista de distribución "USCV-AVISOS", para ser informado puntualmente de tódalas posibles incidencias ou novas importantes relacionadas coa e-aula.
Os profesores que soliciten a creación de materias de 1º, 2º ciclo ou Programas Oficiais de Posgrao deberán face-las súas solicitudes de curso dentro dos prazos establecidos no "Calendario de prazos".
2. - Enviar confirmación
Será necesaria esa confirmación no caso de:
- materias de 1º ou 2º ciclo ou POP, a confirmación do Departamento
- materias de 3º ciclo, a solicitude deberá vir asinada polo Coordenador do Programa de Doutoramento.
En caso de non achegar esta confirmación por escrito, as materias seguirán sendo dispoñibles para os alumnos pero non serán consideradas "oficiales" polo que non se expedirá o informe de uso correspondente.
3. - Compartir acceso con outros profesores
Cando vostede cubra a solicitude de aula virtual, nun determinado momento do formulario pregúntaselle se vai compartir o acceso da aula virtual con algún compañeiro. Deberá indicar, como se lles amosa no exemplo o NIF ou NIFs dos compañeiros que queira agregar como deseñador do curso posto que de facelo doutro xeito non será agregado ninguén máis que vostede.
Se quere dar acceso a algún compañeiro unha vez creado o curso, o profesor que solicitou a creación da aula virtual (só el) poderá compartir o acceso a ela con outros profesores, de dous xeitos diferentes:
- Compartir acceso do profesor. (ver guía, páxina con animación Flash).
O profesor pode compartir o seu acceso con outros profesores que xa teñan acceso ao Campus Virtual. Disporán do mesmo acceso a todos os contidos do curso como o profesor responsable do curso, excepto que non poderán compartilo con outros profesores. Non poden ser alumnos nin axudantes nese curso.
- Xestionar axudantes do profesor. Os axudantes do profesor poderán:
- acceder á Xestión de alumnos
- acceder a calquera ferramenta ou páxina que engadira ó curso (como un alumno normal),
- cualificar traballos e exámenes,
- modificar cualificacións de alumnos,
- ver contidos do curso,
- enviar mensaxes ao Correo e aos foros temáticos,
- engadir ou modificar os contidos na área Grupos de traballo.
Se o seu compañeiro todavía non ten acceso ao Campus Virtual da USC, simplemente terá que enviarnos unha mensaxe de correo electrónico dende a súa conta da USC solicitándonos a creación do seu usuario, indicándonos os seus datos (NIF, Apelidos e Nome) e nós crearémoslle a conta.
IMPORTANTE: O profesor que solicita a creación dun curso virtual no Campus Virtual é, a tódolos efectos, o responsable de calquera incidencia que poida xurdir. Por esto non é aconsellable compartir o acceso ó curso con outros profesores ou colaboradores, deixando que accedan co Identificador de usuario e contrasinal do profesor responsable do curso.
4. - Introducir contidos na aula virtual
Se precisa axuda no proceso de introducir contidos na súa aula virtual, lembrámoslle que ten información ao respecto do uso da plataforma na "Axuda" para Docentes, na web do Campus Virtual. Pode acceder a ela a través deste enlace.
O CeTA pon a disposición dos docentes da USC diferentes programas de Formación para o profesorado. Pode ter máis información no seguinte enlace.
Asemade, lembre que estamos á súa disposición para calquera consulta que queira facernos.
5. - Xestión de alumnos/as
Este ano introducimos cambios nos procedementos referidos á xestión dos alumnos. Lembre que a partires do momento en que comeza o cuadrimestre nós daremos acceso aos alumnos ás materias correspondentes, dende que acceden ao Campus Virtual
Acceso dos estudantes
Este curso académico estase a implantar a identificación única. Todos os estudantes da USC teñen unha única conta de usuario que lles permite acceder a unha conta de correo propia, aos equipos informáticos de calquera aula de informática, así como á súa Secretaría Virtual e ao Campus Virtual da USC.
Todos teñen esta conta asignada dende o momento en que se matriculan por primeira vez nalgunha titulación polo que todos teñen acceso ao Campus Virtual da USC. Se non saben os datos da súa conta, teránse que dirixir á aula de informática do seu centro (ou do centro máis cercano) e pedirlle os datos ao responsable da aula.
Teñen máis información ao respecto no seguinte enlace.
Cando o alumno acceda ao Campus Virtual da USC automáticamente se lle engadirán as aulas virtuais correspondentes ás materias nas que está matriculado.
No caso de alumnos de cursos de Posgrao Propios ou alumnos doutras universidades de Programas Oficiais de Posgrao interuniversitarios, póñanse en contacto co CeTA para que lle podamos indicar os pasos a seguir para darlles acceso.
6. - Mantemento
Durante o curso académico é recomendable realizar diferentes tarefas de mantemento, como poden ser:
- Copias de seguridade. Especialmente aconsellable se vai facer algún cambio substancial na estructura do curso, para ter a posibilidade de volver ó estado anterior do curso.
IMPORTANTE: Os profesores titulares das aulas virtuais son os responsables dos contidos das mesmas polo que serán tamén responsables do traslado de contidos ás novas aulas virtuais que se crean cada curso académico. |