Que preciso para comezar a utilizar o Campus Virtual?
Requerimentos mínimos
Os únicos requerimentos mínimos que se precisan para empezar a utilizar o Campus Virtual serán:
- Ter conexión a Internet
- Saber utiliza-lo correo electrónico
- Utilizar Netscape ou Internet Explorer
Se cumpres con estes tres requisitos poderás pasar directamente a ver os requerimentos de hardware e software para que o programa que soporta o Campus Virtual funcione correctamente.
O uso de WebCT non require coñecementos especiais, salvo os mínimos necesarios para ser usuario de Internet. Doutro xeito tardarás un pouco máis en afacerte ó entorno e aumentará tamén a túa sensación de que as tecnoloxías non son o teu.
O primeiro prerrequisito será aprender a "navegar por Internet", o que che dará os coñecementos precisos para manexarte sen problema con WebCT.
Requerimentos de hardware e software
Como WebCT está baseado na tecnoloxía web, precisarás básicamente un ordenador que cumpra cos requisitos mínimos necesarios para acceder a Internet. De calquera xeito suxerímosche o seguinte:
Ordenador:
- Suficientemente potente para poder traballar coas últimas versións dos navegadores máis comúns e que permita descargar arquivos nun tempo razoable. Para ordenadores persoais, recomendamos un mínimo dun Pentium II (ou equivalente).
- Recomendamos ter altofalantes, posto que algúns cursos ou asignaturas poden ter contidos multimedia, con son e vídeo.
Acceso a Internet:
- Poderás acceder ó Campus Virtual dende calquera lugar, sempre que teñas acceso a Internet, é dicir, dende a Rede de Aulas de Informática da Universidade, ou ben dende a túa casa. Neste caso, se a conexión é a través de módem éste deberá ser de, a lo menos, 28.8 bps. Recorda que canto máis pequena sexa a velocidade do teu módem, máis lenta será a túa conexión, polo que a navegación nos cursos será máis lenta.
Navegador:
- Tanto Netscape Navigator 7 como Microsoft Internet Explorer 6 son navegadores validados para o seu uso con esta versión de WebCT, aínda que algunhas das versións anteriores non darían problemas. Tamén funciona con Mozilla, sen problemas. Non funciona con outros navegadores como o Opera ou o Konqueror.
- Para determinar se o navegador que está a utilizar é compatible ou non coa actual versión de WebCT visite a páxina de Axuste de navegadores de WebCT (só en inglés) e obterá a información necesaria.
Configura o teu navegador
|