Configuración do navegador
Debido ao crecente número de navegadores dispoñibles no mercado (con diferentes versións cada un deles) para os distintos sistemas operativos, dende o CeTA non podemos manter unha páxina de axuda na configuración actualizada, así que vos remitimos á axuda de voso navegador para que vos informedes sobre como configurar as seguintes opcións:
- Deshabilita calquera ferramenta de bloqueo de ventás emerxentes, tanto internas do navegador, como externas proporcionadas por calquera plug-in ou extensión (barras de Yahoo e Google, etc.)
- É preciso que instales unha Máquina Virtual de Java (Java Runtime Environment, JRE) no teu ordenador e que o navegador poda acceder a ela. Podes descargala dende a sección Java SE da páxina de Java de Sun.
- O navegador debe comprobar que a súa memoria caché está actualizada cada vez que se visita unha páxina. Esta opción é moi importante.
|