versión en castellano
english version

versión para discapacitados
 
Inicio » Servizos » CeTA » Campus Virtual da USC » Axuda para estudantes

Como acceder e sair do Campus Virtual da USC?

Para acceder ao Campus Virtual da USC tes dúas alternativas:

1. Dende a páxina inicial da USC (http://www.usc.es) podes empregar dous camiños, o Perfil de acceso de Estudante ou a caixa de Destacados:

Web da USC

a) O Perfil de acceso de "Estudantes".

Perfil de estudante

Preme no enlace referido ao Perfil de Estudante e na páxina á que te leva, na parte central amósanse nunha caixa os "Servizos con consulta persoalizada". Selecciona o Campus Virtual da USC:

Perfil de estudante

b) Os "Destacados".

Caixa de Destacados

Preme no enlace referido á USC Virtual e aparecerache o listado de servizos virtuais que ofrece a USC, entre os que seleccionarás o Campus virtual da USC:

Campus Virtual nos Destacados

2. Directamente accedendo á dirección http://www.usc.es/campusvirtual

Unha vez que accedes á páxina de entrada do Campus Virtual tes que introducir os datos que se che piden:

Identificación para acceder ao Campus Virtual

* Conta de correo electrónico de RAI.

Debe ser a Conta de correo electrónico de RAI completa. Por exemplo:

nome.apelido@rai.usc.es

Non escribas maiúsculas, acentos ou eñes. E lembra poñer o "@rai.usc.es".

* Contrasinal da conta de RAI

Contrasinal asociada a esa conta de correo.

e preme no "acceder" para entrar ao Campus Virtual.

Nota importante: Se algunha vez tes problemas co teu contrasinal, comproba que non tes as maiúsculas bloqueadas no teclado.

A continuación, se os datos que introduciches están ben, amorsaráseche inmediatamente a túa páxina de entrada no Campus Virtual ("OMeuWebCT"), dende a que terás acceso ás aulas virtuais das materias nas que esteas matriculado/a, así como a algunhas opcións de personalización.

A lista de aulas virtuais aparece na parte esquerda da pantalla, e para entrar nelas só é preciso premer no título correspondente.

Na franxa de cor azul na parte superior dereita da ventá hai unha serie de enlaces que permiten acceder a funcións xenéricas:

Obterás máis información sobre tóda-las funcionalidades desta páxina no apartado da axuda "OmeuWebCT". Polo de agora o único que nos interesa é cómo Saír da e-aula, para o que simplemente teremos que premer no enlace "Saída" desta barra azul.

Nota importante: Unha vez que te identificas correctamente e accedes ao Campus Virtual, o navegador gardará os teus datos de acceso de xeito que se consultaras enlaces fora do Campus Virtal non te teñas que identificar cada vez que volvas á aula virtual en cuestión. Por esta razón, e sobre todo se o ordenador que utilizas é compartido (por exemplo, se accedes dende as aulas de informática) é importante que sempre remate-la túa sesión de traballo e así quedarás definitivamente desconectado da plataforma e ninguén poderá acceder ao teu traballo nas aulas virtuais.