versión en castellano
english version

versión para discapacitados
 
Inicio » Servizos » CeTA » Campus Virtual » Axuda para estudantes

Como e cando terei acceso ás aulas virtuais das miñas materias

Para ter acceso ás aulas virtuais das materias nas que te matricules deben cumprirse 3 condicións:

  1. Que dispoñas dunha conta de correo electrónico de RAI (todos/as os/as estudantes da Universidade de Santiago de Compostela teñen asignada unha).
  2. Que esteas matriculado/a nas materias correspondentes.
  3. Que o profesor fixera dispoñible a aula virtual para os seus alumnos.

Se accediches ao Campus Virtual antes de formalizar a túa matrícula tardarás uns días en ter actualizado o teu usuario co acceso ás aulas virtuais que te corresponden.

IMPORTANTE: Se che falta algunha aula virtual na tua lista de cursos do Campus Virtual fala co teu profesor para que poida solucionar o teu problema (ben agregándote el á aula virtual, ben poñéndose en contacto con nós para estudar o caso concreto).