O Foro permitiráche expor dúbidas de xeito público, como se participaras en clase. Divídense en diferentes temas de discusión (Foros temáticos) que permiten ó profesor crear grupos de discusión sobre temas concretos. Cada foro pode ser público ou privado, é dicir, nos primeiros todo-los participantes do curso poden participar das discusións mentras que nos segundos, nos foros privados, só poderán participar os estudiantes que o profesor decida.
Con esta ferramenta poderás:
Cando premes sobre o icono da Ferramenta Debate para abrila amosaráseche a seguinte imaxe. Para cada Foto temático amósanse cantas mensaxes hai "Non lidas", xunto co total de mensaxes. A columna de estado tamén indica cando ese tema está bloqueado ou non (nun tema bloqueado as mensaxes pódense ler, pero non se pode publicar nel).
Para ler ou compoñer unha mensaxe, primeiro deberás selecciona-lo Foro temático no que queiras participar.

Por defecto, as mensaxes amósanse por orde de publicación, é o
que se chama Amosar "Por datas". No seguinte exemplo, a información dinos que
estamos vendo "Todo" (tódalas mensaxes) "Por datas", no foro temático "Principal".
Na columna de "Estado" das mensaxes vemos que as mensaxes 1, 2, 3 e 12 foron
abertas (
)
e as demáis mensaxes todavía non (
).
Se prememos en Amosar "Non lidas" só se nos amosarían as mesaxes 13, 14
e 15.

Preme no botón Amosar "Por Foros Temáticos" e amosaránseche as mensaxes co seguinte formato:
Os triángulos verdes que apuntan á dereita, por exemplo na primeira liña,
significan que hai mensaxes que siguen unha liña de debate. A columna de "Estado"
indica que están sen ler 0 mensaxse dun total de 2, co Asunto "Benvida ó Programa
de For...". Na terceira liña de debate hay 3 mensaxes sen ler de 3 mensaxes
en total co tema "Último día de clase". Se premes no botón "Ver cadea" (
)
poderás ver tódalas mensaxes desa liña de discusión nunha ventá nova.
Para amosar toda a liña de discusión, preme no triángulo verde para que apunte cara abaixo (para recolle-la liña, premerías sobre o triángulo verde de novo). Fíxate que no seguinte listado, as respostas están sangradas.
Para escribir unha nova mensaxe preme no botón
que
aparece na esquina superior esquerda da ventá dos foros. Ábrese unha nova ventá
de navegador co seguinte aspecto:

Nota: Despois de publicar unha nova mensaxe, preme no botón "Actualizar lista" e con eso poderás ver a mensaxe que acabas de publicar no foro ou calquera outra mensaxe que se publicara dende o teu último acceso á sección de vista de mensaxes.

Para ler unha mensaxe, só tes que premer sobre o Asunto do mesmo. Amosaráseche nunha nova ventá co Asunto, o número de mensaxe, o autor e a data de publicación. Por exemplo:
Premendo en cada un dos catro botóns que aparecen ó fondo da ventá da mensaxe terá o seguinte efecto:
Cando estamos lendo unha mensaxe podemos respondela e hai 3 formas diferentes de facelo:
Tanto na primeira páxina dos Debates como na inicial de cada foro temático tes dispoñible o botón "Buscar", co que poderás buscar en tódalas mensaxes dos Foros. Abrirase unha nova ventá do navegador co seguinte aspecto:

Os parámetros da búsqueda serán os seguintes:
Poderás facer unha recompilación das mensaxes do Debate nun só arquivo que poderás baixar ó teu ordenador. Na ventá Debates (a primeira á que accedes cando accedes a esta ferramenta) preme no enlace do Foro temático do que queiras recompilar as mensaxes.
Selecciona as mensaxes que queiras compilar premendo nas caixas de selección que hai á esquerda da mensaxe. Se marcas a caixa á esquerda dun fío de discusión, tódalas mensaxes dese fío serán seleccionadas automáticamente. Para seleccionar tódalas mensaxes do Foro temático, preme na caixa de selección que hai á esquerda da cabeceira da columna, ó entre "Estado" e "Asunto".

Cando teñas seleccionas tódalas mensaxes que queres recompilar preme no botón "Recompilar".

Abriráseche unha nova ventá do navegador onde terás tóda-las mensaxes listadas para que poidas velas xuntas. Se queres descargar as mensaxes recompiladas preme no botón "Descargar". O navegador abrirá unha ventá de diálogo de descarga de arquivo. Sigue as instruccións que se che mostran na pantalla. E cando remate-la descarga, preme no botón "Cerrar" e desaparecerá esta ventá e voltarás á principal de WebCT.

Na ventá principal dos Debates podes premer no botón "Configuración de Foros Temáticos", que che permite controlar como queres que se che amosen as mensaxes na túa pantalla. Esta configuración só terá efecto na túa vista dos Debates.

Podes seleccionar:
Cando remates de especifica-los criterios ó teu gusto só terás que Actualizar.