Inicio » Servizos » CeTA » Campus Virtual da USC

Cando o profesor fai dispoñible a ferramenta Traballos, estache a propor "traballos", igual que o podería facer na clase, aportando información para que poidas desenvolvelo, así como os arquivos sexan necesarios e que poderás baixar, etc. Pola túa parte, a través desta ferramenta poderás entregar ese traballo en formato dixital ó teu profesor a través de WebCT para que sexa cualificado.

Outro xeito de acceder á ferramenta Traballos ofréceseche cando o accedes á túa páxina principal de WebCT (OmeuWebCT), na lista de cursos. Debaixo do título dun dos cursos ou materia pódeche aparecer algo así:

O icono indica que tes traballos dispoñibles, e premendo sobre el accedes directamente á ferramenta Traballos. Se tiveras un traballo coa data de entrega inminente amosaráseche como podes ver, un enlace que di "1 traballo débese enviar pronto" e premendo sobre el tamén te leva ó listado de traballos coa data de remate moi cercana.

Coa ferramenta Traballos poderás:

 

Amosar los traballos segundo as datas de entrega e dispoñibilidade

Cando accedes á ferramenta Traballos, se o profesor ten creado algún traballos, aparéceche un listado de tódolos traballos indicándoche cantos están dispoñíbles, cantos atrasados na entrega e cantos son de entrega próxima:

Podemos facer que se nos amosen os traballos segundo as datas de entrega ou dispoñibilidade. Para elo, na parte superior da pantalla Traballos, preme la lista despregable Amosar para ver as opcións da lista:

Nela, selecciona a opción que máis se axuste ás túas necesidades:

  • Tódolos traballos, amosa tódolos traballos, sen importar criterios de dispoñibilidade ou datas de entrega.
  • Tódolos traballos dispoñibles só amosa os traballos que o teu profesor fixo dispoñibles para a data de consulta. Non amosará traballos atrasados ou que se vaian facer dispoñibles no futuro.
  • Tódolos traballos de entrega próxima amosará os traballos que remanten las próximas 48 horas ou antes.
  • Tódolos traballos atrasados amosa tódolos traballos que xa pasaron a data final de entrega.

Cando teñas seleccionada a opción, preme o botón "Aceptar" e amosaránseche os traballos segundo as túas preferencias.

Voltar arriba

 

Ver un traballo

Dende a páxina de Traballos, preme no nome do traballo que queiras ver, no noso caso prememos no traballo titulado "Xornais dixitais". Ábrese a páxina que contén os datos deste traballo e amósase do xeito seguinte:

Como ves, esta páxina está dividida en dúas partes, a superior, na que se amosa toda a información relacionada co traballo e co nome "Información do Traballo"; e a inferior, chamada "Enviar Traballo", que será a parte na que tí poderás enviar o teu traballo (para máis información vai á sección "Enviar un traballo" desta axuda).

A parte de "Información do traballo" será diferente segundo decida o profesor definir determinados criterios, por eso debes revisar con atención o que se especifique nesta parte. Neste caso o profesor puxo a disposición do alumno un arquivo relacionado co traballo, na parte "Arquivos de traballo" e que podería baixar (para máis información vai á sección "Baixar un arquivo dun traballo" desta axuda).

Voltar arriba

 

Baixar un arquivo dun traballo

Se o teu profesor incluíu un arquivo para que utilices na realización do teu traballo, poderás baixalo do servidor de WebCT ó seu ordenador ou a un disquete. Pensa que para abri-lo arquivo deberás ter instalado no teu ordenador o programa correspondente segundo o tipo de documento.

  • Na pantalla de Información do Traballo amósase a táboa de "Arquivos de traballo", nela preme sobre o nome do arquivo, neste caso "guiademedios.pdf":

  • Ábrese unha nova ventá, a ventá de descarga como a que ves a continuación:

  • Na parte esquerda da ventá amósase o arquivo e os seus datos do seguinte xeito

  • Agora podemos:
    • Descarga-lo arquivo: prememos o botón de radio , co que seleccionamos o arquivo, e prememos o botón "Descargar". Ábrese unha ventá de descarga de arquivo e seguindo as instruccións podes garda-lo documento no teu ordenador.
    • Ve-lo arquivo: se prememos sobre o nome do arquivo, na parte dereita da ventá de descarga ábresenos o documento e poderemos velo. Neste caso, veríase algo así:
  • Cando rematemos, prememos no botón "Pechar" para voltar á ventá do traballo.

Voltar arriba

 

Enviar un traballo

Os traballos sempre amosará as datas de dispoñibilidade e se o profesor permite envíos fora desas datas. Se estiveran admitidos envios fora das datas, é importante ter en conta se a data de entrega é ilimitada ou limitada a unha data específica. Todo esto está definido na Información do traballo.

Se están permitidos os envíos fora das datas e o tempo de entrega é ilimitado, o traballo amósase cun icono diferente e no "Estado" do traballo aparece un aviso de "Atrasado", pero o traballo seguirá dispoñible.

Se están permitidos os envíos fora das datas de entrega, pero ata unha data específica, verás tamén ese aviso de "Atrasado", pero o traballo só estará dispoñible ata esa data final, despóis non poderás acceder a el.

O xeito de entregar os traballos é o mesmo se entregas o traballo dentro ou fora das datas especificadas e é o seguinte, e comprende dous pasos:

1. Subir o traballo do teu ordenador ó servidor de WebCT.

  • Accede ó traballo que queiras entregar e vai á parte "Enviar Traballo":

  • Na parte de "Arquivos de alumnos" preme o botón

  • Preme "Examinar...", localiza o teu traballo no teu ordenador e cando o teñas, preme o botón e serás dirixido de novo á ventá do Traballo onde che aparecerá unha táboa, nos "Arquivos de alumnos" con ese arquivo:
  • Se por calquera razón te equivocaras de arquivo selecciónao marcando ca caixa de selección que hai ó lado do nome do mesmo e preme o botón .

Nota importante: O nome do arquivo deberá conter só letras e números, sen acentos nin espacios (estes podes sustituilos por un guión baixo "_"), para evitar problemas á hora de que cho acepte o servidor.

2. Entrega-lo traballo ó teu profesor.

  • Na mesma sección de "Arquivos de alumnos", debaixo do arquivo te teñas no servidor, preme o botón .
  • Aparece unha mensaxe pedíndoche que o confirmes e preme "Aceptar" se todo está ben.
  • Aparece a ventá de confirmación do envío do traballo:

  • Se agora accedes á ventá de Traballos, xunto do título do traballo o Estado cambiou a "Enviado"

  • E se premes no título do traballo, despois da descripción do mesmo, en lugar de "Enviar traballo" aparece "Traballo enviado".

  • Neste caso, o profesor habilitou a posibilidade de que o alumno poda "Recuperar o traballo", é dicir, podes recupera-lo documento e modificalo para voltar a envialo, mentras que non remate o prazo de entrega final (na seguinte sección, "Recuperar un traballo para volver a envialo", tes máis información ó respecto):

Voltar arriba

 

Recuperar un traballo para volver a envialo

 

 

Voltar arriba

 

Ver un traballo correxido e cualificado

 

Voltar arriba

 

Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00