<p>CIQUS</p> <p>Entrada del CIQUS</p> <p>Laboratorio</p>

Benvido

Benvido á web do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS). Aquí encontraredes información sobre as áreas temáticas, grupos e investigadores que integran o CIQUS, e a súa estructura organizativa, os medios técnicos e instalacións cos que conta e outros datos de interese. O CIQUS forma parte da Rede de Centros Singulares de Investigación do Campus de Excelencia Internacional – Campus Vida e centra os seus obxectivos científicos na aplicación de estratexias transdisciplinares para a resolución de problemas científicamente relevantes no  ámbito da química biolóxica e no desenvolvemento de novos materiais funcionais.

UN ARTIGO DO CIQUS ESCOLLIDO “HOT PAPER” NA REVISTA ANGEWANDTE

08/05/2013

 

Un novo artigo de investigadores do CIQUS dirixidos polo Dr. Fernando López e Prof. José L. Mascareñas foi seleccionado como un "Hot paper" de Angewandte Chemie International Edition. Esta revista é, xunto con Nature Chemistry, a de maior factor de impacto en Química, e os seus editores seleccionan os "Hot papers" pola súa importancia nun campo en rápida evolución e de grande interese actual.

A construción eficiente dos carbociclos de tamaño mediano (de sete a nove aneis) mantense como unha importante meta da química sintética, xa que estes marcos moleculares constitúen o núcleo estrutural de moitos compostos bioloxicamente activos e axentes farmacéuticos, e existen moi poucos métodos prácticos para a súa montaxe.

Neste artigo, os autores describen un método simple, eficiente e de gran versatilidade para a construción de aneis do devandito tamaño e que se basea na utilización dunha cicloadición en cascada catalizada por ouro. Ademais, os autores presentan varios exemplos pioneiros dunha variante enantioselectiva que permiten a produción maioritaria de só un dos dous posibles isómeros ópticos (enantiómeros) dos produtos.

De modo xeral, esta tecnoloxía abre novas oportunidades para a rápida construción, práctica e mesmo asimétrica de esqueletos moleculares bioloxicamente relevantes con ciclos de tamaño medio.
 

http://onlinelibrary.wiley.com/journal/10.1002/%28ISSN%291521-3773/homep...

Gold(I)-Catalyzed Cascade Cycloadditions between Allenamides and Carbonyl-Tethered Alkenes: An Enantioselective Approach to Oxa-Bridged Medium-Sized Carbocycles

Últimas publicaciones

Cursos, Congresos e conferencias

Outros