Areas Temáticas

A actividade científica do CIQUS integra dúas grandes áreas temáticas verticais (Química Biolóxica e Novos Materiais), e tres áreas transversais (Metodoloxía Sintética, Química Estructural e Química Computacional). Esta estructura científica non se traslada a unha división organizativa ríxida en unidades ou programas, ao obxecto de facilitar a interacción de todos os investigadores e equipos do centro no desenvolvemento de proxectos de investigación interdisciplinares, así como o desenvolvemento futuro de novas áreas temáticas de interese estratéxico.


 
  1. Área de QUÍMICA BIOLÓXICA
    Centra os seus obxectivos na investigación química de sistemas e procesos biolóxicos, no deseño racional e o desenvolvemento de compostos bioloxicamente activos con propiedades específicas, e no desenvolvemento de novas metodoloxías de síntese de compostos de interese farmacolóxico, eficaces e medioambientalmente sostibles.
  2. Área de NOVOS MATERIAIS
    Investigación orientada á síntese  e estudo de novos compostos orgánicos, inorgánicos e metaloorgánicos con propiedades físicas (ópticas, magnéticas e/ou electrónicas) non convencionais, e potencial aplicación no desenvolvemento de materiais funcionais innovadores. Inclúese tamén o desenvolvemento de nanomateriais poliméricos con aplicacións biomédicas.
  3. Área transversal de METODOLOXÍA SINTÉTICA, dedicada ao desenvolvemento de novas metodoloxías eficientes para aplicar á síntese de compostos bioactivos au á construcción de moléculas de interese no eido da ciencia de materiais. A maior parte do traballo nesta área dedícase ao desenvolvemento de novas aplicacións da catálise organometálica en síntese.
  4. Área transversal de QUÍMICA ESTRUCTURAL
    Entre os obxectivos desta área atópase o desenvolvemento de técnicas e aplicacións da RMN na resolución de problemas non triviais de elucidación estructural, tanto de compostos orgánicos e inorgánicos discretos como de macromoléculas biolóxicas, e ao estudo de interaccións supramoleculares e interaccións sustrato-receptor. Inclúense tamén entre os obxectivos desta área os estudos de fotofísica e fotoquímica molecular, e de elucidación da dinámica de procesos fotoinducidos tanto en materiais moleculares como en sistemas biolóxicos.
  5. Área transversal de QUÍMICA TEÓRICA E COMPUTACIONAL
    Entre outros obxectivos científicos, a área de química computacional proporciona recursos e experiencia para resolver, desde un punto de vista teórico, problemas relacionados coa predicción de propiedades moleculares e macroscópicas, co establecemento de relacións estructura-actividade, co estudo de interaccións moleculares o coa elucidación de mecanismos de reacción.

Cursos, Congresos e conferencias

Outros