|
DEPARTAMENTO DE CIENCIAS MORFOLÓXICAS |
Doar o corpo para a investigación e a doocencia non é só un acto de enorme xenorisidade e altruismo, tamén é unha gran contribución á ciencia e formación dos futuros médicos.
O significado e a trascendencia do devandito acto podense resumir nunha soa frase, que representa o obxectivo do noso Servizo de Doazón de Corpos:
A MORTE Ó SERVIZO DA VIDA
NORMAS PARA AS DONACIÓNS DE CORPOS PARA A INVESTIGACIÓN E DOCENCIA
O certificado de defunción debe facelo o médico de cabeceira ou aquel que atendera ó enfermo no momento do falecemento.
A defunción debe quedar inscrita no xulgado que corresponda ó lugar do falecemento (domicilio, clínica etc.), antes de proceder o traslado do falecido.
Unha vez certificada a defunción deben avisar ó teléfono da Funeraria Apòstol 981 580 669 (24 horas).
Os nosos servicios encárganse do traslado do falecido. Este servicio é totalmente gratuito.
O doante debe ter en conta que a familia ou as persoas máis achegadas son os principais colaboradores, polo tanto deben coñecer os desexos do doante e encargarse de avisarnos unha vez ocorrido o falecemento.
Pódese ser doante de órganos e doante do corpo, sendo sempre preferente no momento do falecemento a doazón de órganos sobre a doazón do corpo.
En calquera momento, o doante pode facer inefectiva esta doazón, simplemente rompendo o carné e advertindo os seus familiares que non avisen do seu falecemento.
Si ocorre o falecemento fora da área de Galicia avisen á Facultade de Medicina máis próxima. O banco de doantes de corpo da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago só admite doazóns procedentes do territorio de Galicia.
Existen Facultades de Medicina en: Alcalá de Henares, Alicante, Barcelona, Cádiz, Córdoba, Badajoz, Granada, La Laguna, Las Palmas de Gran Canaria, Lleida, Madrid, Málaga, Murcia, Navarra, Oviedo, Vizcaia, Tarragona, Salamanca, Santander, Santiago de Compostela, Sevilla, Valencia, Valladolid, Zaragoza.
IMCOMPATIBILIDADES Á DOAZÓN.
Non se poderán doar os corpos que presenten as seguintes características:
§ Heridas o cirugía recientes (no cicatrizadas).
§ Quemadura extensas.
§ Obesidad extrema.
§ Estadios iniciales de descomposición.
§ Encefalitis espongiforme.
§ Gangrena.
§ Úlceras cutaneas o mucosas.
§ Enfermedades contagiosas (hepatitits, tuberculosis, SIDA, etc).