As comisións de normalización lingüística son comisións de traballo que teñen como obxectivo aumentar o uso do galego nos seus centros en todos os ámbitos. Deben ser un referente á hora de canalizar a recepción de solicitudes lingüísticas dos membros dun centro encamiñadas á normalización do uso da lingua. Por iso, facemos un chamamento á colaboración de todos e todas: dicídenos, propoñédenos, en resumo, participade. O obxectivo é común.
Consideramos que é moi importante que coñezas os dereitos lingüísticos que tes na Universidade de Santiago de Compostela, polo que te convidamos a visitar a ligazón
http://www.usc.es/~snlus/dereitos.htm. Se queres afondar máis, entra no apartado de lexislación, onde figuran polo miúdo as referencias legais. Podes facernos chegar as túas dúbidas e/ou inquedanzas neste aspecto e faremos de intermediarios cos órganos da USC a quen correspondan. Enviade ideas, comentarios e suxestións a
cnlecon@usc.es
Comisión
de Normalización Lingüística
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Avda. Burgo das Nacións s/n 15782 Santiago de Compostela
Enderezo electrónico: cnlecon@usc.es
Servizo de Normalización Lingüística da USC
Casa da Balconada
Rúa Nova, 6
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 981563100 ext. 11316, 11327, 11309