A idea de organizar este curso xurdiu de parte dalgún profesorado desta Facultade que nos comentou a escaseza de formación en lingua que padecía o persoal que non a tivera no ensino primario, secundario e universitario.
Escoitamos a suxestión e decidimos que sería conveniente logo, afondar na competencia escrita e oral do persoal docente e investigador tentando focalizar os esforzos por separado nestes dous ámbitos. Faremos un curso en febreiro dedicado á reciclaxe escrita e outro en setembro dedicado á oral.
Entre os días 3 e 26 de
outubro tivo lugar o “Obradoiro de expresión oral”, que organiza a
devandita Comisión co apoio técnico do Servizo de Normalización
Lingüística, formando parte do Programa de Formación e
Innovación Docente da USC.
Trátase
dun obradoiro específico de formación para a mellora da calidade
docente, e os seus destinatarios son profesores
universitarios e persoal docente en formación que exerzan na
Facultade de CC. Económicas e Empresariais e, en xeral, no Campus
de Santiago.
O obxectivo xeral deste
Obradoiro de expresión oral é desenvolver as habilidades
lingüísticas necesarias para mellorar a expresión no medio social
e laboral en galego.
Comisión de Normalización Lingüística
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Avda. Burgo das Nacións s/n
15782 Santiago de Compostela
Enderezo electrónico: cnlecon@usc.es
Servizo de Normalización Lingüística da USC
Casa da Balconada
Rúa Nova, 6
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 981563100 ext. 11316, 11327, 11309