USC. Facultade de CC. da Comunicación  
 
 
T: 981563100
F: 981547174
E: comunica@usc.es
SecretaríasSecretarías VirtuaisPass. Your Erasmus Guide  
Secretaría de profesores Secretaría de Estudantes

Formación
USC
Xornalismo
a
USC
Comunicación Audiovisual
a
USC
Terceiro ciclo
a
USC
Posgrao
a
USC
Formación Continua
Persoas
USC
Equipo decanal
a
USC
Profesores
a
USC
PAS
a
No web da Facultade
Alumnos
a
Departamentos
USC
CC. da Comunicación
USC
Outros
Vida no centro
No web da Facultade
Noticias
a
No web da Facultade
Investigación
a
No web da Facultade Ligazóns
No web da Facultade
No web da Facultade
Localización
a
For Erasmus
No web da Facultade Normativa
No web da Facultade Prácticas
No web da Facultade Horarios

Comezo das clases dos estudos de grao
16/8/2010. Debido á incompatibilidade de calendarios académicos de Grao e de Licenciatura, as clases de 1º e 2º curso dos Graos de Xornalismo e de Comunicación Audiovisual non comezarán ata o luns, 20 de setembro de 2010 . Durante a semana anterior todavía se están realizando os exames de setembro das materias das Licenciaturas e isto imposibilita o uso das aulas convencionais para o desenvolvemento das actividades académicas dos Graos.


Foro Internacional sobre Economía e Xestión da Comunicación
28/6/2010. A Facultade de Ciencias da Comunicación acollerá do 13 ó 16 de xullo o primeiro Foro Internacional sobre a economía e a xestión da comunicación, que versará sobre as repercusións da crise económica no panorama mediático. A asistencia ó evento está recoñecida con 1 crédito de libre configuración. O criterio de selección de alumnos será por orde de inscrición. Para apuntarse, contactar cos responsables a través do mail francisco.campos@usc.es ou anamaria.lopez@usc.es.


Estrea do documental Quién dijo miedo. Honduras de un golpe
27/6/2010. Proxección desde documental dentro da Semana de Solidariedade coa Resistencia Hondureña, promovida pola organización AMARANTE entre outras, con motivo do aniversario do golpe de Estado perpretado en Honduras. O documental, dirixido por Katia Lara, ofrece as chaves para entender a natureza profunda deste novo golpe en Latinoamérica. A proxección terá lugar o luns 28 de xuño na Librería Couceiro (Praza de Cervantes, Santiago de Compostela).


Ciclo 'Cines del Sur: Cine filipino 1976-2009
27/6/2010. Ciclo de ofertado polo CGAI (Rúa Dorán Loriga, 10 baixo, A Coruña), que abarca o cine filipino desde a década dos setenta ata a actualidade. Nel inclúense nomes fundamentais como Romaro ou Lino Brocka, gran responsable de dar a coñecer o cine filipino. O luns 28 proxectarase ás 20:30h o filme Itim (1976) de Mike De Leon e o mércores 30 á mesma hora Manila by Night (1980) de Ishmael Bernal.


Festival de curtametraxes CATACUMBA 2010
25/6/2010. Aberto o prazo de participación ata o 31 de outubro de 2010 no festival de curtametraxes CATACUMBA 2010 na Comunidade Valenciana. A temática das curtas versará sobre o terror e/ou a ciencia ficción cunha duración máxima de 30 minutos, en calquera idioma. No caso de non ser en castelán, deberá estar subtitulado. Para poder consultar as bases, preme no seguinte enlace ou para máis información enviar un mail a concurso@catacumba.org


Cursos Intensivos de Verán do Centro de Linguas Modernas
20/6/2010. O Centro de Linguas Modernas (CLM) organiza no campus de Santiago cursos de inglés (niveis intermedio e avanzado), francés, alemán, checo, italiano e portugués, dirixidos especialmente a alumnos cunha bolsa Sócrates-Erasmus para o curso 2010-2011, e tamén a todas aquelas persoas interesadas maiores de 16 anos. Estos cursos de 40 horas celebraránse do 12 ao 23 de xullo. Máis información en no seguinte enlace.


Xornada Podemos xa percibir o cambio climático en Galicia?
20/6/2010. O Centro de Extensión Universitaria e de Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) organizan este evento no que se tratará a actitude dos medios de comunicación sobre esta problemática e co obxectivo de que os profesionais deste sector coñezan de primeira man os últimos descubrimentos. A Xornada terá lugar no Castelo de Santa Cruz (Oleiros, A Coruña) o martes 22 de 10:00h a 12:00h. Para inscribirse entra na páxina www.ceida.org ou envía un mail cos datos persoais a prensa@ceida.org


Chamada a ponencias do VIII Encontro FISEC
20/6/2010. O Foro Iberoamericano sobre Estratexias de Comunicación (FISEC) celebrará en Cádiz do 20 ó 22 de outubro do 2010 o seu VIII encontro O fío condutor destes encontros e a Nova Teoría Estratéxica (NTE), que propugna sete cambios sobre as formulacións en materia de Estratexia. FISEC convida ós interesados a presentar ponencias sobre a temática ata o 15 de xullo, para ser enviadas por mail ó enderezo secretaria@fisecforo.org. O mail deberá conter datos persoais do ponente e o contido do resumo deberá estar en castelán e inglés cun máximo de 500 palabras. Consulta todas as condicións no seguinte enlace.


"Camiño de Santiago, Comunicación e Normativa", curso de comunicación na oferta de verán da USC
20/6/2010. Os profesores Luis Celeiro e Xoán Piñeiro Cochón son os responsables do curso "Camiño de Santiago, Comunicación e Normativa" que se desenvolverá entre os días 26 e 30 de xullo en Sarria. Os asistentes a devantidos cursos terán dereito a un diploma no que constará o título do curso, o número de horas e a asistencia. Os estudantes da USC recibirán ademais créditos de libre configuración. Consulta todas as bases e o programa do curso no seguinte enlace.


UNIEMPRENDE selecciona para Inberso estudantes en prácticas
18/6/2010. UNIEMPRENDE desexa incorporar DOUS bolseiros en prácticas para traballar en INBERSO (ferramenta global que achega o capital privado ás empresas tecnolóxicas). As devanditas prácticas terán a condición de non remuneradas, mais poderanse convalidar ata 17 créditos polas prácticas realizadas. Os requisitos mínimos son ser estudante de Ciencias da Comunicación, Económicas ou ADE; ter superados o 50% dos créditos da titulación, dispoñer ó menos de 4 créditos de libre configuración, non ter feito o depósito do título e boa orientación ó cliente e empatía. Valorarase especialmente ter dominio tanto do portugués como do español (falado e escrito). Interesados pedir información ou enviar currículo ó mail ana.torreiro@inberso.com


Envío de propostas para o XXV Congreso Internacional de Comunicación
13/6/2010. A Facultade de Comunicación da Universidade de Navarra acolle este congreso que pretende reflexionar sobre cómo renovar os modelos de negocio para facer rendible a produción de contidos de ficción, información e entretemento nunha economía global e dixital. O evento terá lugar o 25 e 26 de novembro de 2010. As propostas deberán ser abstracts de 300 palabras en español ou inglés ata o 30 de setembro. O 5 de outubro darase a coñecer a admisión dos resumos seleccionados. O documento deberá ser enviado ó enderezo cicom@unav.es. Para máis información, preme no seguinte enlace.


Último días para inscribirse na VIII edición do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal
13/6/2010. Os interesados en participar na oitava edición do Festival Amal poderán enviar as súas obras ata o próximo 15 de xuño. Calquera longametraxe de ficción, documental ou curtametraxe producido ou coproducido por un país árabe, ou aquelas películas que abranguen temática árabe, independentemente do seu país de orixe, poden competir na VIII edición do Festival, que regresará a Compostela entre o 23 e o 30 de outubro. Os traballos, que deberán estar finalizados entre 2008 e 2010, poderán inscribirse on-line, unha das novidades da presente edición concurso. Consulta as bases na súa páxina wb


Curso de creación de videobook
13/6/2010. ARTeria Noroeste (Parque de Vista Alegre, Rúa das Salvadas, 2ºA) oferta este curso que pretende ser un engadido ao Taller audiovisual e orientación laboral para actores. Os participantes aprenderán a levar a cabo o seu propio videobook, tan solicitado no mundo da interpretación. O curso terá lugar do luns 14 ó venres 18 de xuño. Para máis información, contacta a través do número 981 56 90 82.


Ciclo Torrente Ballester no CGAI
10/6/2010. O CGAI (Rúa Durán Loriga, 10 baixo, A Coruña) comeza mañá este ciclo do novelista e xornalista con motivo do centenario do seu nacemento. O ciclo comezará ás 20:30h coa proxección do documental GTB x GTB (2010) de Luis Felipe Torrente e Daniel Suberviola, e do clásico do cinema español Surcos de José Antonio Nieves Conde. O ciclo continuará o 15 e 16 de xuño ás 20:30h coa proxección dos filmes Rebeldía e El Rey Pasmado.


Os mundos de Gonzalo Torrente Ballester
10/6/2010. A Fundación Gonzalo Torrente Ballester (Rúa do Vilar, 7) acolle unha mostra que percorre a traxectoria vital e literaria do escritor e xornalista a través de máis de 200 pezas entre manuscritos, libros, artigos de prensa, cartas, fotografías, cadros, debuxos e diversos documentos e obxectos que nos achegan á súa iconografía persoal.


Estrea teatral IN-COMUNICANDO de tres estudantes da licenciatura de Comunicación audiovisual
7/6/2010. O grupo teatral Mequetrefes, formado por alumnos da licenciatura de Comunicacion Audiovisual da USC, estrearon o pasado domingo a súa obra "IN-COMUNICANDO, Exercicio que desencadea a turbación", realizado por Cristina López Astorgano.


Presentación da obra "Gran Enciclopedia del Camino de Santiago", dirixida polo profesor da Facultade Manuel Rodríguez
7/6/2010. O Hostal dos Reis Católicos é o lugar elixido para a presentación da "Gran Enciclopedia del Camino de Santiago", dirixida polo profesor do centro Manuel Rodríguez. Será o luns, día 7 ás 20h.
Esta obra reúne alfabeticamente toda a información relacionada coa cultura xacobea para solucionar de forma rápida e sinxela calquera dúbida.



Curso de Verán 'Introducción a la Dirección Artística Cinematográfica'
6/6/2010. O Centro de Estudios Ciudad de la Luz (Alicante) oferta este curso impartido polo director artístico Félix Murcia (gañador de cinco Premios Goya). O taller estará estruturado en diversos temas, desde a Expresión Plástica ata Exercicios Prácticos de Experimentación. O curso ten unha duración de 120 horas desenvolvidas do 5 ó 30 de xullo en horario de mañá e tarde de luns a venres. Para obter máis información, consulta a través do teléfono 96 590 82 00 ou do mail centrodeestudios@ciudaddelaluz.es


Obradoiros Avanzados de Fotografía Dixital
6/6/2010. Gabriel Brau, fotógrafo de recoñecido prestixio e Premio Nacional de Fotografía 2007 pola Confederación Española de Fotografía, impartirá este taller en Vigo. A plataforma de traballo empregada será o programa informático Photoshop CS4. A duración do curso será de 20 horas lectivas impartidas a dobre xornada do venres 11 ó domingo 13 de xuño. Par máis información, consulta no seguinte enlace.


I Convocatoria do Premio Interuniversitario UEMCOM de Xornalismo Dixital
3/6/2010. UEMCOM, plataforma dixital de medios de comunicación da Facultade de Artes e Comunicación da Universidade Europea de Madrid, convoca este premio co obxectivo de recoñecer o traballo xornalístico multiplataforma de temática libre. O premio está aberto a estudantes de calquera universidade española matriculados en titulacións das áreas de Comunicación, Humanidades, Arte e Enxeñaría. A inscrición está aberta ata o 30 de xuño e o prazo de presentación de traballos remata o 30 de setembro. Para inscribirse e consultar as bases, clica no seguinte enlace.


Premio Claudio Accardi
3/6/2010. A Associazione Premio Claudio Accardi convoca este concurso para xornalistas, investigadores e implicados nos servizos informativos. Os traballos deben estar centrados na comunicación e comprensión da xente durante as guerras civles, no diálogo social, as relixións e a integración e os respecto da diversidade social. Os artigos poden estar escritos en inglés, italiano, francés ou español. O premio será concedido por un comité integrado por xornalistas e expertos da política internacional. Para máis información, clica no seguinte enlace ou envía un mail a info@premioclaudioaccardi.it


O Teatro Principal acolle a estrea das curtametraxes realizadas polos estudantes de terceiro de Comunicacion Audiovisual
31/5/2010. O Teatro Principal (Rúa Nova, 22) é a sede da proxección das curtas de alumnos de 3º de Comunicación Audiovisual da USC. Baixo o nome de Festicurta, o evento terá lugar o vindeiro martes 1 de xuño ás 21:00h. As entradas podense adquirir na Facultade de Ciencias da Comunicación (Reprografía) ou o mesmo día da estrea na taquilla do Teatro Principal desde as 19:00h.


Concurso de Curtametraxes 'Deja de Fumar Ya'
30/5/2010. O Grupo Español de Cáncer de Pulmón (GECP) organiza esta segunda edición de curtas. As pezas participantes deben plasmar nun minuto a importancia de protexer do fume do tabaco os espazos públicos de ocio, reflictindo a relación entre o tabaquismo pasivo e o cancro de pulmón. O concurso conta con cinco premios, valorados desde 3.000€ ata 500€. Os vídeos gañadores cederanse ó Ministerio de Sanidade para poder ser empregados en campañas de concienciación. Para máis información, consulta no seguinte enlace.


Convocatoria Becas Internacionalización Empresarial 2011/2012
30/5/2010. O Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) convoca 220 Becas de Internacionalización Fase I 2011/2012, para a formación de profesionais especializados na prestación de servizos de internacionalización empresarial. O Master Universitario de Xestión Internacional da Empresa dura sete meses e o de formación nas Oficinas Económicas e Comerciais de España no estranxeiro durante un ano. Os dereitos de inscrición serán de 50€. Para consultar as bases e o formulario de solicitude, consulta no seguinte enlace.


Master Class de Mark Rappaport
30/5/2010. Mark Rappaport, cuxas películas, Rock Hudson’s Home Movies e From the Journals of Jean Seberg, impartirá unha MasterClass onde falará sobre a súa experiencia como director de cine durante 35 anos (e aínda máis tempo vendo e analizando películas). Tratará o tema do cine narrativo, o estado do cine actual, a apropiación de imaxes e as novas tecnoloxías. Aínda que xa non dirixe películas, Rappaport escribe sobre elas e crea colaxes utilizando imaxes cinematográficas, como se pode ver cada mes en Cahiers du Cinema España. O evento terá lugar no Auditorio da Fundación Caixa Galicia (Cantón grande, 21-24- A Coruña) o martes 1 de xuño ás 17:00h. Para inscribirse, enviar un mail a difusion@cgai.org, chamar ó teléfono 881 881 260 ó na páxina web www.cgai.org


A proba para as prazas de prácticas de Mr. Misto Films realizarase o 31 de maio
26/5/2010. Desenvolverase na Sala de Xuntas da Facultade a partir das 12 horas.


Cambios no horario da proba de selección para as prácticas en Xornal de Galicia
26/5/2010. Todos os alumnos e alumnas que teñan clase de asistencia obrigatoria coincidindo coa proba realizarán esta a partir das 13:30 horas. O resto realizarán a proba no horario previsto, ás 12 horas.


Listado definitivo de alumnado admitido á convocatoria de prácticas
26/5/2010. O proceso de selección comeza o xoves 27 de maio coas probas de selección e remata o 9 de xuño co acto público


Novas prazas de prácticas na Xunta de Galicia
25/5/2010. A entidade oferta un total de 16 prazas, 14 para a Licenciatura en Xornalismo e 2 para Comunicación Audiovisual.


Calendario das probas de selección para as prazas de prácticas
23/5/2010. As probas desenvolveranse entre o 27 de maio e o 4 de xuño na Facultade.


Ampliación do prazo da proba de nivel B1 no Centro de Linguas Modernas
22/5/2010. O Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC convocou o día 10 de marzo de 2010 as probas para acreditar o coñecemento do nivel B1 dunha lingua estranxeira para a obtención do título de Grao ou de Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Con fin de que os alumnos que están rematando os estudos de Diplomaturas, Mestres, Enxeñarías Técnicas, Licenciaturas e Enxeñarías poidan realizar esta proba, por ser condición necesaria para acceder ao Máster en Profesorado, ampliase o prazo de inscrición ata o 24 de maio de 2010. Clica neste enlace para consultar toda a información sobre a proba.


Obradoiro de linguaxe de signos
22/5/2010. A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) organiza este taller de lingua de signos española como oferta formativa de achegamento ás persoas xordas e a súa lingua. O taller está dirixido a calquera persoa maior de 16 anos, cunha duración de 35 horas e dous planificacións dependendo do lugar de impartición (A Coruña, Vigo, Ourense, Lugo, Santiago, Ferrol). Para máis información, consulta a través do mail cursos.lse@faxpg.es, o teléfono 687 051 258 ou a páxina web www.faxpg.es


Listado provisional de admitidos e excluídos á convocatoria de prácticas
21/5/2010. O alumnado desconforme coa súa nota media ou coa orde establecida no listado pode presentar reclamacións no Decanato da Facultade ata o día 25 de maio.


MasterClass de Robert McKee en España
19/5/2010. Un dos grandes referentes do guión, Robert McKee, ofrecerá en España unha MasterClass na que falará sobre o futuro do guión de televisión titulada "TV Screenwriting for the future". Entre os distintos temas tratados, falará sobre as tendencias do futuro, as ferramentas actuais e a experimentación do guión na TV actual. A MasterClass terá lugar o 28 de maio de 9:00 a 19:00 na Sede de EiTB en Bilbao (Sala Multibox, Capuchinos de Basurto, 2, Bilbao). Inscricións ata o 25 de maio a través da web www.gidoifaktoria.com ou os teléfonos 94 656 32 37 ou 688 605 033


A Axencia Deportiva Galega oferta postos de colaboradores
18/5/2010. A oferta da ADG atópase dispoñible nas principais cidades e vilas de Galicia (Santiago, Pontevedra, Vigo, Lugo, Vilagarcía, O Carballiño, Narón, Ourense, A Estrada, Ordes, Santa Comba, Negreira, Padrón, Verín...). Para coñecer as condicións e requisitos, clica no titular.


Festival Urban-TV 2010
18/5/2010. Aberto ó prazo para a participación na oitava edición do Festival Internacional de Televisión sobre Vida e Ecoloxía Urbanas. O concurso está aberto a documentais, reportaxes e, en xeral, programas de TV cuxa producción rematase despois 1 de xaneiro de 2007, tratando calquera asunto relacionado coa vida nas cidades. Para consultar as bases do concurso e descargar a ficha de inscrición clica no seguinte enlace.


XIV Premio Internacional de Fotoxornalismo "Ciudad de Gijón" 2010
18/5/2010. Concurso convocado no marco do XIV Encontro Internacional de Fotoxornalismo "Ciudade de Gijón" (9-18 de xullo). A data límite para a admisión dos traballos a este premio, dotado de 6.000€, será o 15 de xullo, último día de recepción na oficina. Cada traballo estará composto por un mínimo de 40 fotografías e un máximo de 100, numeradas pola súa orde e co título xenérico do traballo. Para consultar as bases, entra na páxina web www.fotoyperiodismogijon.com.


Obradoiro de Stop Motion na Facultade
16/5/2010. O Festival Curtocircuito organiza este obradoiro sobre técnicas de animación, destinado a alumnos de 3º e 4º da licenciatura de Comunicación Audiovisual. Terá lugar do 24 ó 28 de maio en horario de 16:00 a 20:00h na sala de Visionado 3. O obradoiro estará impartido por D. Juan Lesta e Dna. Belén Montero (Esferobite Producións). Entregarase un Diploma certificando á asistencia. Os interesado deberán enviar o CV ó mail actividades@curtocircuito.org antes do 12 de maio.


Foro 2010 Compostela
16/5/2010. Iniciativa promovida polo Seminario Galego de Educación para a Paz e a Fundación Cultura de Paz. O foro conterá eventos e actividades a nivel mundial arredor da Cultura da Paz, como congresos académicos, reunións de Nacións Unidas e actividades artísticas e culturais (fotoxornalismo, cinema, banda deseñada, música...). Consulta aquí as primeiras actividades confirmadas e acolá para obter a carta de convite para certas actividades.


Curso "Gabinetes de Comunicación. Comunicación Estratéxica"
16/5/2010. II Edición deste curso de formación continua dirixido a licenciados en Xornalismo, Comunicación Audiovisual e profesionais non titulados que acrediten traballar en gabinetes de comunicación. O curso terá lugar todos os venres do 21 de maio ó 2 de xuño de 16:00 a 21:00 horas. O prazo da matrícula (200€) rematará o 19 de maio. Organiza o grupo de investigación Novos Medios en colaboración co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Para máis información e solicitar a matrícula, carmen.costa@usc.es ou miguel.tunez@usc.es


Rosa María Calaf, madriña da promoción 2006/2010 de Xornalismo
16/5/2010. O vindeiro sábado 22 de maio a Facultade de CC da Comunicación acollerá o acto de licenciatura da nova promoción de Xornalismo. Os padriños serán Xosé López, profesor da facultade, e Rosa María Calaf, recoñecida xornalista e corresponsal en Asia por RTVE. Tralo acto, os estudantes celebrarán unha cea no Hotel NH.


II Congreso Internacional de Ciberxornalismo e Web 2.0
15/5/2010. Congreso sobre ciberxornalismo e potencialidade da web 2.0, que reforza a idea do usuario como creador e non só como consumidor de medios. O evento terá lugar na Biblioteca Central do Campus de Bizkaia durante os días 10, 11 e 12 de novembro de 2010, contando con servizos de transporte para os ponentes. Para consultar o programa e solicitar a inscrición, preme no seguinte enlace.


Presentación da novela 'Con acuse de recibo' do ex-alumno Alberto Ramos
15/5/2010. O ex-alumno Alberto Ramos presenta a súa segunda novela titulada 'Con acuse de recibo'. Con este libro, este antigo alumno da Facultade de Ciencias da Comunicación e actual xornalista do Xornal de Galicia, gañou o IX Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia. O evento terá lugar o mércores 19 de maio ás 20:00h na Librería Couceiro en Santiago de Compostela.


Presentación do documental 'Sombras sen sombra: Rosalía de Castro'
14/5/2010. Documental biográfico escrito e dirixido polo historiador José Antonio Durán que será presentado o martes 18 de maio na Facultade de Xeografía e Historia. O acto público terá lugar na Aula 12 ás 20:00h e contará cunha presentación a cargo do profesor Xavier Castro e a posterior conferencia e estrea do documental de Durán. No filme exporá o seu punto de vista sobre a paternidade de Rosalía de Castro.


(S8) I Mostra de Cinema Periférico
14/5/2010. Evento cinematográfico internacional que reúne as novas tendencias que na actualidade están a ser vangarda. Do mesmo xeito, queremos mostrar atención as novas vías co Súper8 atopou para converterse nunha ferramenta renovada nas mans dos novos creadores, á hora de afrontar os seus traballos contemporáneos como performances, instalacións ou video arte. Esta Mostra terá lugar na Coruña do 3 ó 6 de xuño no antigo Cárcere Provincial. Máis información na páxina web e no grupo de Facebook.


Para ver online: 7:35 de la mañana de Nacho Vigalondo
13/5/2010. Curtametraxe de Nacho Vigalondo, padriño da Promoción 2006/2010 de Comunicación Audiovisual, que foi nominada ós Oscar no ano 2004.


Casting de reporteiros na Facultade para programa de TV
9/5/2010. A produtora CTV organiza unha proba de redactores/reporteiros para un novo programa cultural. Buscamos xornalistas que dean creado unha reportaxe: presentación, preprodución, gravación e edición (aínda que sempre editamos con montador). Non buscamos xente graciosa nin humoristas, pero si persoas creativas, con coñecementos básicos de preparación e gravación dunha reportaxe, coa mente aberta para experimentar. A proba consta dunha entrevista e dunha pequena proba de cámara (libre de toda tensión). O casting terá lugar na sala de Visionado 2 o martes 11 de maio ás 13:30h.


Nacho Vigalondo, padriño da séptima promoción de Comunicación Audiovisual
9/5/2010. O director e guionista Nacho Vigalondo será o padriño da promición de estudantes de Comunicación que se licencia este ano. O acto celebrarase no auditorio da Facultade o vindeiro sábado, día 15, ás 18:30h. Tralo acto, os estudantes celebrarán unha cea no Hotel NH.


Curso ProTools 8
6/5/2010. ARTeria Noroeste (Rúa das Salvadas, 2ºA, Parque de Vista Alegre) organiza este curso impartido por Anxo Bautista centrado a aprendizaxe das ferramentas de secuenciación e edición MIDI, a edición de partituras e no uso intensivo de instrumentos virtuais como paleta musical para o compositor. O curso ten unha duración de 20 horas distribuídas nos días 21, 22, 28 e 29 de maio. Para máis información, envía un mail a gnieves@sgae.es ou chama ó 981 569 183


Producción e realización de cortos en vídeo
6/5/2010. Este curso presenta as fases de preparación de un corto realizado en video, abordando as técnicas de escritura de guión, de realización, de dirección de actores, como localizar e criar o marco para a realización da posta en escea, así como os demáis recursos escénicos necesarios para a producción e montaxe. Será impartido por Ricardo Spencer do 24 ó 27 de maio en ARTeria Noroeste (Rúa das Salvadas, 2ºA, Parque de Vista Alegre). Para máis información, envía un mail a gnieves@sgae.es ou chama ó 981 569 183


Bolsa na Área de Comunicación e Relacións profesionais de Pfizer
5/5/2010. A empresa Pfizer ofrece bolsas de prácticas cunha duración de 1 ano a xornada completa ou media xornada, de 850€/mes. O lugar das prácticas atópase en Alcobendas (Madrid), Parque Empresarial La Moraleja. Entre os requisitos mínimos atópase a titulación de Ciencias da Saúde, Xornalismo, Publicidade e Relacións Públicas, Comunicación Audiovisual; nivel de inglés alto oral e escrito; e coñecemento de programas informáticos (Microsoft Office, Excel, PowerPoint, Internet Explorer). Máis información no seguinte enlace.


O "Xabarín" visita a Facultade dentro das actividades dos 25 anos da CRTVG
3/5/2010. O famoso Xabarín, protagonista do programa infantil e xuvenil de maior éxito da Televisión de Galicia, visita a Facultade dentro das actividades programadas dos 25 anos da CRTVG. En colaboración coa Secretaría Xeral de Medios e da Facultade, un centenar de rapaces asistirán a unha sesión de xogos, música e charlas que se celebrará durante toda a mañá do martes, día cinco no Visionado 1.


Beca Fulbright de ampliación de Estudos Artísticos e Xestión Cultural nos EEUU
29/4/2010. Becas adicadas a contribuir na formación dos españois que desexen ampliar estudos (Artes Audiovisuais, Escénicas, Plásticas e Visuais, Música, Museoloxía, Xestión Cultural) en universidades e centros especializados dos EEUU. As becas terán unha duración de 6 a 12 meses durante o verán ou outono de 2011 ata o outono do 2012. O prazo de presentación da solicitude electrónica rematará o 24 de maio de 2010. Máis información na páxina web http://www.fulbright.es


II Encontro Internacional de CIMA
29/4/2010. A Asociación de Mulleres Cineastas e dos Medios Audiovisuais (CIMA) realizan este segundo encontro baixo o título "As mulleres del audiovisual europeo". O evento terá lugar no Centro Galego de Arte Contemporáneo (Rúa Valle Inclán, s/n, Santiago de Compostela) do 5 ó 7 de maio. Entre os obxectivos principais, atópase elaborar unha 'carta de compostela', documento fundacional da rede de mulleres europeas do cinema e da televisión. Máis información en http://www.cimamujerescineastas.es


I Xornadas da Mocidade Galega
29/4/2010. Xornadas na que se analizará a realidade e proxección de Galicia no novo contexto da postglobalización con concertos, charlas, conferencias, teatro, poesía, lecer, música... Conta con 1 crédito de libre configuración e diploma de asistencia. As xornadas terán lugar no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación do 6 ao 8 de maio. O prazo para matricularse é ata o 5 de maio, de balde. Para contactar, chama ó 669712591 ou consulta www.msgalega.org


Seminario sobre Estética
28/4/2010. Baixo o título "A urxencia do Discurso", o Centro Galego de Arte Contemporánea (Rúa Valle Inclán, s/n, Santiago de Compostela), organiza este seminario que se centrará no pensamento estético como intre decisivo na cartografía da recepción da arte contemporánea. O seminario celebrase os días 29-30 de abril e 6-7 de maio a partir das 19:00H cada día. A matrícula é de 20€. O primeiro día da actividade entregarase un formulario de pagamento co que poderán efectuar o ingreso correspondente nas entidadades bancarias indicadas.


Ábrese a convocatoria de prácticas xullo-setembro 2010
26/4/2010. O prazo de presentación de solicitudes para o alumnado vai do 26 de abril ao 7 de maio (ámbolos dous incluídos)


A AGADIC convoca as axudas para a promoción da nova creación audiovisual por un importe de 300.000 €
25/4/2010. A Axencia Galega das Industrias Culturais fai pública a convocatoria de axudas para o desenvolvemento e promoción do talento visual galego. As axudas destínanse a catro modalidades: escrita de guións individuais para longametraxes de ficción, documentais ou películas para TV; curtametraxes en soporte dixital de ficción, animación ou documentais gravados en versión orixinal galega; longametraxes en soporte dixital e de baixo orzamento que se consideren de difícil financiamento; e curtametraxes experimentais de decidido contido artístico e cultural. O prazo de presentación de solicitudes queda aberto ata o 24 de maio. Consulta a convocatoria completa a no seguinte enlace.


A Facultade acolle unha xornada do Curso de Cultura Contemporánea Galega
25/4/2010. O Curso de Cultura Contemporánea Galega está organizado pola Asociación Galega da Lingua, e celebrarase en varias sedes ao longo de toda a semana. O xoves, a partir das 18h. os asistentes celebrarán as súas sesións no Auditorio da Facultade. Máis información na páxina oficial do curso.


Curso de Vídeo Dixital
23/4/2010. ARTeria Noroeste (Rúa das Salvadas, 2ºA, Parque de Vista Alegre) organiza este curso impartido por Rubén García, centrado nos coñecementos básicos sobre o vídeo dixital e os sistemas de edición. O curso ten unha duración de 16 horas, distribuidas do 3 ó 6 de maio. Para máis información, envía un mail a gnieves@sgae.es ou chama ó 981 569 183


MasterClass de Joaquín Quirós en ARTeria Noroeste
23/4/2010. O director falará sobre o seu filme "Cenizas del cielo", considerada como a primera película medioambiental española, dentro do ciclo CINE POR DENTRO-DISECCIONANDO FILMES, organizado pola SGAE na súa sede (Rúa das Salvadas, 2ºA, Parque de Vista Alegre). A sesión comezará coa proxección do filme, seguida dunha Master Class impartida polo cineasta Joaquín Quirós, no que responderá ás preguntas dos participantes. A inscrición é gratuíta para os alumnos da Facultade, solicitándoa no Decanato con antelación.


Xornadas sobre subsidiariedade na UE
22/4/2010. O parlamento de Galicia acolle estas xornadas o día 3 de maio destinadas ó profesorado e alumnado interesado. A inscrición é gratuíta, aberta ata o día 29 de abril, enviando os datos básicos (nome,apelidos,teléfono) ó enderezo electrónico presidencia@parlamentodegalicia.es. Para consultar o programa completo, preme no seguinte enlace.


Acto público de elección das prazas de prácticas da convocatoria maio-outubro 2010
21/4/2010. O xoves 22 de abril ás 17:00 horas na Aula 1 os alumnos e alumnas que non teñen asignada praza mediante proba de selección poden escoller entre as prazas dispoñibles o seu destino de prácticas.


Os Comités Abertos da Facultade co-organizan as xornadas "O mundo na encrucillada; os desafios no século XXI"
19/4/2010. Os Comités de Económicas-ADE, Comunicación e Filoloxía da USC organizan as xornadas "O mundo na encrucillada; os desafíos no século XXI", onde se tratarán como eixos temáticos a economía, o xornalismo, a lingua e a identidade, e os movementos sociais, tanto en perspectiva de país como internacional. Entre os participantes estáran os xornalistas Martxelo Otamendi e Miguel Anxo Murado. Estas xornadas constarán de dúas partes; os días 19,20,21 e 22 desenvolveranse unha serie de palestras que terán lugar nas diversas Facultades do Campus Norte da USC, e os días 23,24 e 25 organizase unha visita ao Concello de Lobios e ao norte de Portugal. Máis información na páxina web oficial dos Comités.


Resultados das probas de selección da convocatoria de prácticas maio-outubro 2010
19/4/2010. Os alumnos e alumnas seleccionados teñen ata o 21 de abril para renunciar ás prazas asignadas


Xornadas Internacionais sobre os dereitos humanos, a economía e a comunicación
18/4/2010. AMARANTE Setem e a USC organizan estas xornadas centradas na reflexión sobre as dificultades para garantir os dereitos humanos laborais nun contexto de economía neoliberal globalizada. As Xornadas terán lugar no Auditorio da nosa Facultade do 23 ó 25 de abril. O prazo da matrícula (30€) estará aberto ata o 21 de abril. Para consultar o programa completo preme no seguinte enlace.


O Consello da Cultura Galega celebra unha nova edición de "Comunicar Cultura"
18/4/2010. As Xornadas “Comunicar cultura” están promovidas polo Arquivo da Comunicación do Consello da Cultura Galega e celebraranse os días 20, 21 e 29 de abril. O programa abordará o panorama e os desafíos do xornalismo cultural, as experiencias desde distintos medios e soportes da comunicación e na Rede en Galicia e as políticas culturais en Europa. Pódese consultar máis información no programa oficial do evento.


Bolsas de Apoio para as Aulas de Informática dos Centros
17/4/2010. A Área TIC da USC oferta estas bolsas (252€/mes durante nove meses) para o curso académico 2010/11 para cada centro, cubrindo as vacantes que xurdan así como as novas bolsas que se puideran crear neste período. Os requisitos dos solicitantes serán estar matriculado no presente curso académico 2009/10 como alumno de 1º ou 2º ciclo da USC. Os solicitantes serán sometidos a unha proba práctica, que puntuará xunto coa valoración de méritos. O prazo de presentación de solicitudes será do 3 ó 18 de maio na secretaría do centro onde se solicita. Máis información en http://www.usc.es/atic/rai.


Listado definitivo de alumnos admitidos á convocatoria de prácticas maio-outubro 2010
14/4/2010. A asignación de prazas realizarase entre o 14 e o 16 de abril (probas de selección) e o día 22 de abril para aquelas prazas sen proba.


Seminario "Xeración, Maduración e Avaliación de Ideas Empresariais"
14/4/2010. A Área de Emprego do Consello da Xuventude de Galicia, en colaboración con Bic Galicia, organiza este seminario que pretende ser unha ferramenta de formación para crear, analizar e avaliar unha idea empresarial. O evento terá lugar na Escola Galega de Administración Pública (R/Madrid, nº 2-4, Santiago de Compostela), os días 24, 31 de maio e 7 de xuño, en horario de 16:00h a 21:00h. A única característica para participar é ter motivación e predisposición para participar e iniciar un proceso de xeración e maduración de ideas. A inscrición é gratuíta, a través da páxina web, rematando o prazo o 9 de maio.


Congreso Internacional CONGENERE 2010
14/4/2010. Segunda edición deste congreso destinado a poñer en común diferentes perspectivas teóricas e empíricas sobre modelos, procesos e límites dos roles de xénero no discurso mediático. A edición deste ano, titulada "La construcción de género en la ficción televisiva", reflexionarase sobre os roles de xénero que conducen as narracións de ficción televisivas (telenovelas, telefilms, miniseries). O evento terá lugar o 30 de setembro e o 1 de outubro no Parque Científico e Tecnolóxico de Girona. Para consultar o programa e realizar a inscrición, preme no seguinte enlace


I Congreso "Lo que de verdad importa"
14/4/2010. ADEMÁS Proyectos Solidarios organiza este encontro con testemuños impactantes e inspiradores que pretenden que a xente moza sexa consciente das súas responsabilidades e da importancia dos valores. Os participantes serán Pablo Pineda, primer europeo con Síndrome de Down con título universitario e gañador da Concha de Plata a mellor actor no Festival de San Sebastián 2009, e Nando Parrado, un dos supervivientes do accidente aéreo nos Andes; entre outros convidados. O congreso celebrase o 27 de abril no Teatro Colón. Máis información na páxina web.


IV Concurso Lingua de Amor
14/4/2010. O Consello de Xuventude de Galicia (CXG), a través do Servizo de Normalización Lingüística, organiza este concurso de cancións e declaracións de amor en galego a través de Internet. O concurso ten dúas modalidades: declaracións de amor en galego a través da rede e cancións de amor en lingua galega. Para participar no concurso só hai que rexistrarse na páxina www.linguadeamor.eu. O prazo permanecerá aberto a ata o 28 de maio de 2010, e as votacións realizaranse do 29 de maio ata o 6 de xuño.


Tres estudantes da Facultade poderán obter unha bolsa para asistir ao Cartooon Masters 2010
12/4/2010. Coa colaboración do programa MEDIA da UE, este seminario ofrece información sobre os campos de desenvolvemento, financiación e distribución de traballos de animación. O evento conta coas ponencias de Carlos Fernández e Chelo Loureiro, membros de Continental Producións, entre outros. O seminario celebrarase en Santiago de Compostela do 20 ó 22 de abril, podendo acudir 3 alumnos e/ou 1 profesor da Facultade aboando 50€ en concepto de inscrición, o que lles da dereito acceder a todas as actividades (excluídas as comidas). Os interesados deben contactar con Decanato. Para máis información, consulta no seguinte enlace.


II Xornadas sobre Información e Xénero
12/4/2010. Baixo o título "A especialización dende a perspectiva de xénero", a segunda edición destas xornadas tratará o tema da especialización como unha das carencias máis notábeis do xornalismo actual. Dende hai décadas, as teorías feministas enchoupan todas as áreas de saber, dende as humanísticas e as ciencias sociais até as ciencias experimentais e técnicas. Falta conectar as súas achegas coas e cos profesionais da información. As xornadas teñen o recoñecemento de 1 crédito de libre configuración. A inscrición pode realizarse ata o 20 de abril, enviando os datos ó enderezo anabelen.rama@rai.usc.es. O prezo da matrícula é de 40€. Máis información sobre o programa neste enlace.


Curso "Xestión de equipos: liderazgo, motivación e traballo grupal"
12/4/2010. Este curso pretende transmitir a mellor maneira de conseguir equipos de traballo que rindan ó máximo, aproveitando o potencial de cada membro e cumprindo as metas persoais, grupais e persoais. O seminario terá lugar no Campus Sur da USC os días 3, 10, 13, 19, 20, 25-27, 31 de maio e 1 de xuño, nun horario de 16:30 a 19:30. O prazo da matrícula (75€) rematará o 26 de abril. Preme neste enlace para conseguir a ficha de inscrición.


XV Xornadas de Enfermaría en Lugo
11/4/2010. Xornadas, baixo o título "Continuidade e Intensidade dos Coidados", recoñecidas con 2 créditos de libre configuración. O evento terá lugar no Auditorio da Facultade de Veterinaria no Campus de Lugo durante os días 22 e 23 de abril. Para realizar a inscrición, enviar un mail ós enderezos eueldeca@usc.es ou colexio@enfermerialugo.org para solicitar os formularios antes do 15 de abril. O prezo da inscrición para os alumnos oscila entre os 35€ e 65€, dependendo da asistencia á cea de clausura.


Ciclo Novísimos cineastas italianos
11/4/2010. O Centro Galego de Artes da Imaxe (R/Durán Loriga, 10 baixo, A Coruña) acolle este ciclo sobre as operas primas de directores italianos hoxe consagrados, estreadas a partir de 2000 e inéditas en España. As obras corresponden a directores que se converteron en autores punteiros do renacido cinema italiano contemporáneo; producións de limitada exhibición. O luns 12 de abril proxectarase ás 20:30 Tornando a casa (2001) de Vicenzo Marra e o martes 13 Pater Familias (2002) de Francesco Patierno á mesma hora. Consulta a programación completa no seguinte enlace.


Listado provisional de admitidos e excluídos á convocatoria de prácticas maio-outubro 2010
9/4/2010. Os alumnos e alumnas poden presentar reclamacións a este listado entre o 9 e o 13 de abril no Decanato.


Aberto o prazo para que as empresas soliciten alumnas e alumnos en prácticas nos meses de verán
7/4/2010. As entidades que teñen asinado convenio de colaboración coa Facultade poden enviar as súas solicitudes ata o 23 de abril


Party&Co da Comunicación na Facultade
4/4/2010. A empresa Best Relations convida aos/as estudantes da Facultade a participar no xogo de mesa Party&Co. sobre Relacións Públicas, Comunicacións e Medios Sociais 2.0. A actividade serve para medir os coñecementos entre colegas de profesión dun xeito divertido. Ó acabar o evento, os participantes poderán levar un xogo desta marca. A actividade terá lugar o día 8 de abril no vestíbulo e unha charla na aula 3. Inscricións en http://facultadecomunicacion.org/xornadas e para máis información preme no seguinte enlace.


Listado provisional de alumnos da Facultade de CC. da Comunicación admitidos no Programa de Titores
3/4/2010. Faise pública a relación provisoria de alumnos admitidos e excluídos no "Programa de Formación de Titores e Orientadores Académicos" da USC, matriculados na primeira actividade "A USC como Servizo Público".


MasterClass de Alfonso Zarauza en ARTeria Noroeste
2/4/2010. O director falará sobre o seu filme "A noite que deixou de chover", película galega rodada en Compostela, dentro do ciclo CINE POR DENTRO-DISECCIONANDO FILMES, organizado pola SGAE na súa sede (Rúa das Salvadas, 2ºA, Parque de Vista Alegre). A sesión comezará coa proxección do filme, seguida dunha Master Class impartida polo cineasta Alfonso Zarauza, no que responderá ás preguntas dos participantes. A inscrición é gratuíta para os alumnos da Facultade, solicitándoa no Decanato con antelación.


III Festival Internacional de Animación Online Animacam
2/4/2010. O Festival Anicam chega a súa terceira edición coa intención de consolidarse como punto de encontro ente o público e os profesionais da animación e reproducir o que é o Camiño de Santiago. O Festival ábrese á participación do peregrinos, internautas, creadores e produtores de debuxos animados de todo o mundo a través das distintas seccións, así como a aportacións que axuden a aumentar a biblioteca, fonoteca e videoteca virtuais do Camiño de Santiago. Para acceder á páxina web, preme aquí.


II Edición Workonfest de Curtametraxes
1/4/2010. A UGT de Catalunya convoca este certame de curtametraxes e microcurtas de temática sociolaboral. A participación é gratuíta e cada participante poderá presentar un número ilimitado de obras sempre que cumpran os requisitos das bases. Entre as distintas categorías, os premios á mellor curtametraxe e mellor microcurta están dotados de 3.000€ cada un, existindo tamén o premio á mellor curta realizada por estudantes (1.000€) e premio do público (1.000€) a través de votacións na web do festival. Para consultar as bases, preme no seguinte enlace.


Ciclo de Cine 'Camiños do Audiovisual'
1/4/2010. A Aula Sociocultural Caixa Galicia (Carreira do Conde, nº 18) acolle en Santiago de Compostela este ciclo que, no marco do Ano Xacobeo, quere amosar unha imaxe diferente do Camiño, as tradicionais connotacións de espiritualidade e busca interior unidas ás de irmandade e descubrimento do mundo. O ciclo incorpora filmes como The Darjeeling Limited de Wes Anderson (20 de abril ás 20:30), proxectados tamén noutras cidades galegas. Para consultar a programación, preme no seguinte enlace.


Curso Historia e Estética do Cinema, Utilización Didáctica
28/3/2010. O Museo Pedagóxico de Galicia (Santiago de Compostela) acolle este curso que ten solicitado o recoñecemento de 1 crédito de libre configuración pola USC, UDC e UVI. As datas de celebración serán os días 6-7-8/13-14-15/21-22 e 27 de Abril de 2010; e o horario de 17:00 a 20:00. O curso estará a cargo de Manuel Dios, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz e Antonio Brea, socio do SGEP. O custe da matrícula é de 30€. Para realizar a inscrición, preme no seguinte enlace.


Seminario para a Motivación Emprendedora e a Difusión de Creación de Empresas
28/3/2010. O Consello da Xuventude en colaboración con BIC Galicia, organiza este Seminario de Motivación Emprendedora para promover e difundir como se xeran as ideas empresariais e romper os mitos sobre a figura da persoa emprendedora. O evento terá lugar na Escola Galega de Administración Pública (Rúa Madrid, nº2-4, Santiago de Compostela) o vindeiro 6 de maio de 16:00 a 19:30h. A inscrición é gratuíta a través da súa páxina web. A asistencia confirmarase por correo electrónico.


Remata o Ciclo de Cine Ousmane Sembène
28/3/2010. O Cineclube de Compostela e A Casa das Atochas na Coruña levan programando este ciclo sobre o director senegalés Ousmane Sembène, un dos nomes máis significativos do cine africano. O derradeiro filme, Ceddo (1977), será proxectado o mércores 31 de marzo ás 21:30h no Cineclube de Compostela (Santa Clara, nº 21, Santiago de Compostela). A película xira entorno o secuestro dunha princesa para examinar a contradición entre forzas culturais en loita polo golfo da Guiné: a expansión musulmá, o cristianismo e o tráfico de escravos.


Exposición Prensa (en)tendida da Asociación da Prensa de Santiago de Compostela
28/3/2010. A Asociación de Prensa de Santiago de Compostela organiza esta exposición que quere dar a coñecer ao público a gran cantidade e variedade de publicacións periódicas que se editan na cidade.


Horario da Facultade na Semana Santa
28/3/2010. Desde o día 29 de marzo ata o cinco de abril o horario da Facultade será de 9 a 21 horas en horario ininterrumpido.


A Facultade colabora nos "V Premios de Publicidade en Galego"
22/3/2010. Este concurso está destinado a alumnos da USC do presente curso. O traballo consistirá no deseño dunha mensaxe publicitaria (lema, memoria, material), dirixida á comunidade autónoma galega na lingua galega. O primeiro e segundo premio estarán recoñecidos cun diploma e 300€ e 200€, respectivamente. A participación poderá ser individual ou en grupo. Enviarase un sobre pechado cos datos e o traballo a “V Premios ‘Comunicándomos’, Comisión de Normalización Lingüística ADE/ CC. Da Comunicación” no decanato da Facultade. Para máis información, preme no seguinte enlace


Aguamarina Comunicación y Eventos busca xornalista con experiencia no campo da fotografía
22/3/2010. Os candidatos deben ter ademais coñecementos de InDesign e Office


Os estudantes da Facultade poderán participar nos X Encontros de Viana – Cinema e Video
20/3/2010. A sección Olhares Frontais ofrecerá un espazo de diálogo entre alumnos e profesionais na procura de novas fiestras sobre o audiovisual. A organización porá a disposición das Facultades e Escolas de Cinema aloxamento para os días 7 e 8 de maio nas Pousadas da Juventude de Viana do Castelo. Os alumnos interesados deberán poñerse en contacto co Decanato antes do 17 de abril, xa o número de prazas dispoñibles está limitado e as reservas serán efectuadas por orde de chegada.O ano pasado a facultade participara cunha mostra dos traballos dos estudantes e a presenza de varios profesores no xurado.


XV Xornadas do Día Mundial do Medioambiente
19/3/2010. O Grupo de investigación TERBIPROMAT organiza estas xornadas recoñecidas cun 1 crédito de libre configuración para todas as titulacións da USC. As xornadas terán lugar na Aula Magna da Facultade de Física, do 24 ó 28 de maio en horario de 12:00 a 13:00 e de 17:00 a 18:00


Curso “Tecnoloxía e Cooperación para o Desenvolvemento Humano”
19/3/2010. Enxeñería Sen Fronteiras Galicia coorganiza este curso xunto coa USC, recoñecido con 2 créditos de libre configuración. O evento terá lugar na Escola Ténica Superior de Enxeñería (Campus Sur) durantes os días 9-11 e 23-25 de abril. Máis información na páxina web


Ábrese a convocatoria de prácticas do período maio-outubro 2010
17/3/2010. As alumnas e alumnos interesados poden presentar as súas solicitudes no Decanato desde o 17 ao 31 de marzo


A empresa Eventos del Motor selecciona Licenciados en Xornalismo
17/3/2010. Ofrece un contrato en prácticas para traballar no departamento de comunicación


Dirty Dancing na Fonoteca
16/3/2010. O popular filme musical interpretado por Patrick Swayze estará dispoñible no ciclo dedicado ó xénero pola Fonoteca Universitaria. A proxección terá lugar na Facultade de CC. da Comunicación o xoves 18 ás 18:00.


Conferencia Internacional Avanca Cinema
15/3/2010. A cidade portuguesa de Avanca acollerá esta conferencia que reunirá perspectivas, singularidades e referencias históricas do mundo da investigación e o desenvolvemento no cinema como arte, tecnoloxía e comunicación. O Comité Organizador convida a todos os investigadores das áreas de desenvolvemente que se acheguen o cine a propoñer a súa comunicación. A proposta de resumos deberá facerse ata o 23 de abril enviando un resumo en inglés de ata 250 palabras ó enderezo conferencia.avanca@gmail.com. Máis información sobre o resumo, despois do salto.


Premio Literario Relatos de Cine
14/3/2010. O Festival de Cine de Huesca convoca este premio no que poden participar todos os autores que o desexen. Os traballos terán que ser orixinais e inéditos, escritos en español ou inglés. O tema tratado será o cinema (o seu mundo, entorno, personaxes, circunstancias...). A extensión non excederá de 31 liñas en DIN A4 mecanografiadas a dobre espazo. O concurso conta cun premio único de 1000€. Para participar, enviar o relato xunto cos datos persoais ó mail info@huesca-filmfestival.com ou catro orixinais á dirección postal: Festival de Cine de Huesca, c/ Parque, nº1, 2º CP 22002 Huesca (España), facendo constar no sobre "Para el Concurso Internacional Relatos de Cine".


XVI Festival Ibérico de Cinema
14/3/2010. Última semana para a participación no XVI Festival Ibérico de Cinema en Badajoz. O concurso está aberto a todos os traballos audiovisuais españois e portugueses dos anos 2009 e 2010 que non excedan os 45 minutos. Os premios están dotados desde 6000€ ata 2000€ O envío das inscricións (DVD, 3 imaxes da curta e ficha de inscrición) debe realizarse antes do 18 de marzo á oficina do Festival: TRAGALUZ, C/ Muñoz Torrero, nº22, CP. 06001, Badajoz. Posteriormente, as películas seleccionadas deberán enviar unha copia en 35 mm antes do 23 de abril á oficina do Festival. Para consultar as bases e obter a ficha de inscrición, preme no seguinte enlace.


Técnicas Avanzadas de Edición
14/3/2010. O CLAG impartirá no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (Santiago de Compostela) durante os días 16,17 e 18 de marzo un curso especializado en Técnicas Avanzadas de Edición. As clases serán impartidas por Jesús Díaz-Villadóniga (editor freelance e formador en sistemas de edición Avid) de 16:00 a 20:00 horas. As inscricións poden realizarse a través da web www.cnt.xunta.es. Para obter máis información, envía un mail informes@clag.es


O vindeiro venres celébrase o Seminario "Galicia en NO-DO" na Facultade
9/3/2010. A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle este seminario organizado por un equipo interdisciplinar, dirixido polo profesor José Luis Castro de Paz, encargado do Proxecto de Investigación "Galicia en NO-DO: Comunicación, cultura e sociedade (1942-1981)". O evento comezará ás 10:45 e contará con conferencias de Julio Pérez Perucha (Presidente da Asociación Española de Historiadores do Cine) e Alfonso del Amo (Responsable de Investigación de Fondos Fílmicos de Filmoteca Española), entre outros. Para inscribirse, chamar ó 881 881 260 ou enviar un email cos datos persoais ó enderezo difusion@cgai.org


Obradoiro de Radio na Facultade
7/3/2010. A actividade está recoñecida con 1 crédito de libre configuración, sendo impartida por Miguel Túñez e José Soengas. O obradoiro está distribuido en tres quendas dun máximo de 15 alumnos, tendo lugar do 5 ó 26 de marzo, do 6 de abril ó 5 de maio e do 6 de maio ó 5 de xuño na Facultade de CC da Comunicación. Para poder contactar cos responsables do obradoiro, acudir ó despacho 25 da nosa facultade ou chamar ó teléfono 981 563 100 - Extensión 16547. As prazas da primeira quenda xa foron cubertas completamente.


Presentación do libro Fernando Fernán-Gómez de José Luis Castro de Paz
5/3/2010. José Luis Castro de Paz, Vicedecano da Facultade de CC da Comunicación da USC, presenta o seu libro Fernando Fernán-Gómez, editado por Cátedra dentro da Colección Cineastas. O evento terá lugar o sábado 13 de marzo ás 20:30h na sala de proxección do Centro Galego de Artes da Imaxe (Rúa Durán Loriga, 10 baixo, A Coruña). A presentación do libro contará coa presenza do presidente da Asociación Española de Historiadores do Cine (AEHC), Julio Pérez Perucha, e o profesor da Universidade de A Coruña José Ramón Garitaonaindía de Vera. Trala presentación, será proxectado o filme El mundo sigue (1963), dirixido por Fernando Fernán-Gómez.


Proxección de Que culpa ten o tomate?
4/3/2010. O Teatro Principal (Rúa Nova, 21) acollerá a proxección do documental de creación Que culpa ten o tomate? o luns 8 de marzo ás 20:30. A longametraxe documental conta coa participación de Jorge Coira xunto con sete directores iberoamericanos (Alejo Hoijman, Carolina Navas, Paola Vieira, entre outros), que a través dos mercados populares dos seus países de orixe ensinan as diferentes culturas e formas de vida. A parte do filme dirixida por Jorge Coira se achega á praza de Abastos en Santiago de Compostela.


Dous World Press Photo e un Pulizter participan nunha xornada sobre fotoxornalismo na Facultade
3/3/2010. O Colexio de Xornalistas de Galicia, en colaboración coa Facultade de Ciencias da Comunicación, organizan unha xornada na que tres fotoxornalistas poderán compartir unha sesión de debate con estudantes da Facultade. Os fotoxornalistas son o galego Miguel Riopa, premio World Press Photo; Emilio Morenatti, tamén premiado polo World Press Photo; e Javier Baulu, Premio Pulizter. O acto celebrarase o día 3 de marzo ás 10h na Facultade. É necesaria a inscripción xa que as prazas son limitadas. A inscrición realizarase on-line aquí


WebSeries Festival de Nikodemo.tv
1/3/2010. Nikodemo.tv presenta o primeiro concurso de episodios piloto de series web. O concurso nace co propósito de atopar novos talentos e confirmar Internet como medio lexítimo de distribución de contido audiovisual de calidad. O prazo de inscripción rematará o 16 de maio, aínda que é recomendable enviar os episodios piloto o antes posible para obter máis valoracións. O primeiro premio está dotado con 6.000€, un hosting de doce meses da serie e un pack de produtos Blu:sens. O xurado que valorará ós finalistas estará composto por Isabel Coixet, Joaquín Reyes e Nacho Vigalondo, entre outros. Máis información na web do concurso.


Vtelevisión busca operador de cámara para contrato en prácticas
28/2/2010. A nova canle TDT da Corporación Voz de Galicia, Vtelevisión, que comezará as súas emisións en abril, oferta contrato en prácticas para titulados interesados en traballar como operador de cámara. O requisito fundamental é ter rematados os estudos correspondentes. A duración do contrato será comunicada unha vez finalizado o proceso de selección. A recepción de currículums rematará o venres 26 de febreiro ás 15:00h debido á proximidade do comezo das emisións. O enderezo electrónico para o envío dos mesmos é ana.lorenzo@vtelevision.es


Convocatoria de prazas de Titores e Orientadores para Alumnos do Primeiro Curso
27/2/2010. O programa do curso, recoñecido cun máximo de 6 créditos de libre elección, consta de dúas actividades: o curso teórico A USC como Servizo Público e a labor de tutoría no programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC. Para poder participar, os alumnos deberán ter superado como mínimo o 50% dos créditos obrigatorios e troncais e estar matriculados no penúltimo curso. As solicitudes presentaranse no Decanato da Facultade no prazo do 23 de febreiro ata o 1 de marzo.


Premio PrimeirOlhar para documentais
26/2/2010. Dentro dos X Encontros de Viana (2-9 maio 2010), cos que colabora a Facultade, esta nova edición incorpora una nova sección competitiva destinada a promover o documentarismo: o Premio PrimeirOlhar (1000€), o Premio PrimeirOlhar/Cineclubes (1000€), atribuido pola Federação Portuguesa e pola Federação Galega de Cineclubes, e o Premio PrimeirOlhar/IPJ ó mellor documental realizado por alumnos das escolas de cine, de audiovisuais ou cursos na área da Comunicación, de Portugal e de Galicia. A ficha de inscrición e as bases atópanse dispoñibles na web.


Certame do Vídeo Europeo Espírito de Empresa 2010
25/2/2010. A Comisión Europea organiza este concurso de curtametraxes que amosen que é o espírito de empresa, a vocación empresarial e o que podería ofrecer unha nova visión empresarial. O concurso consta de tres categorías que premiarán os tres primeiros de cada sección con 3.333€, 2.222€ e 1.111€ respectivamente. Entre os participantes que non gañen, cinco deles recibirán 555€. Estes premios estarán reservados a persoas de 25 anos ou menores. A data límite para participar será o 9 de abril. Para máis información consultar na web.


VII Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito
25/2/2010. O Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela Curtocircuito celebrará a súa sétima edición entre o 23 e o 30 de maio. Como en edicións anteriores o festival contará cunha serie de actividades paralelas como as proxeccións Na Rúa, un concurso de guións, ou obradoiros e mesas redondas con persoeiros do mundo audiovisual. Os interesados en participar nesta edición de Curtocircuito teñen de prazo até o 5 de marzo para inscribir as súas curtametraxes nas diferentes seccións (Internacional, España e Galicia) ademais da categoría Explora!, onde teñen cabida as curtas máis vangardistas e transgresoras. As inscricións fanse a través do seguinte enlace.


MasterClass de Imanol Uribe en ARTeria Noroeste
23/2/2010. O director falará sobre o seu filme "Días contados" dentro do ciclo CINE POR DENTRO-DISECCIONANDO FILMES, organizado pola SGAE na súa sede (Rúa das Salvadas, 2ºA, Parque de Vista Alegre). A sesión comezará coa proxección do filme, seguida dunha Master Class impartida polo cineasta Imanol Uribe, no que responderá ás preguntas dos participantes. A inscrición é gratuíta para os alumnos da Facultade, solicitándoa no Decanato antes do 14 de marzo.


Concurso de Curtametraxes no C.M. Fonseca
23/2/2010. O Colexio Maior de Fonseca acollerá o vindeiro martes 6 de abril no seu Salón de Actos un Concurso de Curtametraxes. Para poder participar, é necesario que a curta teña unha duración máxima de cinco minutos, en soporte DVD, para ser entregada na portería cun pseudónimo dentro dun sobre pechado que conteña os datos do participante. Os traballos que sexan realizados nun idioma que non sexa galego ou castelán deberán estar subtitulados. O premio será entregado trala proxección das mellores curtas. En caso de baixa participación, a Bolsa Sociocultural da USC resérvase o dereito de declarar deserto o certame.


Xornadas sobre a TVIP e VOD
21/2/2010. e-Television (spin off da Complutense e o Grupo Complutense IPTV) organiza estas xornadas baixo o título “La Televisión por Internet (TVIP y VOD: Compartir, Comunicar, Educar)”, destinadas principalmente a Investigadores e Profesores universitarios. As xornadas terán lugar na Facultade de CC. Da Información da Universidade Complutense de Madrid. A directora destas é a Dra. Loreto Corredoira (loretoc@ccinf.ucm.es). Para obter máis información, premer no seguinte enlace.


Festival de Animación MONSTRA 2010
21/2/2010. Esta festival divulga a mellor animación mundial. Neste ano, a edición está dedicada ás curtametraxes e contará cun homenaxe ó dúo animado Tom e Jerry. O festival celebrarase en Lisboa do 11 ó 21 de marzo, en distintos lugares da cidade (Cinema Sâo Jorge, Teatro Meridional…). Os interesados para traballar como voluntario neste festival deberán enviar un mail cos seus datos e dispoñibilidade ó enderezo producao@monstrafestival.com. Para obter máis información, consultar na páxina oficial do Festival.


Ciclo de Cine Cidades españolas Patrimonio da Humanidade
21/2/2010. Esta semana comeza o ciclo de cine dedicado ao grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España, no que cada proxección é dun filme rodado nunha desas cidades. As proxeccións terán lugar no Teatro Principal (Rúa Nova, nº21). Os primeiros filmes proxectados serán Emilia...parada e fonda de Angelino Fons (22 de febreiro ás 20:00), Carmen de Vicente Aranda (23 de febreiro ás 20:00) e Flesh and Blood de Paul Verhoeven (23 de febreiro ás 22:00).


Harold Lloyd e chocolate con churros
21/2/2010. O Bar Ultramarinos (Casas Reais, nº 34) continúa coa súa peculiar iniciativa de ofrecer visionados de películas acompañados coa consumición de chocolate con churros. Nesta ocasión, durante o mes de febreiro, proxectaranse os domingos ás 19:30 títulos emblemáticos de cine mudo con Harold Lloyd.


"Televisión y educación: Idoneidad de la Programación Infantil"
21/2/2010. A Fundación María José Jove (C/Galileo Galilei, 4A, Edificio Workcenter na Coruña) continúa co seu Foro Temático Televisión e Educación. O vindeiro sábado 27 de febreiro terá lugar ás 12:00 este debate que conta coa participación de Víctor M. López, CEO de Vodka Capital e exsocio de Zinkia (Pocoyó). O moderador será Xosé Ramón Gallego, director do programa da TVG "Preescolar na Casa" e se habilitará un taller infantil paralelo para nenos de 4 a 12 anos.


XXV Encontros de Educación para a Paz
16/2/2010. A Facultade de Ciencias da Comunicación acollerá do 11 ó 13 de marzo este evento centrado nos "Dereitos e responsabilidades de nenas, nenos e adolescentes". A matrícula (30€), pode realizarse directamente na páxina web ou a través do teléfono 981 561 956. Os Encontros contarán con obradoiros e experiencias de Amnistía Internacional, UNICEF, de Cinema, Maxia, Xogos Cooperativos, e actuacións musicais. Este evento está dirixido ó alumnado das universidades, preferentemente, futuros docentes, e a ensinantes en activo.


Curso de Formación contínua sobre xornalismo deportivo
16/2/2010. O profesor Luis Álvarez Pousa dirixe esta nova edición do Curso de Formación contínua en Xornalismo especializado. Este ano, dedicado ao xornalismo deportivo, participarán reputados profesores e profesionais do xornalismo deportivo,coma o profesor Miquel de Moragas ou os xornalistas Jesús Álvarez ou José Ángel de la Casa. Pódese atopar máis información nos teléfonos 981 563100 (Ext. 16566)/669972325/669712591 ou no correo electrónico gvmseixon@yajoo.es


X Edición do Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC
15/2/2010. A USC organiza unha nova edición deste concurso co fin de premiar a emprendedores que presenten proxectos de empresa emprendedores, con premios dotados de 7.000€ ata 2.000€. Para participar será necesario presentar un memoria descritiva do proxecto empresarial en calquera dos seguintes rexistros da USC: Rexistro do Centro de Innovación e Transferencia de Tecnoloxía (Edificio CACTUS, Campus Sur, Santiago de Compostela), Rexistro da Reitoría (Pazo de San Xerome, Praza do Obradoiro) e Rexistro dos Servizos Centrais do Campus de Lugo (Edificio Biblioteca Intercentros. Lugo); coa posibilidade de remitilo por correo certificado. Para consultar as bases, preme no seguinte enlace.


Para ver online: A xanela
14/2/2010. Documental realizado por Daria Shornikova, unha rapaza rusa que pasou parte do verán de 2009 en Compostela aprendendo galego. Este filme-impresión de pouco máis sesenta minutos resulta un calidoscopio das historias, palabras e sentimentos que atopou aquí: nenos, estudantes, profesores, escritores, mariñeiros, peregrinos...A través da Xanela ofrece a súa propia visión sobre a lingua galega.


III Xornadas de Formación e Mostra Audiovisual LAV 010
10/2/2010. O Concello de Vedra celebra durante o mes de febreiro as III Xornadas do Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV 010), organizadas pola Asociación "Senunpeso producións". Estas xornadas constarán de dúas liñas de actividades: mostra de curtametraxes e obradoiros de formación audiovisual. Os actos celebraranse durante os días 20 e 21 e do 26 ó 28 de febreiro. Para máis información, chamar ós teléfonos 656964519 ou 647451649, ou consultar no seguinte enlace.


O cineasta Jem Cohen impartirá unha MasterClass no CGAI
8/2/2010. O cineasta estadounidense Jem Cohen impartirá o vindeiro xoves 18 unha MasterClass no Centro Galego de Artes da Imaxe (R/ Durán Loriga, 10 baixo, A Coruña). A clase comezará ás 17:00h e terá unha duración de dúas horas. O tema abordado polo cineasta será sobre o documental como unha forza lírica, ilustrando o debato con curtas e extractos das películas urbanas de Cohen e filmes musicais ('NYC Weights and Measures', 'Instrument', 'Night Scene New York').


"Ao pé do lar", primeira exposición comisariada polo profesor Manuel Gago
8/2/2010. "Ao pé do lar" é a mostra inaugurada o pasado venres e que utiliza a cociña como eixe central dunha completa visión da historia de Galicia, desde a idade de ferro ata a actualidade. Esta é a primeira gran mostra na que Manuel Gago, profesor da Facultade, asume a responsabilidade de comisario. Poderase gozar ata o 7 de marzo no Museo do Pobo Galego.


"Ao pé do lar", primeira exposición comisariada polo profesor Manuel Gago
8/2/2010. "Ao pé do lar" é a mostra inaugurada o pasado venres e que utiliza a cociña como eixe central dunha completa visión da historia de Galicia, desde a idade de ferro ata a actualidade. Esta é a primeira gran mostra na que Manuel Gago, profesor da Facultade, asume a responsabilidade de comisario. Poderase gozar ata o 7 de marzo no Museo do Pobo Galego.


Foro María José Jove 2010
7/2/2010. A Fundación María José Jove presenta a cuarta edición do seu Foro, un lugar de encontro para pais e fillos onde se tratarán temas de actualidade. O evento terá como ponentes a Víctor López, cocreador da serie infantil 'Pocoyó' (27 de febreiro), Rosa María Calaf, corresponsal de TVE (8 de maio) e Hilario Pino, xornalista (20 de novembro), entre outros. O foro terá lugar na Fundación María José Jove (R/Galileo Galilei, Edificio WorkCenter, 4ºA, A Coruña). Para realizar a inscrición, chamar ó 981 160 265 ou a través da páxina web.


Curso "Ténicas de Comunicación Verbal"
7/2/2010. ITE Caixa Galicia (Ronda de Nelle, nº 31, A Coruña) realiza este curso destinado a mellorar ás habilidades necesarias para falar en público. As clases serán impartidas por D. Francisco Javier López Navarrete, Presidente do Instituto Europeo de Protocolo e Comunicación. O custo da matrícula é de 240€, con descontos para entidades colaboradoras. A introdución teórica será o 25 de febreiro de 16:30 a 20:30h e a Práctica Role Play o 26 de febreiro en dous grupos repartidos en horario de mañá e tarde. Para máis información, enviar un mail ó enderezo info@itecaixagalicia.com ou chamar ó número 902 003 200.


Premio de Xornalismo "Xosé Aurelio Carracedo"
7/2/2010. A Deputación Provincial de Ourense convoca este premio ó que poderán optar todos os profesionais ou colaboradores habituais que exerzan o seu labor en medios de comunicación escritos ou audiovisuais. Os premios están dotados ata 5.000€ e 3.000€ o segundo. Para consultar as bases, premer no seguinte enlace (Certames > X.A. Carracedo).


Via Factory Media oferta un contrato en prácticas de redactora/editora web
2/2/2010. A empresa viguesa busca un perfil de xornalista multimedia familiarizada con internet, as redes sociais e a xestión de contidos online.


A doutoranda Carmen Costa defende a súa tese de doutoramento sobre a comunicación hospitalaria
31/1/2010. Carmen Costa defenderá o seu traballo titulado "A comunicación hospitalaria en Galicia. Bases para unha comunicación orientada ao usuario hospitalizado", dirixida polo profesor Miguel Túñez López. O tribunal estará presidido por Xosé López García e formado polas profesoras Rosario de Mateo, Yolanda Martínez e Montserrat Quesada. O profesor Francisco Campos actuará como secretario. O acto celebrarase no visionado 1 da Facultade.


O profesor José Luis Castro de Paz publica “Ramón Barreiro. Humor, parodia e modernidade”
30/1/2010. O libro presentouse o pasado venres na sede do Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI), situada na Coruña. No acto, ademais dos coordinadores da obra, tamén participaron os fillos do cineasta, escritor e profesional da radio e TV, e proxectáronse os filmes “Recibimiento de Vigo al Presidente de la República” (1934) e “El sobrino de don Buffalo Bill”.


A Facultade acolle dous eventos durante a vindeira semana da Editorial Santillana e dos laboratorios farmacéutivos Pfizer
30/1/2010. A Facultade de Ciencias da Comunicación será a sede durante toda esta semana de dous eventos organizados, respectivamente, pola editorial Santillana e polos laboratorios farmacéuticos Pfizer. Estas actividades desenvolveranse fundamentalmente no Auditorio da Facultade e congregarán a máis de cincocentas persoas.


EuFalo.TV, documental colaborativo sobre a lingua galega
28/1/2010. EuFalo.TV é unha iniciativa documental que pretende crear unha historia colectiva sobre a lingua galega dende o punto de vista dos seus falantes, polo que precisa da colaboración dos internautas. O proxecto conta co traballo da empresa A Navalla Suíza e un equipo de colaboradores formado por Noa García, Manu Mayo, Belén Regueira, entre outros. Para poder enviar os vídeos e formar parte do proxecto, é necesario enviar un correo ó enderezo info@eufalo.tv para recibir instruccións precisas de como envialo.


Ciclo de Cinema "Coñecer para Cambiar" en Compostela
27/1/2010. Os grupos comarcais de Amarante e Verdegaia en Compostela desenvolven este ciclo todos os xoves ata ó 11 de marzo ás 20:30 h no seu local social (Avenida Romero Donallo, nº17 - Santiago de Compostela). Con esta actividade estas organizacións pretenden abrir un espazo para a reflexión sobre as diferentes problemáticas sociais e ambientais (consumismo, desigualdades entre países do Norte e do Sur, deslocalización..) empregando a linguaxe audiovisual como vehículo de achegamento. Podes consultar o programa no seguinte enlace.


Ciclo "Londres no cinema"
26/1/2010. A Fundación Caixa Galicia continúa durante o mes de febreiro o ciclo titulado "Londres no cinema", que reúne oito filmes ambientados na capital británica. As proxeccións serán ás 20:00, sempre en versión orixinal subtitulada. O 2 de febreiro terá lugar a proxección de "Alfie" do director Charles Shyer, o 23 de febreiro "Secrets and Lies" de Mike Leigh e durante o mes de marzo están programados os filmes "Blow-Up" de Michelangelo Antonioni, "Closer" de Mike Nichols e "Match Point" de Woody Allen. As proxección terán lugar na Aula Sociocultural Caixa Galicia (R/ Carreira do Conde, nº18 - Santiago de Compostela).


José Sixto, bolseiro María Barbeito na Facultade, presenta o seu segundo poemario
23/1/2010. Sixto é un exalumno de xornalismo que na actualidade disfruta dunha bolsa María Barbeito na Facultade. Baixo o título "Peitos e tetas nas noticias do domingo", pretende facer unha poesía do cotiá que fala dos feitos diarios que marcan a vida.


Cursos de Formación Audiovisual para profesionais do sector en activo
20/1/2010. O Clúster do Audiovisual Galego vai desenvolver este proxecto baseado en cinco cursos de formación audiovisual. O curso pertence ó Plan Avanza, polo que é gratuíto e está destinado a profesionais en activo. Para inscribirse, a través do link http://cntg.xunta.es/web/cnt/formacion accédese á sección Formación do menú Actividades, e dentro do apartado "Deseño gráfico, programación multimedia e contornas audiovisuais" aparece o listado cos cursos correspondentes con información detallada sobre cada un deles.


Premio Nuevo Periodismo CEMEX+FNPI
20/1/2010. A Fundación Nuevo Periodismo Iberoamericano convoca este concurso con diversas modalidades, entre as que destacan as de texto e fotografía, premiadas cada un delas con 25,000$. Os traballos que concursen deberán estar publicados entre o 1 de xaneiro de 2008 e 31 de decembro de 2009. Para consultar todas as bases, preme no seguinte enlace.


International Day de Santiago
20/1/2010. A USC realiza esta xornada que permite ós alumnos dos Centros obter información directa dos destinos que esta Universidade ofrece para realizar estadías noutros países. O International Day conta coa participación de alumnos estranxeiros para dar a coñecer os seus países e universidades de procedencia: Turquía, Filipinas, Kirguizistán, Uzbekistán, Alemaña, Bangladesh, Francia, Brasil, Italia, Tayikistán, Perú, Polonia, Grecia, Lituania, Portugal, Xapón... Este evento terá lugar na Facultade de Xeografía e Historia do Campus de Santiago.


Convocatoria Premios de Investigación 2010
20/1/2010. A Real Academia Galega de Ciencias convoca os Premios de Investigación correspondentes ó ano 2010, co obxecto de promover a investigación e o desenvolvemento nas áreas de coñecemento integradas na Academia.


Becas Fulbright de Ampliación de Estudos
20/1/2010. A Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América convoca de 20 a 25 becas Fulbright destinadas a titulados superiores que estean interesados en programas de Master, Ph.D. ou, excepcionalmente, en proxectos de investigación predoctoral nunha universidade estadounidense durante o curso académico 2011-2012. A data límite para a presentación de solicitudes é o 8 de marzo de 2010. Para obter máis información, preme no seguinte enlace, ou realizar unha chamada ó número 91-319-1126 ou o 91-702-7000.


Proxección das curtas dos Premios Gaudí en ARTeria Noroeste
19/1/2010. ARTeria Noroeste organiza a proxección das curtametraxes catalanas que participan na II edición dos Premios Gaudí que se celebrará o 1 de febreiro en Barcelona. As curtas serán exhibidas desde o luns 25 de xaneiro ata o domingo 31, tendo lugar a proxección ás 20:00 horas en ARTeria Noroeste (Rúa das Salvadas, 2. Parque de Vista Alegre - Santiago de Compostela).


Presentación do libro “Alfredo Vicenti: vida y obra de un gran periodista” de Baldomero Cores
17/1/2010. O autor presenta esta obra publicada polas Asociacións da Prensa de Santiago, A Coruña e Madrid, esta última fundada polo propio Vicenti. O acto terá lugar no Auditorio da Facultade de CC. da Comunicación o mércores 20 de xaneiro.


Reunión informativa sobre o programa de mobilidade Erasmus
16/1/2010. A Facultade de Ciencias da Comunicación realizará unha charla para aqueles membros universitarios interesados no programa de mobilidade Erasmus. A reunión terá lugar o luns 18 de xaneiro ás 13:30 h na Aula 4.


Ciclo Rafael Azcona no Teatro Principal
14/1/2010.

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas continúa o seu ciclo sobre Rafael Azcona, proxectando diversos filmes no Teatro Principal (Rúa Nova, nº 21) ás 20:00 h. O ciclo remata o venres 15, chegando a proxectar ata cinco películas do guionista, amosando as súas diversas facetas dentro dos distintos xéneros cinematográficos nos que participou.

Martes 12 de xaneiro: "La gran comilona" de M. Ferreri

Mércores 13 de xaneiro: "El bosque animado" de J.L. Cuerda

Xoves 14 de xaneiro: "A lingua das bolboretas" de J.L. Cuerda

Venres 15 de xaneiro: "El verdugo" de J.L. García Berlanga




Global Intern 2010
14/1/2010. EF Education First, organización mundial de educación internacional, patrocina este concurso destinado a estudantes coa finalidade de realizar prácticas internacionais durante tres meses. O gañador do concurso, aberto a alumnos de calquera nacionalidade maiores de 18 anos, recibirá unhas prácticas cunha duración de tres meses, podendo escoller entre tres continentes, con todas as viaxes, aloxamentos e dietas a cargo da compañía.


VIII Edición do Festival Jameson Notodofilmfest
13/1/2010. Últimos días para o envío de material nun dos concursos máis populares de Internet. Este Festival ten unha ampla variedade de categorías e premios, que van desde curtametraxes de tan só trinta segundos de duración ata tres minutos e medio. O prazo de participación remata o vindeiro 19 de xaneiro ás 12:00h. Para consultar as bases, visita aquí


XXVI Concurso de Contos "Villa de Mazarrón"
12/1/2010. O concello de Mazarrón (Murcia) e a Universidade Popular de Mazarrón, convocan este concurso coa intención de apoiar a creatividade literaria dos escritores en lingua castelá. Os requisitos indispensables para participar serán a escrita de contos inéditos en castelán, cunha extensión máxima de oito folios. O primeiro premio está dotado con 3.600€. Para participar, consulta as bases na web.


Coñecidos actores galegos actuarán nunha práctica da Facultade
16/12/2009. Xosé Manuel Olveira ‘Pico’, Xabier Deive, Ricardo de Barreiro e Camila Bossa participarán na representación dunha escea na materia de Dirección e Interpretación (4º CAV), impartida polo tamén actor Antonio Mourelos, e despois comentarán con alumnos todos os temas que xurdan. A práctica terá lugar no Plató 1 desde as 10:00 h ata as 12:00 h.


Estrea da longametraxe "La sinapsis del Códice"
14/12/2009. O director compostelán Pablo Iglesias presenta este filme sobre o Camiño de Santiago baseado nos textos do Códice Calixtino. O filme está interpretado pola actriz Sara Casasnovas e a modelo alemá Tessa Bergmeier. Pablo Iglesias xa dirixiu con anterioridade outras longametraxes, entre as que destaca "Pedro e o capitán". A proxección terá lugar na Aula Sociocultural Caixa Galicia (Carreira do Conde, nº 18, tel. 981 580 891) o 17 de decembro ás 23:30 h.


A Aula de Teatro USC interpreta "As Cuñadas"
14/12/2009. A representación teatral terá lugar no Salón Teatro (Rúa Nova, nº 34) o mércores 16 de decembro ás 21:00 h. As entradas serán de balde, podendo ser recollidas dúas horas antes no despacho de billetes. Trátase unha comedia ácida onde as cousas non son o que semellan, ou semellan ser outra cousa.


Estrea da curtametraxe Mamai Fedra
12/12/2009. Esta versión audiovisual do mito de Fedra, dirixida polo profesor Euloxio Ruibal e interpretada por Susana Dans e Clara Gayo, será proxectada o vindeiro martes 15 de decembro ás 12:00 h na aula de Visionado 1. A profesora Margarita Ledo será a encargada de realizar a presentación. O acto será aberto a todo o público.


A última Xunta de Facultade do ano celébrase o vindeiro venres
12/12/2009. A Xunta da Facultade de Ciencias da Comunicación reunirase o vindeiro venres ás 13.30h na Sala de Xuntas da Facultade. Esta será ademais a última sesión dos estudantes que non foron elixidos nas recentes eleccións celebradas o pasado día 3 de decembro. Unha vez rematada a sesión celebrarase un viño galego na cafetería do centro para todos os membros da comunidade universitaria da Facultade.


I Simposio Internacional Ecolingua 2009
11/12/2009. O Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA) organiza este evento recoñecido 1 crédito de libre configuración para alumnado da Universidade de Vigo. O simposio terá lugar no Centro Social Caixanova (Rúa Policarpo Sanz, nº 24, Vigo) durante os días 17, 18 e 19 de decembro. A inscrición de 20€ (15€ estudantes da USC, UDC e UVI) deberá realizarse a través da conta de Caixanova 2080–0151–12–0040029042, indicando nome, apelidos e a referencia “Ecolingua 2009” 



Chaplin e chocolate con churros
10/12/2009. O Bar Ultramarinos leva adiante esta peculiar iniciativa: a proxección de filmes de cine mudo do director Charles Chaplin, servindo ós clientes chocolate con churros. As proxeccións terán lugar os domingos 13, 20 e 27 de decembro ás 19:30 no Bar Ultramarinos (Casas Reais, nº 34, tel. 981 576 419).


XVII Premio Xornalístico Puro Cora
10/12/2009. O xornal El Progreso convoca este premio para artigos xornalísticos de firma en galego ou castelán, publicados por primeira vez entre o 2 de febreiro e o 15 de decembro de 2009, en medios de comunicación escritos (xornais ou revistas de calquera nacionalidade). O tema do artigo é libre, o xurado availará aqueles traballos que amosen unha máis alta consideración da solidaridade, da comprensión entre os homes e da defensa dos valores democráticos. Para participar, o autor remitirá ó xornal El Progreso (Rúa Puro Cora nº 3, C.P. 27002, Lugo) catro exemplares da publicación onde apareceu o traballo co que opta ó premio, xunto cun sobre onde consten os datos persoais. Cada autor poderá presentar ata tres artigos e prazo de admisión rematará o 30 de decembro de 2009.


A Fundación Galicia Europa anuncia a convocatoria de bolsas para 2010
9/12/2009. Seguindo co seu labor de formación en temas comunitarios, a FGE convoca tres modalidades de bolsas para 2010. Nesta edición destaca o lanzamento dunha bolsa específica para un licenciado en Ciencias da Comunicación (Xornalismo, CAV ou Publicidade) na oficina de Bruxelas, que terá como principal tarefa contribuír á información e difusión das actividades da FGE, da Xunta de Galicia e das empresas do sector público no ámbito europeo. Para máis información, preme neste enlace


Curso de Master Class ARTeria JAZZ 2010
9/12/2009. A SGAE organiza un ciclo de jazz cunha duración de 30 horas repartidas en 11 sesións-concerto e 3 Master Class cunha duración de dúas a catro horas cada unha delas. Neste curso danse cita os músicos máis sobranceiros do panorama jazzístico galego para amosar o seu traballo e inquedanzas. O ciclo, recoñecido con 1 crédito de libre configuración, terá lugar en ARTeria Noroeste (Rúa das Salvadas, 2ª, Parque de Vista Alegre). Para insribirse e obter máis información, enviar a solicitude ó mail gnieves@sgae.es


Premio europeo para novos xornalistas 2010
9/12/2009. A Comisión Europea organiza este concurso aberto a todos os novos xornalistas e aspirantes a xornalistas na prensa escrita, dixital e radio, de idades comprendidas entre os 17 e os 35 anos. Os traballos estarán centrados na ampliación da UE e deberán abordar o tema desde ángulos creativos e estimulantes. Para obter máis información e participar, preme no seguinte enlace.


Para ver online: Recompilación de vídeos de Comunicación Audiovisual da USC
8/12/2009. Vídeo que mostra diversos traballos e videocreacións realizados polos alumnos das licenciaturas de Comunicación Audiovisual da USC das promocións 2006/2010 e 2007/2011, para a súa promoción no I Foro de Marketing e Comercialización Audiovisual.


VI Congreso 'O camiño de Santiago: Ultreia et Suseia'
7/12/2009. O concello de Palas de Rei albergará a sexta edición desde congreso, que se desenvolverá durante os días 11, 12 e 13 de decembro. Este evento ten solicitado o recoñecemento de 1 crédito de libre configuración para todas as titulacións da USC. Os solicitantes do crédito deberán presentar unha memoria antes do día 24 de decembro de 2009. A cota de inscrición é de 30€ e a data límite o 9 de decembro. Para máis información, contactar a través dos teléfonos 982 380001 ou 982 380156.


Santiagosiete busca alumnos de Xornalismo para a elaboración dunha reportaxe
3/12/2009. O xornal gratuíto precisa estudantes de Xornalismo para a elaboración dunha reportaxe sobre tribos urbanas. Aqueles que queiras particpar neste proxecto de forma voluntaria deberán poñerse en contacto a través do mail redaccion@santiagosiete.es. No correo deberán indicar o nome das persoas que queiran escribir o artigo, a idea, a estrutura e as fontes que empregarían para a súa elaboración. A extensión da reportaxe está limitada a dúas páxinas. Entre os candidatos, Santiagosiete seleccionará un e o seu traballo será publicado no xornal no mes de xaneiro.


Máster en Profesorado de ESO, Bachalerato, FP e Ensino de Linguas
2/12/2009. Este título universitario oficial substitúe ó Curso de Adaptación Pedagóxica (CAP) e habilita para o exercizo das profesións de Profesor de ESO e Bachalerato, Formación Profesional e Ensino de Linguas. O máster conta cunha duración de 60 créditos ECTS. Para consultar a convocatoria, preme no seguinte enlace.


ELGA e os Comités debatirán sobre a situación na Facultade no marco das eleccións estudiantís
30/11/2009. Estudantes Liberais de Galicia e os Comités, dous dos catro grupos que se presentan ás eleccións de representantes de estudantes na Xunta de Facultade, celebrarán un debate o vindeiro luns, día 30, as 13h na aula 4. Neste debate falarase da situación da facultade, con especial atención a temas coma o da normalización lingüística do galego. O debate estará aberto a todos os membros da comunidade universitaria.


I Semana Galega de Cine Israelí
30/11/2009. A Asociación Galega de Amizade con Israel organiza en Vigo a primeira semana de cine israelí coa que quere dar a coñecer á sociedade galega unha parcela máis moderna da súa sociedade. Para iso se proxectarán nos cines Norte de Vigo entre os días 1 e 4 de decembro catro películas: «Caminar entre aguas», «Vals con Bashir», «Los limoneros» e «La banda nos visita». As películas arrancarán ás oito da tarde e a entrada será de balde ata completar o aforo.


Foro de Marketing e Comercialización Audiovisual
29/11/2009. AGAPI (Asociación Galega de produtoras Independentes) organiza este foro durante os días 3 e 4 de decembro, que reunirá a máis de trinta especialistas en marketing e comercialización audiovisual en Santiago de Compostela. O evento comprende dous días de mesas redondas, debates e proxeccións sobre as últimas tendencias neste sector. A matrícula é gratuíta, a través da web http://www.agapi.org


José Luis Borau participa nunha máster class este martes en Compostela
29/11/2009. O cineasta participa na actividade que organiza Arteria Noroeste dentro do seu ciclo "Cine por dentro". A sesión celebrarase o vindeiro día 1 ás 18h na sala de que ten a entidade na rúa das Salvadas. Esta actividade está recoñecida cun crédito de libre elección para os estudantes da Facultade, e será gratuíta para os mesmos. Deberán apuntarse previamente na sede de Arteria Noroeste.


Xornadas 20 anos de Cinegalicia
25/11/2009. Este ano as xornadas de Cinegalicia centraranse na reflexión sobre os cambios experimentados no cine galego durante as últimas dúas décadas. Este evento terá lugar os días 1 e 2 de decembro no Campus de Pontevedra. Todos os interesados en participar nesta actividade poderán ampliar a información e inscribirse no teléfono 981 545 098 ou mediante o correo electrónico formacion@consorcioaudiovisual.org. As xornadas están recoñecidas con 1 crédito de libre configuración.


Master Class do compositor brasileiro Fred Martins
25/11/2009. A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle esta Master Class titulada "Sambas e outras bossas: identidade e utopía na musicalidade de Rio de Janeiro", promovida por Central Folque (Centro Galego de Música Popular). O evento celebrarase o 2, 3 e 4 de decembro na Aula 1.


Radio Galega oferta dous contratos en prácticas para redactores
25/11/2009. Para presentarse ás probas de selección son requisitos obrigatorios posuír a licenciatura en Xornalismo e que non transcorreran máis de catro anos desde a súa obtención. A inscrición farase no Departamento de Recursos Humanos entregando unha solicitude para esta proba acompañada dun currículum, ou a través do correo electrónico proceso.seleccion@crtvg.es ou ó fax 981 549 659. A data de remate para as solicitudes é o día 1 de decembro de 2009 ás 12:00 h. A proba realizarase o día 3 de decembro de 2009 na sede da CRTVG en San Marcos (Santiago de Compostela) a partir das 10:30 h.


Seminario de Investigación "Catálogo e Biblioteca dixital de Relacións de Sucesos (séculos XVI-XVIII)"
24/11/2009. O Departamento de Filoloxía Española e Latina da UDC organiza unha serie de seminarios de investigación durante o curso 2009-2010, centrados nas liñas de investigación que desenvolven os seus profesores. O vindeiro seminario terá lugar o xoves 26 de novembro na Facultade de Filoloxía da UDC, e conta entre as súas liñas de investigación a Literatura Española, Bibliografía ou Historia do Xornalismo, entre outras.


Un grupo de representantes dos países Lusófonos visita a Facultade no marco do proxecto Lusofonía: Interactividade e Interculturalidade
16/11/2009. O Grupo de investigación "Estudos Audiovisuais" da USC coordina un encontro de investigación entre os participantes dun estudo sobre a intractividade e a interculturalidade na Lusofonía. Este traballo céntrase fundamentalmente na viabilidade da circulación de produtos audiovisuais galegos na área lusófona. O proxecto está dirixido pola profesora Margarita Ledo.


Presentación do libro "El hombre mojado no teme la lluvia" de Olga Rodríguez
15/11/2009. O vindeiro martes 24 de novembro terá lugar a presentación do novo libro de Olga Rodríguez na Sala Rahid do Hotel Meliá Araguaney. A autora, xornalista e corresponsal en Oriente Medio de Cadena SER e da canle televisiva Cuatro, realiza un riguroso percorrido polos conflitos dos países deste ámbito xeográfico a través do testemuño das xentes do lugar. A presentación e conversa coa autora contará coa colaboración de Antón Reixa.


"O 9 Principio", nova curtametraxe de Iván Seoane
14/11/2009. Iván Seoane, director da curta "O Hospital" e ex-alumno da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, conta cunha nova produción. Cineuropa estreou dentro da súa programación a curtametraxe "O 9 Principio" o pasado venres 13 de novembro ás 22:00, acto no que tamén participou o profesor Antonio Mourelos (productor executivo) e boa parte dos actores e actrices protagonistas. O tráiler atópase dispoñible no seguinte enlace.


A Facultade acolle as xornadas técnicas e os grupos de traballo de Rediris 2009
13/11/2009. A Rede Académica e de Investigación Española (Rediris) celebrará entre os días 23 e 27 de novembro as súas xornadas técnicas e grupos de traballo na Facultade. Neste evento xa están inscritos 400 participantes que debatirán sobre as últimas novidades relacionadas coa tecnoloxías da información aplicadas á investigación. O evento obrigará a facer uns pequenos axustes de aulas nas materias de primeiro e segundo. Máis información aquí


I Xornada Precariedade Laboral na Prensa
11/11/2009. A Asociación da Prensa da Coruña en asociación coa FEGAPE organizaron este evento onde se debatiu sobre a situación actual dos xornalistas debido á crise. O acto contou coa presenza de Fernando González Urbaneja, Presidente da Asociación de Prensa de Madrid, Jorge Barros, da Consellería de Traballo e Benestar e José Pereira, decano da Facultade.


Para ver online: Trazos dunha cidade
10/11/2009. Traballo realizado polas alumnas Loli Iglesias e Marina Rey, do Obradoiro Documental organizado polo VI Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuito, dirixido por Michael Chanan.


A Facultade acollerá o claustro extraordinario da USC no que se debatirá a reforma estatutaria
9/11/2009. O Claustro extraordinario que convoca a USC e no que se debatirán as reformas dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela celebrarase no Auditorio da Facultade os días 1 e 2 de decembro. Esta é a primeira vez na que un Claustro se realiza no centro.


VI Encontro hispanoamericano de cine e vídeo documental independente
9/11/2009. Baixo o título 'Contra el silencio, todas las voces', este evento anima a todos os documentalistas interesados a participar cos seus traballos. O encontro terá lugar na Cidade de México do 13 ó 20 de marzo do 2010. Poderán participar curtametraxes, mediatraxes e largometraxes en todas as categorías dispoñibles, obtendo un premio de $2,000 no caso de resultar vencedoras. A inscripción é gratuíta a través da web www.contraelsilencio.org. ata o 17 de decembro


A elección do decano da Facultade celebrarase o vindeiro martes, día dez de novembro
7/11/2009. A candidatura encabezada por José Pereira é a única que se presentou nas eleccións a decano que se celebrarán en Xunta de Facultade extraordinaria o vindeiro martes, día dez de novembro. Tal e como indica a lexislación vixente, o decano poderá ser elixido pola maioría dos votos dos membros da Xunta de Facultade, formada neste caso por oito alumnos de licenciatura, dous de terceiro ciclo, dous PAS e 16 profesores. O acto celebrarase ás 16.30 h en primeira convocatoria e ás 17h. en segunda, na sala de Xuntas do Departamento de CC. da Comunicación.


A facultade acolle o curso "Comunicar a Ciencia"
6/11/2009. Este curso pretende achegar a ciencia mediante dous obradoiros prácticos destinados a familiarizar ao cidadán de a pé coa vocación divulgativa dos medios de comunicación e as ferramentas dispoñibles en Internet que permitirán aos alumnos localizar información científica de forma rápida e proveitosa en Internet. O curso, organizador polo grupo de investigación Novos Medios, celebrarase o 13 de novembro na Facultade de CC. da Comunicación da USC. A matrícula gratuíta debe realizarse ata o 10 novembro a través da web http://www.novosmedios.org/ciencia.


Cidacom organiza o Foro 09: A Comunicación e o Ben Público
5/11/2009. O grupo de investigación Cidadanía e Comunicación con sede na Facultade organiza o foro de debate titulado "A Comunicación e o Ben Público". Este evento, coordinado polo profesor Manuel Outeiriño, realizarase na Facultade os días 9, 10 e 11 do mes de novembro.


Comeza o VII Foro Academia Aberta
4/11/2009. A Academia Galega do Audiovisual iniciou esta nova edición do Foro o día 28 de outubro, que continuará o 5 e o 11 de novembro en horario de 18:00 a 20:00 no Consello da Cultura Galega- Pazo de Raxoi, Santiago de Compostela)-. Nesta edición debatirase sobre a situación política audiovisual e a súa ubicación no panorama institucional actual.


Santiagosiete busca estudantes de Xornalismo para unha reportaxe sobre viños galegos
4/11/2009. O xornal gratuíto Santiagosiete está a preparar unha reportaxe especial sobre os viños galegos para que a elabore un grupo de alumnos de Xornalismo da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Aqueles voluntarios que queiran participar no proxecto deberán presentar as súas propostas- indicando a estrutura, as fontes, imaxes...- antes do xoves 19 de novembro á dirección redaccion@santiagosiete.es


Chega Cineuropa 2009
2/11/2009. Un dos encontros do cinema máis importantes de Santiago de Compostela volve á cidade. Cineuropa 2009 ofrece máis de 160 filmes desde o 4 de novembro ata o 2 de decembro. As obras serán proxectadas no Teatro Principal, Salón Teatro, Aula Sociocultural Caixa Galicia e sede da Fundación Caixa Galicia. Para consultar o programa completo de Cineuropa, preme no seguinte enlace.


Premiada unha curta realizada por estudantes de Comunicación Audiovisual en Curtas na Rede 2009
27/10/2009. A curtametraxe "Raccord do Carallo", realizada para a asignatura Produción e Realización Audiovisuais de 3º de CAV na USC, obtivo o Premio á mellor interpretación masculina grazas ó traballo do actor Xabier Pan. Esta peza foi realizada por seis alumnos da promoción 2006-2010. A curta está dispoñible no seguinte enlace


O profesor da Facultade Xavier Lama gaña a Pluma de ouro do I certame Raimundo García Dominguez, Borobó
24/10/2009. O xornalista e profesor da Facultade, Xavier Lama, foi o autor do artigo "Borobó contra Wallace Sousa", que resultou gañador do I Certame Raimundo García Domínguez, Borobó, organizado pola Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela.
Os dous accésits foron para Francisco Castro por "Borobó, despedido" e para Mercedes Gualteria Pintos Barreiro por "Carta do alén". O primeiro premio está dotado con 4.000 euros e máis unha peza que representa unha pluma de ouro.



Calendario electoral para elixir ao novo decano/a da Facultade de Ciencias da Comunicación
22/10/2009. Dacordo co estipulado no Regulamento Electoral Xeral da USC, ábrese o período electoral para a elección de decano/a da Facultade de Ciencias da Comunicación. O novo decano/a será elixido pola Xunta de Facultade do centro e poderanse presentar todos os profesores e profesoras doutoras censados no centro e con vinculación estable coa USC.
Deste xeito cúmprese a normativa vixente que obriga á convocatoria de eleccións trala renuncia, a petición propia, do profesor Miguel Túñez, decano ata o de agora.



Comeza o servizo de Alumnos-Titores na Facultade
22/10/2009. A Facultade de Ciencias da Comunicación pon á disposición do novo alumnado un servizo que permite resolver dúbidas sobre cuestións académicas a través de estudantes de 4º de Xornalismo e Comunicación Audiovisual.


A Universidade de Minho acollerá o próximo Congreso da IAMCR
21/10/2009. Este evento xirará entorno á temática da comunicación e a cidadanía baixo o título de 'Communication and Citizenship: Rethinking Crisis and Change'


Búscanse figurantes para o filme The Way
21/10/2009. A próxima película de Emilio Estévez e Martin Sheen, The Way, precisa figurantes para a súa rodaxe. O filme, que terá como temática central o Camiño de Santiago, busca homes e mulleres maiores de 18 anos para participar na rodaxe do mércores 4 de novembro en Santiago de Compostela. As persoas interesadas poden contactar a través do teléfono 648079481 ou do mail theway.casting@gmail.com, incluíndo os seus datos.


Comeza o ciclo 'Cine por dentro - Diseccionando Filmes' organizado pola SGAE
20/10/2009. Nesta edición a primeira Masterclass contou coa presencia de Manuel Gómez, presidente de Dygra Films quen comentará o filme "El espíritu del bosque" e nela participou un importante número de estudantes da facultade. O ciclo está recoñecido con 1 crédito de libre configuración para os alumnos da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.


Aberta a matrícula para o VI Curso 'Cine e Valores'
19/10/2009. O curso será celebrado no salón de actos da Facultade de Matemáticas. A sexta edición deste curso de educación en valores celebrarase do 20 ó 22 de novembro. Entre os seus obxectivos atópase o de dar a coñecer o cine como fonte de coñecemento da realidade social, política e económica en diferentes contextos. O curso está recoñecido cun crédito de libre configuración.


Novas prazas de prácticas na Corporación Voz de Galicia
5/10/2009. A oferta de prazas inclúe prácticas no xornal La Voz de Galicia, na edición dixital do diario e en Radiovoz


Abriuse o prazo para participar na convocatoria de prácticas do período novembro 2009-abril 2010
1/10/2009. As alumnas e alumnos interesados poden presentar as súas solicitudes no Decanato entre os días 1 e 12 de outubro


Aberto o prazo para que as empresas soliciten alumnas e alumnos en prácticas
14/9/2009. As entidades que teñen asinado convenio de colaboración coa Facultade poden enviar as súas solicitudes ata o 30 de setembro


Abriuse o prazo para solicitar bolsas de colaboración nos departamentos
28/6/2009. As bolsas de colaboración, están destinadas aos alumnos do último curso de ensinanzas universitarias que acrediten bos expedientes académicos e que desexen prestar a súa colaboración en departamentos universitarios, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, iniciándose así en tarefas de investigación e permitindo con isto o crecemento e a potenciación das tarefas investigadoras no Sistema Universitario de Galicia.


Convócase o I Premio A USC crea, a USC innova
26/6/2009. O seu obxectivo e dar a coñecer iniciativas innovadoras impulsadas por persoal vinculado á USC que permitan abordar cuestións do día a día de maneira creativa e orixinal.


A UIMP organiza un seminario de animación en A Coruña
26/6/2009. Neste curso analizarase a evolución da animación a través dos seus principais movementos.


WAN e IFRA fusiónanse para formar unha asociación única para a publicación mundial de noticias
26/6/2009. A nova organización representa a máis de 18.000 publicacións, 15.000 sitios online e 3.000 empresas en máis de 200 países.


Para ver online: El viaje de Said
24/6/2009. Goya 2007 á mellor curta de animación


A alumna Natalia de la Iglesia, premiada polo Concello de Santiago por un proxecto publicitario sobre o consumo abusivo de alcol e a mocidade
20/6/2009. Natalia de la Iglesia cursa o terceiro curso de Comunicación Audiovisual na Facultade e a súa proposta foi elixida unanimemente polo xurado, presidido pola Concelleira compostelá de Benestar Social e Igualdade, Mar Martín. A idea gañadora deste concurso de ideas fundaméntase nun programa de información sobre as consecuencias do consumo abusivo de bebidas alcólicas, a partir dun xogo e dunha campaña publicitaria en varios soportes.


O Audiovisual e as industrias culturais, Curso de Extensión Universitaria en Celanova
19/6/2009. Preténdese reflexionar e debater arredor do audiovisual e a súa relación coa industria e máis coa cultura


Oferta de prácticas nas Emisoras Municipais Galegas
19/6/2009. Ofértanse 2 prazas de prácticas para este verán en Radio Arzúa e Radio As Pontes para a titulación de Xornalismo. Esta oferta non se inclúe dentro da convocatoria de prácticas da Facultade.


Curso de verán: “A Revolución do Software Libre (OsRevolution 09)”
18/6/2009. Este seminario ten como principal obxectivo expoñerlles aos asistentes a historia dos cambios que nos últimos dez anos foron revolucionando a industria da informática e a da súa relación cos usuarios destas tecnoloxías.


Para ver online: Reach
14/6/2009. Curta de animación dirixida polo australiano Luke Randall


A Facultade acollerá o II Foro de Expertos en Novos Medios e Contidos Audiovisuais
14/6/2009. O encontro organizado pola Asociación Galega de Produtoras Independentes pretende ser un espacio de reflexión e de debate, de presentación de experiencias e exhibición de novos contidos.


Ábrese a convocatoria dos Premios Fin de Carreira
13/6/2009. Para alumnos que rematen os seus estudios universitarios no ano 2009 nos centros do sistema universitario de Galicia


Oferta de prácticas en Radio Negreira
12/6/2009. A dedicación será de cinco horas diarias desenvolvendo tarefas de redacción e locución


Primeria retransmisión televisiva en directo feita polos estudantes de Comunicación Audiovisual
11/6/2009. Os estudantes de segundo curso de Comunicación Audiovisual foron os responsables da produción, creación e realización dun programa en directo de televisión de dúas horas de duración, que foi emitido por internet o pasado día cinco dentro da programación especial realizada polo colectivo Ponte nas ondas dedicada ao patrimonio inmaterial.


A matrícula das prácticas debe formalizarse entre o 15 e o 30 de xuño na UXA Norte
9/6/2009. É obrigatoria para todos os alumnos con praza na convocatoria xullo-setembro 2009


Para ver online: Sebastian's voodoo
8/6/2009. Curta dirixida por Joaquin Baldwin gañadora do National Film Board of Canada’s Online Short Film Competition


O proxecto inktoStart nace para apoiar a emprendedores do sector TIC
5/6/2009. Pode participar no proxecto calquera persoa que realizase algún curso no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, estea vencellada cunha "Cisco Networking Academy" ou teña unha idea de negocio coas TIC como valor estratéxico.


Caixanova abre o prazo de inscrición para os novos cursos de Novas Tecnoloxías
5/6/2009. No Centro Social de Vigo, os cursos a realizar serán os de fotografía dixital, Programación Web en PHP e edición básica de vídeo. No da Coruña tamén se realizarán cursos de fotografía.


Convócanse dez bolsas para participar no 13 Encuentro de Foto y Periodismo Ciudad de Gijón
4/6/2009. O programa contempla un obradoiro de xornalismo organizado pola Universidad de Oviedo, a proxección de documentais, veladas audiovisuais e mesas redondas nas que participarán profesionais de referencia.


Para ver online: O cazador de gatos
2/6/2009. Curta de animación dirixida por Fernando Cortizo con Banda Sonora Orixinal do cantautor norteamericano Josh Rouse.


Aberta a matrícula para o curso de verán Camiño de Santiago: paisaxe e comunicación.
30/5/2009. O curso está dirixido polo profesor da Facultade Luís Celeiro e nel participan outros profesores da Facultade.


Aberta a matícula para o curso de verán 'Televisión e Ficción III'
29/5/2009. A Facultade de Xeografía e Historia organiza a terceira edición deste curso


Curso de cinema documental no MACUF
29/5/2009. Os críticos Martin Pawley e Xurxo González achegarán o público aos principais realizadores de documental.


Alfonso Sánchez Izquierdo nomeado novo director da CRTVG
29/5/2009. O Consello da Xunta aprobou o xoves o nomeamento do que fora profesor deste centro, como novo director da Compañía de Radio e Televisión de Galicia en substitución de Benigno Sánchez.


Para ver online: Bechos raros
26/5/2009. Curta dirixida por Estíbaliz Burgaleta e Alegría Collantes. Guión gañador no concurso de guións na sección oficial de Compostela Plató.


Listado definitivo de alumnos de Comunicación Audiovisual
22/5/2009. O luns 25 comezan as probas de selección


Listado definitivo de alumnos de prácticas de Xornalismo
22/5/2009. As probas comezarán o luns 25 de maio


Para ver online: Linguas cruzadas
20/5/2009. Documental dirixida pola exalumna do centro, María Yáñez, e por Mónica Ares que afonda na cuestión sociolingüística a través da xente nova, da primeira xeración da historia que tivo o galego como lingua oficial.


Premios Provinciais á Investigación da Deputación de Pontevedra
20/5/2009. A convocatoria ten por obxecto fomentar a investigación


Listado provisional de alumnos de Xornalismo admitidos na convocatoria de prácticas
19/5/2009. O alumnado excluído, desconforme coa súa cualificación media ou coa orde de acceso á selección asignada neste listado pode presentar solicitude de modificación no Decanato da Facultade de Ciencias da Comunicación ata o día 21 de maio ás 14:00 horas


Listado provisional de Comunicación Audiovisual admitidos na convocatoria de verán
19/5/2009. O alumnado excluído, desconforme coa súa cualificación media ou coa orde de acceso á selección asignada neste listado pode presentar solicitude de modificación no Decanato da Facultade de Ciencias da Comunicación ata o día 21 de maio ás 14:00 horas


O concello de Ourense oferta 2 prazas de prácticas para Xornalismo
18/5/2009. As tarefas a desenvolver serán no gabinete de comunicación. A selección será a través dunha proba.


Nova praza de prácticas en Radio As Pontes
18/5/2009. A emisota pertencente a EMUGA oferta unha praza para Xornalismo


Alumnos de segundo curso de Comunicación Audiovisual visitan o estudio de grabación Casa de Tolos
15/5/2009. O profesor Xaime Fandiño acompañou ao grupo que fixo unha versión propia do famoso tema de Leonard Cohen “Hallelujah”.


Nova convocatoria de bolsas de mobilidade de estudantes para prácticas en empresas en Europa Curso 2008-2009
14/5/2009. Esta convocatoria realizase no marco do Programa Erasmus, e ten por obxecto ofertar prazas destinadas á mobilidade des estudantes da USC para realizar prácticas en empresas, centros de formación, centros de investigación ou outras organizacións en Europa.


Cancélanse as probas para as prazas de Faro de Vigo
13/5/2009. As prazas pasarán para o acto público do día 4 de xuño


Xornal de Galicia oferta novas prazas de prácticas para Xornalismo
13/5/2009. Os interesados terán que pasar unha entrevista persoal para acceder a algunha das 16 prazas.


Representantes do Filminho visitaron a Facultade para falar sobre o festival
12/5/2009. O acto será na aula 1 do centro e nel intervirán André Martins, director do Festival, e Xurxo González, responsable na súa área de produción.


Novas prazas de prácticas para Xornalismo
12/5/2009. A Nosa Terra solicita dous alumnos en prácticas


Televisión do Salnés oferta 3 prazas para os estudantes de Xornalismo
12/5/2009. Dúas das prazas son para a central en Ribadumia e unha para a delegación da Pobra do Caramiñal


Cancélase a praza de CETALI
12/5/2009. A praza correspondía a titulacion de Comunicación Audiovisual


Representantes da Oficina de Softwae Libre da USC visitan o noso centro
11/5/2009. A Universidade pretende con esta e outras iniciativas da oficina promover o uso e difusión do software libre entre os seus membros.


O profesor Manuel Gago pronuncia a conferencia A prensa electrónica e as redes sociais
10/5/2009. A Sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago acollerá o acto


Master Class de Manuel Gutiérrez Aragón en ARTeria Noroeste
9/5/2009. O director falará sobre o seu filme Todos estamos invitados dentro do ciclo CINE POR DENTRO-DISECCIONANDO FILMES, organizado pola SGAE na súa sede da rúa Vista Alegre.


A Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais, CIMA, presenta a súa delegacíón en Galicia
9/5/2009. O obxectivo da asociación é o de contribuír á construción dunha sociedade máis igualitaria e diversa fomentando unha presenza equitativa da muller no medio audiovisual


Para ver online: Born into brothels
8/5/2009. Documental dirixido por Zana Briski y Ross Kauffman, gañador do Oscar ao mellor documental en 2004.


I Premio de Reportaxe Social e Solidario
8/5/2009. Este galardón nace coa vocación de recoñecer o traballo de profesionais e estudantes de último curso de carreira de Comunicación que contribúan á defensa dos dereitos humanos, da igualdade de xéneros e de oportunidades, ao recoñecemento das diferenzas, a dar voz a excluídos e marxinados, a dar protagonismo ao Sur, así como á construción de sociedades máis xustas, solidarias e sostibles.


Aberto o prazo para participar na convocatoria de prácticas de verán 2009
7/5/2009. O prazo remata o mércores 13 de maio.


Unha representación da Facultade participa nos IX encontros de Viana Cine
1/5/2009. A Facultade de Ciencias da Comunicación, representada por un grupo de estudantes e de profesores, participará nos IX encontros de cine de Viana do Castelo que se celebrarán os vindeiros días 8, 9 e 10 de maio no teatro municipal Sa de Miranda de Viana do Castelo.


Ábrese o prazo para participar no Amal 09
30/4/2009. O festival busca películas, documentais e curtametraxes producidas nun país árabe, en coprodución cun país árabe ou con temática dos seus modos de vida


Conferencia de Isabelle Fougère con motivo do Día Internacional da Liberdade de Expresión
30/4/2009. A prestixiosa xornalista francesa afondará durante a súa ponencia na temática da liberdade de expresión dende unha perspectiva feminina e feminista


Curso de formación continua: Gabinetes de Comunicación. Comunicación estratéxica.
30/4/2009. Este curso dirixido por Miguel Túñez e Carmen Costa está organizado polo grupo Novos Medios, coa colaboración do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o patrocinio de Unión Fenosa.


Para ver online: Oldmeal
24/4/2009. Maravillosa curta dirixida por Britni West.


Para ver online:A wolf loves pork
19/4/2009. Animación feita polo xaponés Takeuchi Taijin empregando a técnica stop-motion.


Convocatoria de bolsas para Inxesta de Audiovisuais
14/4/2009. A Area Tic da USC convoca a realización dunha listaxe de aspirantes para cubrir prazas de bolseiros a tempo completo para a formación e apoio na inxesta e catalogación dos activos audiovisuais de que dispon a universidade a traves dos arquivos do SERVIMAV, co obxecto de convertilos a formatos dixitais actuais


Para ver online: Automóbil
12/4/2009. Curtametraxe de ficción dirixida por Andrés Victorero que conta unha historia universal. Diñeiro, poder, relacións e tecnoloxía mestúranse en cada momento da nosa vida propiciando situacións pouco habituais.


Para ver online:Cousas de Kulechov
1/4/2009. Susana Rei dirixe esta curta experimental na que reflexiona sobre o poder da montaxe


Para ver online:12007
3/3/2009. Curta de ciencia ficción dirixida polo pontevedrés Diego Torres e estreada en 2007


Para ver online: Te quiero mal
12/1/2009. A curta de Mireia Giró acadou o premio do público do concurso convocado polo programa da televisión estatal Versión española


Para ver online: Transfer
5/1/2009. Curta gañadora do 48 hour film project - Paris 2008


Para ver online: La praline
16/12/2008. Curta dirixida por Jean Baptiste Chuat


Para ver online: O traballo de animación de Shy the Sun
10/12/2008. Esta compañía desenvolve un execelente e orixinal traballo no campo da animación aplicado tanto á ficción como á publicidade


Para ver online: God bless you
1/12/2008. Curta dirixida por Mario Lizondo, proxecto de fin de curso da Escola Superior de Comunicación, Imaxe e Son, CEV.


Para ver online: ABIMBOWE
27/11/2008. Escrita e dirixida por Alex Montoya


Para ver online: Crisálida
16/11/2008. Dirixido por Francisco Calvelo un dos principais impulsores do cinema experimental e fantástico de Galicia


Para ver online: Las camas solas
10/11/2008. Un documental de Sandra Gómez sobre un edificio baixo perigo de derrubamento que ten que ser abandonado polos seus habitantes habaneros


Para ver online: 18 segundos
5/11/2008. Curta dirixida por Bruno Zacharías e Miguel López Macgregor


A Facultade pon ordenadores portátiles a disposición dos alumnos
1/10/2008. O computador pode solicitarse en Conserxería e deberá ser devolto ao fin da xornada



a


A Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago ofrece as titulacións de Xornalismo e Comunicación Audiovisual.

En investigación
Investigacion

a
O impacto de Internet nos medios de comunicación en España - Radio


Ferramentas

a

  BuscadorBuscador de libros na Biblioteca

Documentos Documentos do día a día
Reserva de aulas
Petición de material


Ligazons Directorio de ligazóns de comunicación

a

Agareso Radio
Play/Pause
Winamp Windows Media Player iTunes
Detach
Export
Cover


USC
 

T: +34981563100 ext 16500
F: +34981547174
E: zxordeca@usc.es

Avda. Castelao s/n
15782 Santiago de Compostela