|
|
|
|
[25-1-2012] As aulas impartiranse entre o 28 de febreiro e o 15 de maio na Facultade de Ciencias da Comunicación
|
|
|
[6-4-2011] Aínda non foi publicada, pero xa está dando moito que falar entre a mocidade galega. É que se está preparando a primeira película pornográfica en galego: O divino ferrete. A Liga Estudantil Galega (LEG) e Comunicación Estudantil (COES) organizan unha charla sobre o filme, que terá lugar mañá, xoves 7 de abril, na Aula 1, ás 12:00h. Intervirán o escritor e guionista Diego Ameixeiras, o actor Totó García, e Ana Bispo e Olivia Tuñas, que se ocupan do bolg o divino ferrete.
|
|
|
[22-3-2011] Ao longo de catro xornadas, o curso de formación continua ‘Retórica e oratoria na era da comunicación global’ ofrecerá aos seus matriculados ferramentas para construír un discurso, expoñelo e defendelo con éxito nunha sociedade mediática. A preinscrición, que xa se pode formalizar, realizarase exclusivamente de xeito electrónico no enderezo http://www.retoricaeoratoria.com, estando o curso dirixido a profesionais dos medios de comunicación e ás persoas que teñen que traballar de cote coas nas rutinas informativas.
|
|
|
[10-3-2011] O premio é de 1.000 €, e inclúe a publicación da peza nalgúns xornais galegos
|
|
|
[15-2-2011] Os alumnos e alumnas que o desexen, poderán neste segundo cuadrimestre, participar no curso de pilates que acollerá a Facultade de Ciencias da Comunicación. A actividade está organizada polo Servizo de Deportes da USC, dentro dunha campaña de cursos nos centros. Os interesados deben inscribirse na Piscina Universitaria, e poden acceder a máis información chamando ao 981 528 010, ou premendo o seguinte enlace. De celebrarse o curso (precísase un mínimo de 8 participantes), as clases impartiranse os luns e mércores, de 10:05 a 10:50.
|
|
|
[14-2-2011] Esta semana estará dispoñible en reprografía unha lista de sinaturas solicitando a reactivación do Museo Galego do Antroido. Os convocantes da iniciativa piden "ás Administracións Públicas a súa implicación, o orzamento e as xestións necesarias". A entidade ten sede no concello ourensán de Xinzo de Limia.
|
|
|
[9-2-2011] O prazo para a presentación de solicitudes comprende dende o 14, ao 25 de febreiro.
|
|
|
[31-1-2011] Os participantes deberán realizar un mínimo de 10 sesións, e recibirán un crédito de libre configuración
|
|
|
[26-1-2011] Os interesados poderán presentar os seus artigos ata o 7 de febreiro.
|
|
|
[13-1-2011] Chega a terceira edición do certame, cuxo prazo de entrega remata o 31 de xaneiro.
|
|
|
[16-12-2010] A organización prorroga ata o vindeiro 10 de xaneiro o límite para enviar propostas.
|
|
|
[24-11-2010] Os interesados poden participar neste proxecto documental, enviando pezas de menos de 30 segundos.
|
|
|
[23-11-2010] En Shock Producciones, en colaboración co Festival de Cine do Sáhara (Fisahara) lanza a primeira edición do concurso Sueña por el Sahara. Admítense guións orixinais e inéditos, que solidaricen cos campamentos de refuxiados no Sáhara. Pódese presentar un máximo de 2 guións por persoa, tendo como límite de prazo o 31 de decembro de 2010. A proposta gañadora rodarase en territorio saharaui, e será presentada no Festisahara. A dita presentación asistiría o gañador, con todos os gastos da viaxe pagados. Para máis información sobre o concurso, preme aquí.
|
|
|
[23-11-2010] O Seminario Galego de Educación para a Paz, e a Fundación Cultura e Paz buscan voluntarios para cubrir informativamente os actos que terán lugar na Facultade entre o 3 e o 15 de decembro. Os eventos encádranse dentro do programa do Foro 2010, que organizan as dúas organizacións citadas. Os interesados poden inscribirse no decanato. Para máis información sobre os actos, preme neste enlace.
|
|
|
[11-11-2010] A primeira edición destas xornadas terá lugar o 24 e 25 de novembro no Pazo de Congresos de Santiago.
|
|
|
[9-11-2010] Mañá, día 10 de novembro, será inaugurada na Facultade de Ciencias da Comunicación a exposición Larga lista de espera do fotografo Fuco Reyes. As imaxes xiran en torno ao Antigo Hospital Clínico da cidade compostelá. O acto terá lugar na Sala de exposicións, ás 19 horas.
|
|
|
[16-8-2010] Debido á incompatibilidade de calendarios académicos de Grao e de Licenciatura, as clases de 1º e 2º curso dos Graos de Xornalismo e de Comunicación Audiovisual non comezarán ata o luns, 20 de setembro de 2010 .
Durante a semana anterior todavía se están realizando os exames de setembro das materias das Licenciaturas e isto imposibilita o uso das aulas convencionais para o desenvolvemento das actividades académicas dos Graos.
|
|
|
[25-6-2010] Aberto o prazo de participación ata o 31 de outubro de 2010 no festival de curtametraxes CATACUMBA 2010 na Comunidade Valenciana. A temática das curtas versará sobre o terror e/ou a ciencia ficción cunha duración máxima de 30 minutos, en calquera idioma. No caso de non ser en castelán, deberá estar subtitulado. Para poder consultar as bases, preme no seguinte enlace ou para máis información enviar un mail a concurso@catacumba.org
|
|
|
[20-6-2010] Os profesores Luis Celeiro e Xoán Piñeiro Cochón son os responsables do curso "Camiño de Santiago, Comunicación e Normativa" que se desenvolverá entre os días 26 e 30 de xullo en Sarria. Os asistentes a devantidos cursos terán dereito a un diploma no que constará o título do curso, o número de horas e a asistencia. Os estudantes da USC recibirán ademais créditos de libre configuración. Consulta todas as bases e o programa do curso no seguinte enlace.
|
|
|
[18-6-2010] UNIEMPRENDE desexa incorporar DOUS bolseiros en prácticas para traballar en INBERSO (ferramenta global que achega o capital privado ás empresas tecnolóxicas). As devanditas prácticas terán a condición de non remuneradas, mais poderanse convalidar ata 17 créditos polas prácticas realizadas. Os requisitos mínimos son ser estudante de Ciencias da Comunicación, Económicas ou ADE; ter superados o 50% dos créditos da titulación, dispoñer ó menos de 4 créditos de libre configuración, non ter feito o depósito do título e boa orientación ó cliente e empatía. Valorarase especialmente ter dominio tanto do portugués como do español (falado e escrito). Interesados pedir información ou enviar currículo ó mail ana.torreiro@inberso.com
|
|

|
|