[9-12-2009] A SGAE organiza un ciclo de jazz cunha duración de 30 horas repartidas en 11 sesións-concerto e 3 Master Class cunha duración de dúas a catro horas cada unha delas. Neste curso danse cita os músicos máis sobranceiros do panorama jazzístico galego para amosar o seu traballo e inquedanzas. O ciclo, recoñecido con 1 crédito de libre configuración, terá lugar en ARTeria Noroeste (Rúa das Salvadas, 2ª, Parque de Vista Alegre). Para insribirse e obter máis información, enviar a solicitude ó mail gnieves@sgae.es
|