[26-3-2012] ‘Nico Colchester Fellowship 2012’ é o nome deste certame que outorgará 5000 £
Un artigo de 1000 palabras en inglés, sobre a relación de Europa con Alemaña. Iso é o que se pide para participar no certame ‘Nico Colchester Fellowship 2012’. O gañador, recibirá unha bolsa do Financial Times de 5000£, para a viaxe e manutención en Londres.
"O problema de Europa, é a forza ou a debilidade xermanas?" Se queres participar, envía a túa proposta, antes do 31 de marzo, adxuntando CV e carta de presentación ao correo: ncprize@ft.com. Para máis información, consulta a páxina web do xornal.
|