USC. Facultade de CC. da Comunicación  
 
 
T: 981563100
F: 981547174
E: comunica@usc.es
SecretaríasSecretarías VirtuaisPass. Your Erasmus Guide  
Secretaría de profesores Secretaría de Estudantes

Formación
USC
Xornalismo
a
USC
Comunicación Audiovisual
a
USC
Terceiro ciclo
a
USC
Posgrao
a
USC
Formación Continua
Persoas
USC
Equipo decanal
a
USC
Profesores
a
USC
PAS
a
No web da Facultade
Alumnos
a
Departamentos
USC
CC. da Comunicación
USC
Outros
Vida no centro
No web da Facultade
Noticias
a
No web da Facultade
Investigación
a
No web da Facultade Ligazóns
No web da Facultade
No web da Facultade
Localización
a
For Erasmus
No web da Facultade Normativa
No web da Facultade Prácticas
No web da Facultade Horarios
Inicio > Prácticas > Preguntas frecuentes para empresas e institucións



Preguntas frecuentes para empresas e institucións

[13-7-2009]

1. ¿Que ten que facer unha empresa ou institución para participar no Programa de Prácticas da Facultade de Ciencias da Comunicación?

2. ¿Cando se poden solicitar alumas/os en prácticas?

3. ¿É posible solicitar alumnas/os en prácticas a través da Facultade de Ciencias da Comunicación fóra dos períodos de cada convocatoria?

4. ¿Cantas alumnas/os pode solicitar unha mesma empresa ou institución en cada período de prácticas?

5. ¿De que titulación se poden solicitar alumnas/os en prácticas?

6. ¿Pódense solicitar alumnas/os para facer prácticas en calquera das convocatorias da Facultade?

7. ¿Cantas horas poden dedicar ás prácticas as/os estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación?

8. ¿Quen fixa os horarios das prácticas?

9. ¿Poden as/os estudantes facer prácticas na fin de semana?

10. ¿Pode unha entidade seleccionar en máis dunha ocasión a un mesmo alumno/a da Facultade?

11. ¿Que é a compensación económica das prácticas?

12. ¿Cal é a forma de pago as/os estudantes en prácticas?

13. ¿As bolsas de prácticas teñen algún tipo de retención fiscal?

14. ¿Cales son as funcións dos titores de prácticas nas empresas e institucións?

15. ¿É posible formalizar un contrato cun estudante en prácticas?


1. ¿Que ten que facer unha empresa ou institución para participar no Programa de Prácticas da Facultade de Ciencias da Comunicación?

Para participar no Programa de Prácticas da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, debe asinarse previamente un convenio de colaboración entre a empresa ou institución interesada e a Universidade. As entidades poden solicitar información sobre este trámite, así como o modelo do convenio á Oficina de Seguimento das Prácticas.

2. ¿Cando se poden solicitar alumas/os en prácticas?

As entidades colaboradoras poden solicitar alumnas/os en prácticas para os períodos xullo-setembro, maio-outubro e novembro-abril, coincidentes coas convocatorias de prácticas para o alumnado dos Graos e Licenciaturas. O prazo de presentación de solicitudes, do cal informará puntualmente a Facultade, ábrese de forma xeral dous meses antes do inicio de cada período de prácticas.

No caso das prácticas do Máster, o período de prácticas desenvolverase con carácter ordinario entre os meses de marzo e xuño.

3. ¿É posible solicitar alumnas/os en prácticas a través da Facultade de Ciencias da Comunicación fóra dos períodos de cada convocatoria?

Non. As prácticas do alumnado de Ciencias da Comunicación desenvolveranse necesariamente dentro dos períodos fixados en cada convocatoria. Así mesmo, unha vez finalizado o proceso de selección dos estudantes, non será posible solicitar alumnas/os en prácticas.

4. ¿Cantas alumnas/os pode solicitar unha mesma empresa ou institución en cada período de prácticas?

Non existe un límite máximo de estudantes en prácticas que pode solicitar unha mesma entidade, sempre e cando este se axuste ao tamaño e funcións da mesma. Neste sentido, as entidades deberán axustarse á proporción de 1 estudante por cada 4 profesionais contratados. Aquelas que teñan menos de catro empregados poderán solicitar un alumno en prácticas como máximo.

5. ¿De que titulación se poden solicitar alumnas/os en prácticas?

As entidades colaboradoras poden solicitar alumnas/os das titulacións de Xornalismo, Comunicación Audiovisual ou ambas, así como do Máster Oficial en Comunicación e Industrias Creativas. Á hora de presentar a súa oferta de prácticas, deben ter en conta que as tarefas que desenvolverán as/os estudantes terán que axustarse ao perfil académico e profesional dos estudos cursados. Xornalismo e Comunicación Audiovisual son dúas titulacións con moitos puntos en común, pero tamén grandes diferenzas a ter en conta, principalmente que a formación xornalística está máis orientada a un labor informativo, mentres os estudos de Comunicación Audiovisual están encamiñados á produción, creación e realización de contidos para plataformas audiovisuais.

6. ¿Pódense solicitar alumnas/os para facer prácticas en calquera das convocatorias da Facultade?

Si, cunha excepción. Nos períodos de prácticas que abarcan meses lectivos (novembro-abril e maio-outubro) só poderán ofertar prácticas aquelas empresas ou institucións a aquelas entidades colaboradoras con sede na área metropolitana de Santiago de Compostela, ou ben a aquelas que, pola natureza das actividades programadas para os estudantes, non requiran dun espazo físico determinado para a realización das prácticas. Tamén se aceptarán as solicitudes de prácticas daquelas entidades situadas fóra da área metropolitana de Santiago de Compostela sempre e cando as prácticas se desenvolvan exclusivamente en fin de semana (sábado e domingo). Na convocatoria dos meses de verán (xullo a setembro) non existe restrición xeográfica para a participación de empresas e institucións.

7. ¿Cantas horas poden dedicar ás prácticas as/os estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación?

Nos períodos de prácticas que comprenden meses lectivos (novembro-abril e maio-outubro) as alumnas/os poderán dedicar un máximo de 15 horas semanais ás prácticas, co fin de poder compaxinar a súa formación nas entidades colaboradoras coa asistencia ás clases. No período non lectivo (xullo-setembro e o correspondente ás prácticas do Máster) a dedicación máxima será de 30 horas semanais.

8. ¿Quen fixa os horarios das prácticas?

As entidades colaboradoras teñen liberdade á hora de asignar os horarios de prácticas aos estudantes, sempre e cando se respeten as limitacións de horas de dedicación ás prácticas fixados nos convenios e en cada convocatoria.

9. ¿Poden as/os estudantes facer prácticas na fin de semana?

Si. O horario das prácticas pode fixarse libremente, incluíndo os sábados e domingos. No caso de que as prácticas na fin de semana supoñan superar o límite máximo de horas de dedicación, a entidade debe compensar esas horas as/os estudantes cun día ou dous de libranza (segundo corresponda) na mesma semana na que se realizaron prácticas de fin de semana ou ben na seguinte.

10. ¿Pode unha entidade seleccionar en máis dunha ocasión a un mesmo alumno/a da Facultade?

Non se as tarefas asignadas son as mesmas que en períodos de prácticas realizados con anterioridade. No caso de empresas que agrupan diversos medios (radio, televisión, etc.) as/os alumnas/os poden repetir as prácticas nun departamento diferente e realizando labores distintos.

11. ¿Que é a compensación económica das prácticas?

A compensación económica é unha cantidade que as entidades deben abonar mensualmente as/os estudantes en prácticas dos Graos e Licenciaturas en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual en concepto de bolsa de estudos. Nos convenios de colaboración asinados coa USC fíxanse dúas cantidades mínimas para estas bolsas en función das horas de dedicación ás prácticas: 190 euros para as prácticas das convocatorias do período lectivo (máximo 15 horas semanais) e 380 para aquelas que se desenvolven nos meses de xullo a setembro (máximo 30 horas semanais).

12. ¿Cal é a forma de pago as/os estudantes en prácticas?

Con carácter ordinario, o abono das bolsas das prácticas en prácticas realízao directamente a empresa ou institución correspondente as/os alumnas/os, podendo escoller a forma de pagamento que prefira.

13. ¿As bolsas das prácticas teñen algún tipo de retención fiscal?

As bolsas das prácticas, do mesmo xeito que calquera outra bolsa de formación, teñen unha retención mínima do 2% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IPRF).

14. ¿Cales son as funcións dos titores de prácticas nas empresas e institucións?

O labor fundamental do titor de prácticas nomeado polas entidades colaboradoras é garantir unha axeitada programación, desenvolvemento e avaliación das prácticas das alumnas/os ao seu cargo, supervisando en todo momento o labor das/dos estudantes en prácticas. Así mesmo, o titor debe informar de calquera incidencia que se produza durante as prácticas ao Coordinador de Prácticas da Facultade e á Oficina de Seguimento.

15. ¿É posible formalizar un contrato cun estudante en prácticas?

Non. Mentres sexa de aplicación o convenio de colaboración suscrito respecto dese estudante (durante todo o período de prácticas e salvo renuncia expresa por parte da/o alumna/o) a empresa ou institución non poderá formalizar ningunha modalidade de contrato de traballo con el.






MENÚ DE PRÁCTICAS


Alumnos:

Información xeral das prácticas

Convocatorias

Descarga de documentos

Preguntas frecuentes

Empresas e institucións:

Información xeral das prácticas

Descarga de documentos

Preguntas frecuentes




COMO CONTACTAR


Oficina de Seguimento das Prácticas

Despacho 32 da Facultade de CC. da Comunicación

Tlf. 981 563 100 Ext. 16550

Enviar correo electrónico