USC. Facultade de CC. da Comunicación  
 
 
T: 981563100
F: 981547174
E: comunica@usc.es
SecretaríasSecretarías VirtuaisPass. Your Erasmus Guide  
Secretaría de profesores Secretaría de Estudantes

Formación
USC
Xornalismo
a
USC
Comunicación Audiovisual
a
USC
Terceiro ciclo
a
USC
Posgrao
a
USC
Formación Continua
Persoas
USC
Equipo decanal
a
USC
Profesores
a
USC
PAS
a
No web da Facultade
Alumnos
a
Departamentos
USC
CC. da Comunicación
USC
Outros
Vida no centro
No web da Facultade
Noticias
a
No web da Facultade
Investigación
a
No web da Facultade Ligazóns
No web da Facultade
No web da Facultade
Localización
a
For Erasmus
No web da Facultade Normativa
No web da Facultade Prácticas
No web da Facultade Horarios
Inicio > Prácticas > Información xeral das prácticas



Información xeral das prácticas

[20-5-2007]

1. Características do Programa de Prácticas

2. Requisitos de participación do alumnado

3. Proceso de admisión e selección

4. Proceso de avaliación

5. Dereitos e deberes do alumnado en prácticas

6. A Oficina de Seguimento das Prácticas



1. Características do Programa de Prácticas da Facultade de Ciencias da Comunicación

A Facultade de Ciencias da Comunicación conta na actualidade cun Programa de Prácticas estruturado en tres convocatorias por ano académico, que abranguen os seguintes períodos:

  • Novembro a abril
  • Maio a outubro
  • Xullo a setembro

A oferta de prazas xestiónase de forma específica para cada convocatoria entre as máis de 60 entidades de natureza pública e privada dedicadas ao eido da comunicación coas que a Facultade ten asinado un convenio de prácticas.

Nas convocatorias realizadas en período lectivo (novembro-abril e maio-outubro) a participación das entidades limítase a aquelas con sede na área metropolitana de Santiago de Compostela, ou ben ou ben a aquelas que, pola natureza das actividades programadas para os estudantes, non requiran dun espazo físico determinado para a realización das prácticas. Tamén se aceptarán as solicitudes de prácticas daquelas entidades situadas fóra da área metropolitana de Santiago de Compostela sempre e cando as prácticas se desenvolvan exclusivamente en fin de semana (sábado e domingo). Esta limitación obedece á necesidade de facilitar ao alumnado a compaxinación das prácticas coa asistencias ás clases.

Na convocatoria dos meses de verán (xullo a setembro) non existe restrición xeográfica para a participación de empresas e institucións.

Todas/os alumnas/os que realicen prácticas ao abeiro dos convenios asinados coa Facultade de Ciencias da Comunicación percibirán unha compensación económica en concepto de bolsa de formación durante o desenvolvemento das mesmas. A contía mínima desta bolsa, fixada en acordo coas entidades colaboradoras, é de 190 euros en período lectivo (cunha dedicación máxima de 15 horas semanais ás prácticas) e de 380 nos meses de verán (neste caso a dedicación máxima sería de 30 horas semanais).

As prácticas efectuadas a través da Facultade de Ciencias da Comunicación poderán ser recoñecidas como créditos nos curricula do alumnado participante en cada convocatoria, segundo o seguinte baremo e limitacións:

  • 1 crédito = 30 horas de prácticas
  • O alumnado da Titulación de Xornalismo poderá imputar ás prácticas ata un máximo de 12 créditos Optativos (360 horas) e 17 de Libre Elección (500 horas)
  • O alumnado da Titulación de Comunicación Audiovisual poderá imputar ás prácticas ata un máximo de 30 créditos de Libre Elección (900 horas)

A finalidade das prácticas é dar ao alumnado da Facultade de Ciencias da Comunicación unha formación que axude tanto á ancoraxe dos contidos aprendidos a nivel teórico como á súa capacitación naquelas rutinas que faciliten a súa futura inserción no eido profesional. Con este fin, a entidade colaboradora nomeará un titor para garantir o desenvolvemento axeitado das prácticas, evitando que as/os alumnas/os en realicen tarefas de responsabilidade ou risco na empresa ou institución colaboradora, nin as propias e exclusivas do persoal da mesma.



2. Requisitos de participación do alumnado

Os requisitos para participar nas convocatorias de prácticas da Facultade de Ciencias da Comunicación son os seguintes:

  • Estar matriculado no 2º Ciclo das Titulacións de Xornalismo ou Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela
  • Ter superado o 50% dos créditos necesarios para obter o Título de Licenciado en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual. No caso do alumnado procedente doutras titulacións, ter superada a totalidade dos complementos de formación

A efectos de participación, non se terán en conta as prácticas que as/os alumnas/os de Comunicación Audiovisual realizasen anteriormente a través da Facultade como alumnas/os de Xornalismo e viceversa.



3. Proceso de admisión e selección

Presentación de solicitudes

O alumnado que desexe participar nas convocatorias de prácticas deberá presentar debidamente cuberto un modelo de solicitude no Decanato da Facultade de Ciencias da Comunicación, nos prazos e horario especificados en cada convocatoria. Este modelo pódese recoller na entrada do Decanato da Facultade ou descargalo en formato Word no apartado Descarga de documentos desta web.

Admisión de aspirantes

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes publicarase no taboleiro do vestíbulo de acceso á Facultade de Ciencias da Comunicación e nesta web a relación provisoria de aspirantes admitidos e excluídos, ordenados pola súa cualificación media e pola seguinte orde de preferencia:

  • I. Alumnado sen prácticas previas que non posúa os créditos establecidos no plan de estudos para obter o Título
  • II. Alumnado con prácticas previas que non posúa os créditos establecidos no plan de estudos para obter o Título

As/os aspirantes desconformes con algún punto deste listado dispoñen de tres días hábiles a partir da súa publicación para presentar solicitude de modificación no Decanato da Facultade. Transcorrido o prazo de reclamación, publicarase o listado definitivo de aspirantes admitidos e excluídos.

Selección do alumnado solicitante

O Programa de Prácticas contempla dúas posibilidades de selección do alumnado en cada convocatoria:

  • a)Selección segundo a nota media do expediente académico. No caso de aquelas entidades colaboradoras que non fixasen proba de selección, o alumnado poderá optar ás distintas prazas nun acto único no que escollerá entre as prazas dispoñibles segundo a nota media do seu expediente académico e a prelación prevista no listado definitivo de admitidos.
  • b)Selección mediante proba. No caso de aquelas entidades colaboradoras que establezan a realización dunha proba para o acceso ás súas prazas. Estas desenvolveranse nas instalacións da Facultade de Ciencias da Comunicación no horario e datas fixado en cada convocatoria.

Renuncia ás prácticas

O alumnado que desexe renunciar á posibilidade de selección segundo a nota media do expediente académico deberá manifestalo no acto único de selección, xa que dende o momento da escolla dunha praza nese acto esta considerarase como definitiva.

O alumnado que desexe renunciar a unha ou máis prazas obtidas tras as probas de selección deberá presentar no Decanato da Facultade un escrito de renuncia no prazo máximo de dous días hábiles a partir da data de publicación dos resultados das probas.

Matrícula das prácticas

As/os alumnas/os seleccionadas/os deben formalizar a matrícula das prácticas na UXA Norte nos prazos sinalados en cada convocatoria e aboar, de ser o caso, as taxas correspondentes aos créditos matriculados.



4. Proceso de avaliación

As prácticas recibirán a cualificación de APTAS ou NON APTAS.

Os requisitos para obter a cualificación de APTO nas prácticas son:

  • Presentar unha memoria sobre a súa experiencia no Decanato da Facultade ou no enderezo practicas.comunicacion@usc.es , no prazo de 15 días desde que finalice o seu período de prácticas. Existe un modelo de memoria a disposición do alumnado no apartado Descarga de Documentos desta web.
  • Entregar xunto coa memoria e debidamente cuberto o cuestionario de avaliación que lle será remitido desde a Oficina de Seguimento das Prácticas (tamén dispoñible no apartado Descarga de Documentos da web)
  • Cumprir a totalidade do período de prácticas respectando os límites horarios de cada convocatoria e comprometéndose coas tarefas e rutinas asignadas pola entidade. Este requisito será acreditado pola entidade onde a/o alumna/o realizase as prácticas mediante a entrega á Facultade da correspondente certificación

O alumnado será cualificado como NON APTO nos seguintes casos:

  • No caso de renunciar ás prácticas unha vez iniciado o seu período de formación
  • No caso de non completar os meses de prácticas fixados en cada convocatoria e con atención ás horas máximas de dedicación semanal


5. Dereitos e deberes do alumnado en prácticas

Dereitos das/os alumnas/os en prácticas:

  • A ser titorizado e avaliado no desenvolvemento das prácticas
  • A que se lle recoñezan os créditos das prácticas matriculados unha vez recibida a avaliación positiva das mesmas
  • A recibir unha certificación con mención expresa da formación acadada na entidade colaboradora
  • Se a/o alumna/o matriculado nas prácticas non recibise a formación en prácticas por incumprimento da entidade colaboradora ou da USC, poderá optar pola devolución dos prezos públicos abonados ou pola súa inclusión nunha lista de agarda ou inscrición automática en futuras convocatorias, tendo preferencia sobre os novos solicitantes

Deberes das/os alumnas/os en prácticas:

  • Formalizar a matrícula das prácticas antes do inicio das mesmas e nos prazos establecidos en cada convocatoria, entendendo que de non facelo renuncia á realización de prácticas no curso académico correspondente
  • Realizar o número total de créditos matriculados con atención ás limitacións de horas de dedicación ás prácticas fixadas en cada convocatoria
  • Comprometerse co seu período de formación, capacitándose nas rutinas profesionais do medio, respectando o sistema organizativo da entidade colaboradora e evitando o incumprimento das tarefas asignadas
  • Comunicar á Oficina de Seguimento das Prácticas calquera dúbida, inquedanza ou incidencia que se produza no devalar das mesmas, así como calquera cambio nas condicións declaradas na solicitude que faga incompatible a realización das prácticas
  • Presentar unha memoria sobre a súa experiencia no Decanato da Facultade ou no enderezo practicas.comunicacion@usc.es nos 15 días seguintes á finalización das prácticas
  • Responder aos cuestionarios de avaliación remitidos desde a Oficina de Seguimento das Prácticas


6. A Oficina de Seguimento das Prácticas

A Oficina de Seguimento das Prácticas creouse no ano 2005 a raíz do Programa Piloto para o Seguimento das Prácticas en Empresas da Facultade de Ciencias da Comunicación para dar asistencia ao alumnado e ás entidades participantes no Programa de Prácticas.

As dúbidas e consultas sobre as prácticas en empresas ou institucións da Facultade de Ciencias da Comunicación deben dirixirse á Oficina. As vías de comunicación coa Oficina de Seguimento das Prácticas son:

  • Por correo electrónico ao seguinte enderezo: practicas.comunicacion@usc.es
  • Por teléfono no número 881 816 555
  • De forma presencial na Facultade de Ciencias da Comunicación (decanato) en horario de Luns a Venres e de 10 a 14 horas





MENÚ DE PRÁCTICAS


Alumnos:

Información xeral das prácticas

Convocatorias

Descarga de documentos

Preguntas frecuentes

Empresas e institucións:

Información xeral das prácticas

Descarga de documentos

Preguntas frecuentes




COMO CONTACTAR


Oficina de Seguimento das Prácticas

Despacho 32 da Facultade de CC. da Comunicación

Tlf. 981 563 100 Ext. 16550

Enviar correo electrónico