Ofertar aos profesionais médicos unha formación completa e rigurosa nos aspectos teóricos e prácticos da Acupuntura co fin de permitirlles incorporar esta técnica ao seu arsenal terapéutico dun xeito seguro e eficaz. Acadar unha maior difusión e coñecemento da Medicina Chinesa e da filosofía e forma de pensamento que a sustenta por parte da comunidade médica. O máster celébrase no Hospital Clínico Universitario de Santiago e na Unidade da Dor ao longo dunha fin de semana. O programa é teórico-práctico cunha formación ampla e eminentemente práctica.
Requisitos de acceso:
Licenciado en Medicina e Cirurxía
Médicos acupuntores
Sistema de selección:
Currículo
Procedemento de Avaliación:
Exame ao finalizar o curso
Calendario:
Sábado: de 9 a 14 horas e de 16 a 20 horas Domingo: de 9 a 15 horas Aulas de docencia do Hospital Clínico Universitario de Santiago Unidade da Dor do Hospital Clínico Universitario de Santiago