accesibilidade
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua » Formación Continua » Cursos de Formación Continua 2008-2009 » Curso F8R0
Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios e Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Curso de Experto en Construcción e Aplicación de Técnicas

Código: F8R0

Núm. de créditos: 13 Data Inicio: 17/10/08 Inicio Preinscrición: 08/09/08
Edición: 2 Data Finalización: 10/07/09 Fin Preinscrición: 03/10/08
Duración cursos: 1 Aprobación: 22/05/08  
Mínimo alumnos: 10 Prezo Euros: 390,00 Inicio Matrícula: 15/10/08
Máximo alumnos: 20 Prazos Pago: 2 Fin Matrícula: 24/10/08

Departamento / Centro Organizador:
Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua

Directores:
Taín Guzmán, Miguel
Camiruaga Osés, Idoia

Sé e enderezo do curso: Información:
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade s/n
15782 Santiago de Compostela
Abelleira Méndez, Sagrario
Facultade de Xeografía e Historia
Secretaría do Master en Renovación Urbana e Rehabilitación
Praza da Universidade s/n 15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 56 31 00 ext. 12604 / móvil: 664 000 463
Fax: 981 55 99 41
renovacionurbana@gmail.com
www.renovacionurbana.net

Obxectivos do curso:
Unha intervención contemporánea na Cidade Histórica require dunha política global que coordine as distintas accións, co obxectivo de promover a organización, transformación e renovación do tecido urbano, realizar as operacións de rehabilitación arquitectónica, e fomentar a revitalización do tecido social. Sabedores do grande valor dos Centros Históricos e conscientes de que a súa conservación e potenciación depende, en forte medida, da cualificación técnica e cultural dos axentes sociais implicados nos mesmos, así como tamén da información e sensibilización dos seus habitantes, consideramos imprescindible a formación especializada de profesionais no ámbito da "Renovación e Rehabilitación Urbana".

Para manter a vitalidade dos centros históricos -algúns xa ocupados por sectores de poboación marxinal ou desfavorecida, ou iniciando un proceso de aburguesamento ou "gentrifycation"- evitando ao mesmo tiempo a masificación ou abusivo uso turístico, precísase o apoio á recuperación das condicións de habitabilidade das vivendas e edificios para fixar á poboación residente, a mellora da contorna e a creación e dotación de equipamentos e servizos que faciliten a convivencia e a vida nos mesmos. A conservación efectiva dos centros históricos precisa de técnicos e empresas cualificadas e con coñecementos especializados en virtude das características propias da cidade e a arquitectura que se pretende rehabilitar. E, tamén, a existencia de xestores públicos capaces de atender as demandas dos residentes, individualizando cada caso e asesorando e encauzando cada unha das demandas de asistencia na renovación da cidade.

Requisitos de acceso:
Arquitectos, arquitectos técnicos, historiadores, historiadores da arte, xeógrafos e profesionales relacionados coa renovación urbana e a rehabilitación.

Sistema de selección:
Currículum, perfil profesional, expediente académico, breve memoria de intencións.

Procedemento de Avaliación:
Asistencia

Calendario:
Días da semana:
Xoves, venres e sábado (segundo calendario).
Horario:
Xoves de 16,00 a 20,30 h
Venres de 10,00 a 14,30 h e de 16,00 a 20,30 h
Sábado de 10,00 a 14,30 h (segundo calendario)

Programa:
1. Os traballos previos. Créditos: 1,4
2. A pedra e as fábricas. Créditos: 2,4
3. O acondicionamiento dos edificios. Créditos: 1,6
4. A madeira. Créditos: 2,4
5. As instalacións. Créditos: 2,8
6. O espazo público. Créditos: 0,6
7. Os bens mobles. Créditos: 0,5

Este curso forma parte de:
Máster en Renovación Urbana e Rehabilitación (M867)

 
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00