accesibilidade
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao » Formación Continua » Cursos de Formación Continua 2009-2010 » Curso F9W9
Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios e Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Iniciación á Metodoloxía científica nos Estudos Clásicos

Código: F9W9

Núm. de créditos: 7 Data Inicio: 28/01/10 Inicio Preinscrición: 15/10/09
Edición: 1 Data Finalización: 16/02/10 Fin Preinscrición: 15/11/09
Duración cursos: 1 Aprobación: 14/07/09  
Mínimo alumnos: 15 Prezo Euros: 25,00 Inicio Matrícula: 30/11/09
Máximo alumnos: 30 Núm. prazos de pago fraccionado: 1 Fin Matrícula: 31/12/09

Departamento / Centro Organizador:
Departamento de Latín e Grego
Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos

Directores:
Cecilia Criado Boado
Xosé Antonio López Silva

Sé e enderezo do curso: Información:
Facultade de Filoloxía. Avda. de Castelao s/n 15782 Santiago de Compostela Tlfno: 981594488 (ext:11850) Fax:981574646 MARÍA JOSÉ MARTÍN VELASCO
Facultad de Filología. Avda. de Castelao sn
15782 Santiago de Compostela
629020093/981594488 (ext. 11850)
mariajose.martin.velasco@usc.es;lgchevip@gmail.com
http://www.seecgalicia.org

Obxectivos do curso:
Actualización científica dos licenciados en titulacións filolóxicas e afíns.
- Introdución á metodoloxía da investigación nas áreas filolóxicas e afíns.
- Iniciación teórico-práctica nas materias lingüísticas e literarias que capacitan o alumno para o desenvolvemento dos traballos de investigación da segunda fase do programa.
Este curso ten por obxecto poñer ao alcance dos alumnos de xeito sistemático os rudimentos da técnica do traballo científico. Ten, pois, un marcado carácter práctico e limitarase a ofrecer un conxunto de regras prácticas, modos e procedementos que brinden aos estudantes unha orientación para resolver algunhas das dúbidas e problemas que lles xurdan nos distintos traballos cos que haberán de enfrontarse no transcurso da súa vida profesional. Así, verase ao longo do curso unha serie de conceptos, dende os máis elementais como poden ser a clasificación ou as normas de presentación do traballo científico, ata a busca, a través de internet, de bases de datos específicas das distintas áreas de coñecemento que se encravan no ámbito da filoloxía.
Metodoloxía
farase un especial fincapé no proceso de adquisición de destrezas e ferramentas que lles poidan ser útiles aos alumnos
durante a impartición do programa e con posterioridade a este. Os alumnos
farán visitas periódicas á Biblioteca e Salas de Revistas de varias Facultades do
campus para aprender a localizar o material literario e crítico pola súa conta no
período de investigación. Igualmente, facilitaráselles o acceso a internet para poder
comprobar os fondos existentes noutras universidades e centros de investigación
ademais de acceder a todo tipo de información en liña (bases de datos, bibliografías,
revistas electrónicas, etc). Nos distintos seminarios do programa destacarase en
todo momento o aspecto práctico das diversas actividades metodolóxicas para que
os estudantes fagan uso do proceso de auto aprendizaxe no futuro.

Requisitos de acceso:
ALUMNADO CURSANDO A TITULACIÓN DE FILOLOXÍA CLÁSICA. TITULADOS EN FILOLOXÍA CLÁSICA

Sistema de selección:
Seguirase o criterio de orde de preinscrición

Procedemento de Avaliación:
O alumno deberá asistir ás ponencias previstas do curso.
Asimesmo valorarase a súa participación nos debates e actividades de aula.

O alumno deberá realizar no prazo fixado as tarefas encomendadas polo seu profesor, que consistirán na elaboración dun traballo e/ou proba de capacitación dos obxectivos didácticos do curso. En caso de realizarse un traballo, esté consistirá nunha compilación de datos (la
preparación de un repertorio bibliográfico) así como una reseña de una obra de
carácter crítico (en ambos casos sobre un tema con el que no estén inicialmente
familiarizados) para así poder evaluar tanto la utilización de los recursos que están a
su alcance como el dominio de sistemas de documentación e investigación trabajados durante el curso. También se tendrá en cuenta la
aplicación de las distintas técnicas enseñadas a lo largo de este curso en la
preparación y redacción de dicho trabajo de investigación. Los trabajos serán
evaluados tanto por su contenido y rigor crítico como por la aplicación adecuada de
las técnicas aprendidas en el curso sobre metodología

Titorías:
Os profesores estarán en contacto permanente cos alumnos durante a realización do curso e asemade, trala súa finalización, no caso de que se lles encomendara a elaboración dun traballo de avaliación do curso.

Calendario:
O curso comenza o xoves 28 de xaneiro de 2010: 16:30-20.30 h.

O resto do curso impartiráse os luns, martes, mércores e xoves de 16:30 a 20:30


Aula: 27

Programa:
1. A metodoloxía científica nos Estudios Clásicos. Introducción Xeral. Créditos: 1
2. A elaboración dun traballo científico en Filoloxía Clásica. Métodos e elementos característicos . Créditos: 2
3. Internet como método de investigación para Filoloxía Clásica . Créditos: 2
4. A metodoloxía científica en Filoloxía Clásica. Aspectos teóricos e prácticos. . Créditos: 2

 
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00