Información Xeral
Estudos de Formación Continua
Son estudos de duración curta orientados á formación continua ou
a temas de especialización moi específicos.Os estudos de Formación
Continua da Universidade de Santiago de Compostela poden ser de tres
tipos de cursos:
a) Cursos Básicos: de 1 ata 3 créditos
b) Cursos de Perfeccionamento: de 3 ata 10 créditos
c) Cursos de Experto Universitario: de 10 créditos ou máis
A participación regular nun destes cursos, entendida segundo os
criterios que se determinen, dará lugar a un Diploma de
Participación. Se o curso inclúe un procedemento de avaliación,
aqueles estudantes que o superen recibirán un Diploma de
Aproveitamento.
Os aspirantes a cursaren estudos de formación
continua presentarán a correspondente solicitude de admisión e, de
se-lo caso, de bolsa, no lugar e prazo que o director dos estudos
fixe, debidamente publicitados a través do CPTF.
O director realizará un proceso de selección e efectuará as
seguintes xestións:
-
Publica-las listas de admitidos e excluídos. No caso de que
os cursos o consideren, entre os admitidos indicarase os que
teñen concedida unha bolsa e a súa contía.
-
Fixa-lo prazo de reclamacións.
-
Publicar as listas definitivas de admitidos e bolseiros, e o
horario de impartición dos estudos.
-
Publica-los prazos de matrícula.
Os
alumnos deberán formaliza-la matrícula na SECCIÓN DE POSGRAO, TERCEIRO
CICLO E FORMACIÓN CONTINUA, nas datas que se indicarán para cada un
dos cursos, e aboarán o importe de matrícula que corresponda mediante
o ingreso nunha conta bancaria da Universidade.
Establecemento Seguro Obrigatorio de Accidentes e Asistencia en viaxe
para estudantes da USC (Acordo
Consello Goberno 29 de xuño de 2009)
Para garantir que todos/as os alumnos teñan subscrito un seguro
obrigatorio de accidentes no momento de matricularse, o seu importe
inclúese na liquidación da matricula
Os diplomas de aproveitamento e de participación
nos cursos de formación continua expedidos pola USC serán asinados
polo reitor ou persoa en quen delegue e polo xefe da dependencia
administrativa responsable da tramitación e expedición do
correspondente título, en modelo normalizado no que poderá figurar
impresa a sinatura do reitor, e causarán constancia rexistral nun
Rexistro creado para tal efecto. No reverso do diploma figurará a
relación de materias e créditos cursados.
As solicitudes de expedición presentaranse na SECCIÓN DE POSGRAO, TERCEIRO CICLO E FORMACIÓN CONTINUA
(Pavillón estudiantil- Campus Universitario Sur, 15782 Santiago de
Compostela).
Para a expedición pola USC de Títulos Propios,
Diplomas e certificados é necesario realiza-lo pagamento das taxas
que aprobe o Consello Social para cada ano académico.
|