|
|
Curso de Especialización en Edición
Código: E416
| Núm. de créditos: |
24,2 |
|
Data Inicio: |
06/10/04 |
|
Inicio Preinscrición: |
01/06/04 |
| Edición: |
1 |
|
Data Finalización: |
09/07/05 |
|
Fin Preinscrición: |
01/09/04 |
| Duración cursos: |
1 |
|
Aprobación: |
11/05/04 |
|
|
|
| Mínimo alumnos: |
10 |
|
Prezo Euros: |
600,00 |
|
Inicio Matrícula: |
06/09/04 |
| Máximo alumnos: |
15 |
|
Prazos Pago: |
1 |
|
Fin Matrícula: |
24/09/04 |
| Departamento / Centro Organizador: |
| Departamento de Filoloxía Galega |
| Directores: |
Mª Mercedes Brea López Xabier Senín Fernández |
| Obxectivos do curso: |
Este curso realizase en colaboración coa Xunta de Galicia. Está dirixido en xeral a licenciados de calquera especialidade -con preferencia ós proviñentes de Filoloxías, Humanidades ou Ciencias Sociais- que pretendan orientar a súa carreira profesional cara ó sector editorial, e, moi especialmente, a profesionais do sector que desexen ampliar, actualizar ou afondar o seu coñecemento e práctica dos procesos editoriais fundamentais. O curso oferta unha docencia orientada ó tratamento sistemático dos coñecementos e técnicas comprometidos nos procesos fundamentais da actividade editorial. Curso en modalidade presencial. |
| Requisitos de acceso: |
| Licenciados ou diplomados en calquera especialidade , especialmente os provenientes de Filoloxías, Humanidades e Ciencias Sociais. Excepcionalmente admitiranse estudantes sen titulación universitaria: Profesionais que acrediten experiencia no sector editorial e teñan superado COU ou FPII; ou non titulados universitarios que acaden o seu título universitario antes de que acabe o ano académico correspondente ós estudios de especialización. |
| Sistema de selección: |
| Curriculum e carta de presentación na que se relaten os intereses persoais para levar a cabo a realización deste curso. |
| Programa: |
1. De Gutemberg ó bit: presente e futuro da edición trala revolución dixital (Conferencia inaugural do Máster). Créditos: 0,2 2. As habilidades dun bo editor (Conferencia de clausura do Máster). Créditos: 0,2 3. Economía Editorial. Créditos: 3,4 4. Aspectos Xurídico-normativos da edición. Créditos: 4 5. O deseño en Edición. Créditos: 4,4 6. Edición dixital. Créditos: 6 7. Comercialización e distribución. Créditos: 4 8. Proxecto final. Créditos: 2 |
|