accesibilidade
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao » Posgrao propio » Másteres 2008-2009 » Curso M874
Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios e Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Máster Internacional en Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional

Código: M874

Núm. de créditos: 60 Data Inicio: 15/11/08 Inicio Preinscrición: 01/09/08
Edición: 1 Data Finalización: 30/06/09 Fin Preinscrición: 31/10/08
Duración cursos: 1 Aprobación: 30/05/08  
Mínimo alumnos: 12 Prezo Euros: 2.000,00 Inicio Matrícula: 01/11/08
Máximo alumnos: 15 Núm. prazos de pago fraccionado: 2 Fin Matrícula: 12/11/08

Departamento / Centro Organizador:
Instituto de Estudios e Desenvolvemento de Galicia

Directores: Calendario pagamento fraccionado
Carlos Ferrás Sexto :
:

1.000,00 €
1.000,00 €

01/09/08-30/09/08
15/12/08-31/12/08


Sé e enderezo do curso: Información:
IDEGA
Avenida das Ciencias, s/n
Santiago de Compostela, 15782
Teléfono: 981 563 100 Extensión 14339
Fax: 981 599 935
Carlos Ferrás Sexto
José Carlos Macía Arce
Departamento de Xeografia
Facultade de Xeografía e Historia
IDEGA
Santiago de Compostela
Teléfono: 981 563 100 Extensión 12704, 44023, 44260
carlos.macia@usc.es;carlos.ferras@usc.es
http://www.gist.es

Obxectivos do curso:
A Informática Social pretende establecer as condicións de colaboración científica entre tecnólogos, científicos sociais e creadores das artes e das humanidades, cuxo fin último é buscar o desenvolvemento económico, social, cultural, etc. en territorios concretos, poñendo en valor e impulsando os fluxos de comunicación e coñecemento entre o urbano e o rural e entre as rexións periféricas e as centrais.
O alumnado do Master Internacional en Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional debe ser consciente da importancia que adquiren as TIC na sociedade actual, na que se converten en ferramentas estratéxicas capaces de desenvolver social, cultural e económicamente unha cidade, municipio, rexión, país ou territorio en xeral.
Os obxectivos do Master Internacional en Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional teñen unha dobre orientación profesional e investigadora. No ámbito profesional, a intención do Master é formar a técnicos especializados en TIC, Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional, cubrindo novos postos de traballo na administración pública e nas comunidades locais como axentes de desenvolvemento social especializados en novas tecnoloxías. En termos de investigación, o obxectivo é formar a investigadores de excelencia especializados en técnicas de investigación cuantitativa e cualitativa. O Master aposta polos métodos comprensivos e de aprendizaxe continuo, fronte ó enfoque clásico baseado na memorización.

Requisitos de acceso:
Os alumnos e alumnas interesados en realizar o Master Internacional en Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional deben ter, preferentemente, unha titulación universitaria nas ramas de coñecemento das Humanidades e das Ciencias Sociais. Tamén se valorará moi especialmente ós alumnos e alumnas con titulacións en Informática, Enxeñería Informática, Telecomunicacións e calquera outra titulación con interese na dixitalización de información e a súa difusión a través das Novas Tecnoloxías.
Para realizar o Master Internacional en Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional resulta imprescindible o manexo de dúas linguas, a escoller entre galego, castelá, portugués e inglés.
Tamén é imprescindible unha formación paralela en Tecnoloxías da Información e a Comunicación. Valórase especialmente o manexo de aplicacións informáticas relacionadas co tratamento de textos, a xestión estatística en bases de datos e os Sistemas de Información Xeográfica. Tamén se valora o coñecemento das ferramentas básicas de traballo en Internet (búsqueda e localización de información de interese, apoio técnico na creación de comunidades virtuais, traballo de software con recursos dixitais multimedia, etc.).
A formación complementaria (Cursos de Especialización, Masters, etc.) e a experiencia profesional previa valoraranse positivamente sempre e cando garden relación cos contidos do Master Internacional en Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional.
Os alumnos e alumnas seleccionados terán ademais unha predisposición positiva para traballar en grupos multidisciplinares e unha gran capacidade de comunicación para dar a coñecer na comunidade científica e nos distintos ámbitos profesionais os avances de investigacións científicas e proxectos laborais.
Por último, é condición indispensable a súa disposición para realizar estancias de investigación noutras universidades e países.

Sistema de selección:
Os criterios de valoración de méritos dos candidatos preseleccionados establécense en base ós seguintes baremos de calificación:
1. Expediente académico (40%)
2. Coñecemento de idiomas (20%)
3. Manexo de ferramentas informáticas (20%)
4. Formación complementaria e experiencia profesional (5%)
5. Outros méritos (5%)
A Comisión Académica se reserva a posibilidade de realizar entrevistas persoais ós candidatos preseleccionados, constituindo as mesmas un 10% do valor da calificación final.
Unha vez iniciado o Master Internacional en Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional, será competencia exclusiva da Comisión Académica a posible admisión de novos alumnos e alumnas no programa.

Procedemento de Avaliación:
Os alumnos e alumnas do Master Internacional en Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional adquirirán e demostrarán nun proceso de avaliación continua unha serie de competencias xerais e específicas moi valiosas para introducirse no mercado laboral, ou ben para comprometerse definitivamente coa investigación universitaria:
1. Formación para dirixir propostas relacionadas coa Informática Social e para dinamizar social, cultural e económicamente comunidades locais, empregando como ferramentas estratéxicas as TIC.
2. Capacidade para adaptar as estructuras administrativas públicas ás novas necesidades que xorden coas TIC na Sociedade da Información: plan de infraestructuras, xerarquía de traballo e dirección e organización de equipos de traballo multidisciplinares, formación de recursos humanos, solvencia para interpretar e avaliar con espírito critico a viabilidade dunha proposta de traballo, condicións técnicas e profesionais para poñer en funcionamento un proxecto TIC ou unha Comunidade Virtual de intervención directa nunha comunidade local (administración rigorosa das axudas e subvencións públicas e privadas, conformación de equipos de traballo competentes, asignación de tarefas e establecemento dun cronograma de traballo, seguimento eficaz das tarefas programadas, manexo das técnicas de comunicación e difusión de resultados).
3. Motivación para seguir formándose en novas técnicas de traballo e metodoloxías de investigación dun xeito autodidacta, apostando especialmente pola formación E-learning en contacto con outros técnicos ou investigadores especializados en TIC e Informática Social.

Titorías:
Está prevista unha estructura de apoio e orientación constante para o alumnado que decida realizar o Master Internacional en Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional. As principais accións, actividades e medios postos a disposición se poden resumir en dúas grandes iniciativas:
Programación das Titorías
Asignación dun titor/a a cada alumno/a, responsable de facer un seguimento puntual do grado de aproveitamento no Master Internacional en Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional por parte do alumno/a. Titores e alumnado terán encontros presenciais e a través de Internet (correo electrónico, foros e chat).
Servicio de Información
O Master pon a disposición do alumnado un servicio constante de información sobre axudas e oportunidades (bolsas de investigación e emprego, traballos en prácticas, participación en proxectos de investigación, axudas para mobilidade, etc.), información enviada a través dun "sistema de alertas" vía correo electrónico.

Calendario:
O Master en Informática Social e Desenvolvemento Urbano-Rexional se imparte de luns a xoves en horario de tarde, das 16:00 ás 20:00 horas.
As aulas previstas para impartir o master atópanse no Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) da Universidade de Santiago de Compostela.

Programa:
1. FUNDAMENTOS TECNOLÓXICOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN. Créditos: 5
2. TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN. Créditos: 5
3. TALLER DIXITAL: PRODUCCIÓN DE CONTIDOS DIXITAIS. Créditos: 5
4. SEMINARIO DE ESTUDOS DE CASOS INTERNACIONAIS. Créditos: 5
5. COMUNIDADES VIRTUAIS. Créditos: 5
6. TEORÍA E PRÁCTICA DO MARKETING TERRITORIAL. Créditos: 5
7. A EMPRESA NA SOCIEDADE DO COÑECEMENTO. Créditos: 5
8. TALLER DIXITAL II: RECURSOS MULTIMEDIA. Créditos: 5
9. INFORMÁTICA APLICADA AO DESEÑO EN INTERNET. Créditos: 5
10. INDUSTRIAS CULTURAIS NO AUDIOVISUAL. Créditos: 5
11. MÉTODOS DE INVESTIGACIÓN CUANTITATIVOS E CUALITATIVOS. Créditos: 5
12. ÁMBITOS DE APLICACIÓN DAS NOVAS TECNOLOXÍAS. Créditos: 5
13. INNOVACIÓN E EMPRENDEMENTO. Créditos: 5
14. DESENVOLVEMENTO EUROPEO. DISTINTAS APRECIACIÓNS EN EUROPA. Créditos: 5
15. RELACIÓNS CENTRO PERIFERIA EN EUROPA. Créditos: 5
16. XESTIÓN DE BASES DE DATOS. Créditos: 5
17. ESTRATEXIAS DE INVESTIGACIÓN. Créditos: 5
18. PLANEAMENTO ESTRATÉXICO DE SISTEMAS DE INFORMACIÓN. Créditos: 6
19. REPRESENSTACIÓN DO CONHECIMENTO. Créditos: 6
20. ANÁLISE DE DATOS. Créditos: 6
21. COMUNICACIÓN DA INFORMACIÓN. Créditos: 6
22. TELEMÁTICA E DESENVOLVEMENTO LOCAL. Créditos: 6
23. INNOVACIÓN E DESENVOLVEMENTO LOCAL. Créditos: 6
24. TRABALLO FINAL EN INFORMÁTICA SOCIAL E DESENVOLVEMENTO URBANO-REXIONAL. Créditos: 15
25. Prácticas tuteladas en empresas. Créditos: 30

 
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00