|
|
Curso de Especialista en Orientación e Mediación
Código: E824
| Núm. de créditos: |
51 |
|
Data Inicio: |
25/10/08 |
|
Inicio Preinscrición: |
16/06/08 |
| Edición: |
3 |
|
Data Finalización: |
19/12/09 |
|
Fin Preinscrición: |
16/09/08 |
| Duración cursos: |
2 |
|
Aprobación: |
30/05/08 |
|
|
|
| Mínimo alumnos: |
3 |
|
Prezo Euros: |
2.500,00 |
|
Inicio Matrícula: |
17/09/08 |
| Máximo alumnos: |
25 |
|
Núm. prazos de pago fraccionado: |
2 |
|
Fin Matrícula: |
16/10/08 |
| Departamento / Centro Organizador: |
| Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación |
| Directores: |
|
Calendario pagamento fraccionado |
AGUSTÍN DOSIL MACEIRA JOSÉ NAVARRO GÓNGORA |
|
1º: 2º:
| 1.500,00 € 1.000,00 €
| 17/09/08-16/10/08 01/05/09-10/05/09
|
| Sé e enderezo do curso: |
|
Información: |
DPTO. PSICOLOXÍA EVOLUTIVA E DA EDUCACIÓN FACULTADE DE PSICOLOXÍA CAMPUS SUR S/N 15782 SANTIAGO DE COMPOSTELA 981563100 EXT 13736 |
|
JOSE ANTONIO EXPÓSITO PICALLO DPTO. PSICOLOXÍA EVOLUTIVA E DA EDUCACIÓN - FACULTADE DE PSICOLOXÍA (Despacho Prof. Dosil) CAMPUS SUR - SANTIAGO TFNO. 610279585
mfamilia@usc.es
|
| Obxectivos do curso: |
A familia é a unidade natural e fundamental da sociedade, onde maduran as relacións humanas, núcleo da sociedade, ámbito natural de crecemento e benestar de tódolos seus membros, en particular dos nenos (ONU: New York, 1959; México, 1975; New York, 1979-88).Os dereitos do home e os dereitos da familia teñen como destinatario último á persoa, por iso non pode haber contradicción ou antagonismo entre eles. A familia e a persoa non poden medrar sen prestarse axuda recíproca. O camiño cara unha maior humanización da nosa sociedade pasa indefectiblemente por un desenvolvemento armónico dos dereitos do home e da familia, porque en último caso tanto as persoas como a sociedade articúlanse familiarmente. A profunda transformación que está experimentando nos últimos tempos a sociedade repercute de forma moi directa no ámbito familiar, emerxendo unha problemática complexa que demanda a formación de profesionais neste campo. Neste contexto, a Universidade, responsable da formación científica dos profesionais, síntese obrigada a dar resposta a esta esixencia social proporcionando ós mesmos una capacitación específica para intervir no complexo mundo da familia.Agora ben neste empeño, resulta preciso que a Universidade conte coa colaboración doutras Institucións que teñen unha dilatada experiencia no mundo da familia e que posibiliten a dimensión práctica e de contacto coas familias, que por outra parte é unha esixencia dunha formación de posgrao. Esta colaboración coa Universidade de Santiago, permitirá que os alumnos do Máster poidan realizar as correspondentes prácticas, na medida das posibilidades o máis preto dos seus lugares de procedencia..
OBXECTIVOS: 1. Adquirir coñecementos teórico-prácticos da problemática que afecta á familia na sociedade actual e das técnicas a utilizar para a solución das mesmas no contexto familiar 2. Adquirir as habilidades necesarias para a intervención e o exercicio profesional en mediación familiar
METODOLOXÍA:
A metodoloxía ten presente tanto a dimensión profesional como científica do curso. O programa presencial combinará as sesións maxistrais co traballo en pequenos grupos, e coas sesións clínicas nas que os alumnos poderán presenciar situacións de interese e casos nos que progresivamente irán compartindo co profesional especialista tanto a avaliación como a intervención. As sesións presenciais serán completadas cun ambicioso programa de Prácticum que permitirá ós alumnos recibir unha formación nos escenarios profesionais, titorizada por un profesional do sector. Con esta finalidade a Universidade de Santiago asinou convenios coa Xunta de Galicia, Centros de Saúde, Centros Educativos, Centros de Orientación Familiar, Concellos e outros Organismos e Institucións Públicos e Privados. O Programa das actividades non presenciais tamén titorizadas polos profesionais do Curso, completará a formaicón, que se verá rubricada coa presentación e defensa do Proyecto Final |
| Requisitos de acceso: |
| PSICÓLOGOS, PEDAGOGOS, PSICOPEDAGOGOS, MESTRES, TRABALLADORES SOCIAIS, EDUCADORES SOCIAIS, AVOGADOS, MÉDICOS, ENFERMEIROS, E AQUELES OUTROS QUE A XUIZO DA COMISIÓN ACADÉMICA POIDAN REALIZAR O CURSO CON APROVEITAMENTO (así como estudiantes destas áreas académicas que obteñan a súa titulación no exercicio en Curso) |
| Sistema de selección: |
| ADECUACIÓN DA TITULACIÓN, ENTREVISTA, ORDEN DE PREINSCRICIÓN, EXPEDIENTE E MÉRITOS |
| Procedemento de Avaliación: |
| CONTINUA E PROXECTO FIN DE CURSO |
| Titorías: |
| TITORÍAS PERSOALIZADAS ASIGNADAS POR MÓDULO IMPARTIDO |
| Calendario: |
AS SESIÓNS TEÓRICAS PRESENCIAIS CELEBRARÁNSE EN XORNADA DE SÁBADOS ALTERNOS. (HORARIO DE 10.00 HORAS A 20.00 HORAS) DE FORMA PUNTUAL ORGANIZARÁNSE CONFERENCIAS MONOGRÁFICAS/SEMINARIOS ESPECÍFICOS EN XORNADA DE VENRES POLA TARDE. AULAS: FACULTADE DE PSICOLOXÍA: ACTOS OFICIAIS E SEMINARIOS INSTITUTO DA FAMILIA: AULA MULTIUSOS E AULA CLÍNICA |
| Programa: |
1. RELACIÓN FAMILIA E CENTRO EDUCATIVO. ORIENTACIÓN FAMILIAR DENDE A ESCOLA. INTERVENCIÓN EN PROBLEMAS DE NENOS E ADOLESCENTES. Créditos: 8 2. CONSUMO DE DORGAS E PROGRAMAS DE PREVENCIÓN E SAÚDE. CONSUMO DE ALCOOL E PROGRAMAS DE PREVENCIÓN E SAUDE . Créditos: 4 3. VIOLENCIA, MALTRATO, ABANDONO E ABUSO SEXUAL EN MENORES. Créditos: 4 4. TRASTORNOS PSICOPATOLÓXICOS E MODELOS PSICOEDUCATIVOS. TRASTORNOS DE ALIMENTACIÓN E MODELOS DE INTERVENCIÓN. Créditos: 4 5. ADOPCIÓN E ACOLLEMENTO. Créditos: 2 6. A FAMILIA CON ANCIÁNS. Créditos: 2 7. MEDIACIÓN FAMILIAR. Créditos: 4 8. A PERSOA DO ORIENTADOR E DO TERAPEUTA FAMILIAR. Créditos: 4 9. PRÁCTICUM. Créditos: 14,5 10. PROXECTO FINAL. Créditos: 5 |
|