accesibilidade
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua » Posgrao propio » Másters 2008-2009 » Curso M867
Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios e Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Máster en Renovación Urbana e Rehabilitación

Código: M867

Núm. de créditos: 50 Data Inicio: 17/10/08 Inicio Preinscrición: 08/09/08
Edición: 4 Data Finalización: 10/07/09 Fin Preinscrición: 03/10/08
Duración cursos: 1 Aprobación: 22/05/08  
Mínimo alumnos: 17 Prezo Euros: 1.500,00 Inicio Matrícula: 15/10/08
Máximo alumnos: 38 Prazos Pago: 3 Fin Matrícula: 24/10/08

Departamento / Centro Organizador:
Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua

Directores:
Taín Guzmán, Miguel
Camiruaga Osés, Idoia

Sé e enderezo do curso: Información:
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade s/n
15782 Santiago de Compostela
Abelleira Méndez, Sagrario
Facultade de Xeografía e Historia
Secretaría do Master en Renovación Urbana e Rehabilitación
Praza da Universidade s/n 15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 56 31 00 ext. 12604 / móvil: 664 000 463
Fax: 981 55 99 41
renovacionurbana@gmail.com
http://www.renovacionurbana.net

Obxectivos do curso:
Unha intervención contemporánea na Cidade Histórica require dunha política global que coordine as distintas accións, co obxectivo de promover a organización, transformación e renovación do tecido urbano, realizar as operacións de rehabilitación arquitectónica, e fomentar a revitalización do tecido social. Sabedores do grande valor dos Centros Históricos e conscientes de que a súa conservación e potenciación depende, en forte medida, da cualificación técnica e cultural dos axentes sociais implicados nos mesmos, así como tamén da información e sensibilización dos seus habitantes, consideramos imprescindible a formación especializada de profesionais no ámbito da "Renovación e Rehabilitación Urbana".

Para manter a vitalidade dos centros históricos -algúns xa ocupados por sectores de poboación marxinal ou desfavorecida, ou iniciando un proceso de aburguesamento ou "gentrifycation"- evitando ao mesmo tiempo a masificación ou abusivo uso turístico, precísase o apoio á recuperación das condicións de habitabilidade das vivendas e edificios para fixar á poboación residente, a mellora da contorna e a creación e dotación de equipamentos e servizos que faciliten a convivencia e a vida nos mesmos. A conservación efectiva dos centros históricos precisa de técnicos e empresas cualificadas e con coñecementos especializados en virtude das características propias da cidade e a arquitectura que se pretende rehabilitar. E, tamén, a existencia de xestores públicos capaces de atender as demandas dos residentes, individualizando cada caso e asesorando e encauzando cada unha das demandas de asistencia na renovación da cidade.

Os obxectivos que se perseguen, a grandes rasgos son:

1.- A conservación dos centros históricos. Non se considera só desde o punto de vista da restauración ou conservación da súa materia, é dicir, os seus edificios de valor especial. Enténdese o centro histórico como peza vital no conxunto da cidade, como cidade completa e complexa que foi e aínda hoxe é, cos seus edificios, espazos, ambientes e, especialmente, os seus cidadáns. A rehabilitación para os cidadáns.

2.- Emprego de técnicas e sistemas axeitados. Desde o punto de vista da rehabilitación, dase valor prioritario ao desenvolvemento e emprego de materiais e técnicas respetuosos, lixeiros e compatibles. O uso de técnicas actuais de seguemiento dos procesos de rehabilitación e renovación.

3.- Considerar a renovación urbana como proceso solidario do que deben participar todos os implicados: todos os cidadáns e cada un desde a súa posición, técnicos, urbanistas, usuarios.... Os centros históricos seguen formando parte das nosas cidades e son, en moitos casos, se xa non o centro económico, si o noso estandarte cultural, a referencia que fai que nos sintamos representados como colectivo diferenciado.

4.- A conciencia de que o proceso debe ser sostible e exportable.

O Máster preténdese principalmente práctico, desenvolvendo os alumnos, en equipo e de xeito individual, proxectos de renovación urbana que respondan a problemas actuais dos distintos centros históricos de Galicia. Os proxectos poderán versar sobre:

- Rehabilitación de edificios de valor ou catalogados habitados e/ou baleiros;
- Rehabilitación de conxuntos de edificios de valor cultural;
- Estudo e proposta de renovación de tecidos históricos;
- Proposta de renovación e integración de tecidos residenciais do S. XX incluídos nos centros históricos;
- Estudos de accesibilidade e relación entre os centros históricos e o resto da cidade;
- Rehabilitación de elementos ou conxuntos integrados en paisaxe natural ou urbano;
- Estudo da evolución actual de sectores de poboación -nenos, anciáns, xoves, mulleres-, e económicos -mercado, comercio-usos dos espazos públicos ás distintas horas do día -terciarización- nos centros históricos e as súas áreas de influencia ou as cidades xeradas a partir deles.

O desenvolvemento destes proxectos complementarase cunha serie de cursos, seminarios e charlas que tocarán as disitintas disciplinas necesarias nos complexos procesos de renovación urbana. Preténdese que cada equipo non sexa homoxéneo, é dicir, que esté integrado por técnicos e/ou profesionais distintos.

Este Máster está dirixido a arquitectos, aparelladores, historiadores da arte, xeógrafos, economistas, avogados, arqueólogos, técnicos da administración pública e de empresas dos distintos sectores da construción afíns.



Requisitos de acceso:
Arquitectos, arquitectos técnicos, historiadores, historiadores da arte, xeógrafos e outros licenciados e diplomados en titulacións relacionadas coa renovación urbana e a rehabilitación.

Sistema de selección:
Currículo, expediente académico, perfil profesional, breve memoria de intencións.
Un 70 % das plazas están reservadas para arquitectos e arquitectos técnicos.

Procedemento de Avaliación:
Elaboración dun proxecto.
Asistencia

Calendario:
Días da semana:
Xoves, venres e sábado (segundo calendario).
Horario:
Xoves de 16,00 a 20,30 h
Venres de 10,00 a 14,30 h e de 16,00 a 20,30 h
Sábado de 10,00 a 14,30 h (segundo calendario)

Programa:
1. Construción e Aplicación de Técnicas. Créditos: 13
2. Vivenda, Cidade e Territorio . Créditos: 9,5
3. Xestión e Políticas Urbanas . Créditos: 4,5
4. Visitas, proxectos e obras. Conferencias complementarias. Créditos: 3
5. Taller Obradoiro. Traballo práctico sobre proxectos reais. Créditos: 20

Este curso engloba ós seguintes cursos de posgrao ou formación contínua:
Curso de Experto en Construcción e Aplicación de Técnicas (F8R0)
Curso de Perfeccionamiento en Vivenda, Cidade e Territorio (F8R1)
Curso de Perfeccionamiento en Xestión e Políticas Urbanas (F8R2)

 
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00