accesibilidade
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao » Posgrao propio » Cursos de Especialización 2009-2010 » Curso E998
Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios e Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Curso de Especialización en Economía e Xestión da Innovación

Código: E998

Núm. de créditos: 33,8 Data Inicio: 01/10/09 Inicio Preinscrición: 01/09/09
Edición: 10 Data Finalización: 31/07/10 Fin Preinscrición: 20/09/09
Duración cursos: 1 Aprobación: 14/05/09  
Mínimo alumnos: 20 Prezo Euros: 2.000,00 Inicio Matrícula: 25/09/09
Máximo alumnos: 30 Núm. prazos de pago fraccionado: 2 Fin Matrícula: 15/10/09

Departamento / Centro Organizador:
Departamento de Economía Aplicada
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Directores: Calendario pagamento fraccionado
Xavier Vence Deza :
:

1.000,00 €
1.000,00 €

25/09/09-15/10/09
01/03/10-15/03/10


Sé e enderezo do curso: Información:
Facultade CC. Económicas e Empresariais-USC
Santiago de Compostela 15782
981563100 ext 11567
María del Carmen Sánchez Carreira
Facultade de CC. Económicas, Avda Xoan XXIII, s/n
Santiago de Compostela 15782
981563100 ext 11647, 981559965
carmela.sanchez@usc.es

Óscar Rodil Marzábal
Facultade de CC. Económicas, Avda Xoan XXIII, s/n
Santiago de Compostela 15782
981563100 ext 11657, 981559965
oscar.rodil@usc.es
xavier.vence@usc.es
http://www.usc.es/icede

Obxectivos do curso:
OBXECTIVOS:

O curso ten como obxectivo proporcionar aos participantes unha formación de alto nivel como xestores da I+D e da innovación na empresa, centros tecnolóxicos e Universidades.

A formación abarca todo o relacionado co deseño de proxectos de investigación, coa avaliación e xestión dos mesmos, e a xestión dos seus resultados científico-tecnolóxicos.

Especial relevancia ten a avaliación de proxectos de innovación empresariais e a creación de empresas de base tecnolóxica.

O curso tamén inclúe contidos específicos para a formación de xestores de programas nos organismos de planificación e xestión de políticas de I+D e innovación. A formación adquirida tamén lle aportará ao estudante un coñecemento para iniciar unha carreira como investigador na área de análise económica da innovación e do cambio tecnolóxico.

O profesorado está seleccionado entre o de máis alto nivel neste campo en Galicia e no Estado Español, conformado nun 75% por doutores e contando tamén coa presenza de responsables de institucións e empresas e de expertos nas distintas materias.
Permitirá afondar no coñecemento dos problemas de política e de xestión da ciencia e a tecnoloxía, facilitando a vinculación progresiva dos alumnos coa realidade na que desempeñen a súa actividade profesional.

METODOLOXÍA:

En cada módulo combinaranse as clases teóricas impartidas por profesores universitarios ou profesionais de recoñecido prestixio con actividades formativas noutros formatos (seminarios, mesas redondas, exposicións de traballos realizados polos alumnos, busca e análise de dados e, mesmo visitas a algún centro tecnolóxico).

O curso constará de oito horas de docencia semanal, das que dúas horas serán de docencia virtual.

O curso ofrece 22 materias, agrupadas en seis módulos, cunha duración total de 338 horas. Nese cómputo global de horas inclúese o módulo 6 (materia 22), obrigatorio para os alumnos, e consistente na elaboración e presentación dunha memoria final de curso titorizada.

Os alumnos deben completar o total de 33,8 créditos para obter o título de Especialista.

A avaliación basearáse en varios criterios: asistencia a un mínimo do 85% das clases presenciais; realización do 85% dos traballos e exercicios prácticos encargados; e realización e presentación dunha memoria final titorizada na que se reflicten os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso.

Requisitos de acceso:
De xeito prioritario, titulados universitarios de primeiro ou de segundo ciclo (preferentemente en Economía, Administración e Dirección de Empresas, ou Enxeñeiros de Organización e licenciaturas científicas)
Orientado a investigadores, técnicos e xestores de innovación empresarial e de políticas de innovación.
Poderán tamén acceder as persoas que desenvolvan unha actividade profesional relacionada coa temática do curso, aínda que non conten con titulación universitaria previa. En calquera caso, deberán cumprir os requisitos legais para cursar estudios na universidade.
Así mesmo, poderán acceder alumnos non titulados, tendo en conta que para poder obte-lo título de Especialista Universitario deberán posuí-la condición de titulados antes de acaba-lo ano académico correspondente ós estudios.

Sistema de selección:
Curriculum vitae. Experiencia profesional. No caso de que sexa necesario poderase realizar unha entrevista persoal.

Procedemento de Avaliación:
Asistencia e participación activa nas clases (mínimo dun 85% de asistencia).
Elaboración do 85% das tarefas encomendadas ao longo do curso.
Realización y presentación de memoria final de curso.

Titorías:
As titorías semanais especificaranse en cada módulo. Poden ser en modalidade presencial ou virtual.

Calendario:
xoves e venres, de 16:30 a 20:30. Aula 18

Programa:
1. CONCEPTOS BÁSICOS E INDICADORES . Créditos: 1,4
2. ANÁLISE ECONÓMICA DA INNOVACIÓN . Créditos: 2,2
3. PAUTAS SECTORIAIS DA INNOVACIÓN . Créditos: 1,6
4. FUNDAMENTOS DA POLÍTICA DE INNOVACIÓN E TECNOLÓXICA . Créditos: 1,6
5. A POLÍTICA TECNOLÓXICA COMPARADA . Créditos: 2,8
6. O SISTEMA GALEGO DE INNOVACIÓN E A POLÍTICA GALEGA DE I+D E INNOVACIÓN . Créditos: 1,2
7. AVALIACIÓN EX-POST DE POLÍTICAS E PROGRAMAS DE I+D E INNOVACIÓN . Créditos: 0,8
8. DESEÑO DE PROXECTOS DE I+D . Créditos: 1,6
9. COOPERACIÓN EN I+D . Créditos: 0,8
10. AVALIACIÓN E XESTIÓN DE PROXECTOS EUROPEOS . Créditos: 0,8
11. REGULACIÓN DA PROPIEDADE INDUSTRIAL E INTELECTUAL . Créditos: 1,6
12. OS GRANDES DEBATES DA POLÍTICA DE PROPIEDADE INTELECTUAL . Créditos: 1
13. ASPECTOS ÉTICOS DA INVESTIGACIÓN E SUSTENTABILIDADE . Créditos: 0,4
14. COMUNICACIÓN SOCIAL DA INVESTIGACIÓN . Créditos: 0,4
15. A INNOVACIÓN NA ESTRATEXIA DA EMPRESA . Créditos: 2
16. XESTIÓN E CERTIFICACIÓN DE PROXECTOS DE I+D EMPRESARIAIS . Créditos: 1,8
17. XESTIÓN E MEDICIÓN DO COÑECEMENTO E O CAPITAL INTELECTUAL NAS EMPRESAS . Créditos: 1
18. A XESTIÓN DA INNOVACIÓN NOS SERVIZOS PÚBLICOS . Créditos: 0,8
19. AVALIACIÓN, FINANCIAMENTO E FISCALIDADE DUN PROXECTO DE I+D E INNOVACIÓN EMPRESARIAL . Créditos: 2
20. CREACIÓN DE EMPRESAS DE BASE TECNOLÓXICA . Créditos: 1,2
21. XESTIÓN DE EMPRESAS DE BASE TECNOLÓXICA . Créditos: 0,8
22. MEMORIA FINAL . Créditos: 6

 
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00