|
|
Máster en Protocolo e Relacións Institucionais
Código: M915
| Núm. de créditos: |
50 |
|
Data Inicio: |
16/10/09 |
|
Inicio Preinscrición: |
04/06/09 |
| Edición: |
6 |
|
Data Finalización: |
22/01/11 |
|
Fin Preinscrición: |
08/10/09 |
| Duración cursos: |
2 |
|
Aprobación: |
14/05/09 |
|
|
|
| Mínimo alumnos: |
6 |
|
Prezo Euros: |
3.600,00 |
|
Inicio Matrícula: |
11/10/09 |
| Máximo alumnos: |
35 |
|
Núm. prazos de pago fraccionado: |
2 |
|
Fin Matrícula: |
15/10/09 |
| Departamento / Centro Organizador: |
| Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua |
| Directores: |
|
Calendario pagamento fraccionado |
Ana Gude Fernández Esperanza Guede Teixeira |
|
1º: 2º:
| 1.800,00 € 1.800,00 €
| 11/10/09-15/10/09 25/01/10-04/02/10
|
| Obxectivos do curso: |
Obxectivos: Os estudos sobre as características do actual mercado laboral, levan tempo constatando a crecente demanda de persoal especializado en Protocolo xa que ésta é unha disciplina que ten un valor fundamental para tódolos sectores empresariais. Actualmente o Protocolo é unha materia que xa non se circunscribe unicamente ó ámbito oficial. Hoxe, as empresas privadas decátanse da necesidade destes coñecementos para o éxito do seu negocio a tódolos niveis, (dende organizar un acto por sinxelo que pareza, ata saber dirixirse correctamente ás diferentes entidades e institucións coas que teñen contacto, pasando pola correcta atención ó seu cliente). Co obxecto de dar resposta a estas necesidades patentes na realidade laboral xorde este Máster en Protocolo e Relacións Institucionais. O curso diríxese a ofrecer os máis completos coñecementos e técnicas das diferentes disciplinas implicadas nun ámbito tan amplo como é o Protocolo. O programa do curso abranguerá o Protocolo Oficial, Protocolo Internacional, Protocolo Empresarial, Protocolo Académico, Protocolo Social, etc, que impartirán especialistas de recoñecida competencia en cada un destes ámbitos. O curso tamén está orientado a completar e ampliar os coñecementos sobre o mundo do protocolo nos aspectos específicos da materia, ofrecendo unha formación útil non só a aqueles que desexen desenvolverse profesionalmente neste campo senón tamén a aqueles que desexen completar a súa formación e ós profesionais que xa exercen esta actividade e precisan reciclar os seus coñecementos. O obxectivo esencial do curso é ensinar ós alumnos a organizar todo tipo de acontecementos e aplicar as técnicas polas que se rexen, ofrecendo un amplo abano de coñecementos sobre temas protocolarios e de imaxe, comunicación e relacións sociais.
Metodoloxía: En canto á metodoloxía didáctica será unha combinación de sesións teóricas con diferentes prácticas tanto nas aulas como en visitas a institucións representativas onde se poida comprobar a utilidade inmediata do aprendido. |
| Requisitos de acceso: |
| Licenciados |
| Sistema de selección: |
| Os alumnos do curso seleccionaranse entre licenciados universitarios. As bolsas serán outorgadas consonte ós criterios establecidos pola Comisión de Posgrao |
| Procedemento de Avaliación: |
- Avaliación contínua, segundo a participación do alumnado nas diferentes sesións. - Controis de cada bloque temático do programa. - Proxecto fin de curso. |
| Calendario: |
Días da semana: Venres e sábado. Prácticas fóra da aula e as visitas poderán ter lugar noutro horario. Horario: De 16:00 a 21:00 horas e de 09:00 a 14:00 horas. Aulas: Facultade de Ciencias Políticas e da Administración |
| Programa: |
1. Protocolo Oficial. Créditos: 9 2. Protocolo Social. Créditos: 6,1 3. Organización de Eventos. Créditos: 5 4. Protocolo Internacional. Créditos: 10 5. Protocolo Empresarial. Créditos: 3,3 6. Protocolo Militar. Créditos: 0,8 7. Protocolo Académico. Créditos: 4 8. Protocolo Eclesiástico. Créditos: 1 9. Comunicación: Imaxe e Comunicación. Créditos: 1,1 10. Protocolo Deportivo. Créditos: 0,7 11. Protocolo Xudicial, Precedencias, Cerimonial Indumentaria e Actos máis Relevantes. Créditos: 0,5 12. Traballo de Investigación. Créditos: 8,5 |
|