|
|
Curso de Especialización en Protocolo
Código: E915
| Núm. de créditos: |
35 |
|
Data Inicio: |
16/10/09 |
|
Inicio Preinscrición: |
04/06/09 |
| Edición: |
8 |
|
Data Finalización: |
26/06/10 |
|
Fin Preinscrición: |
08/10/09 |
| Duración cursos: |
1 |
|
Aprobación: |
23/04/09 |
|
|
|
| Mínimo alumnos: |
6 |
|
Prezo Euros: |
2.220,00 |
|
Inicio Matrícula: |
11/10/09 |
| Máximo alumnos: |
35 |
|
Prazos Pago: |
2 |
|
Fin Matrícula: |
15/10/09 |
| Departamento / Centro Organizador: |
| Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua |
| Directores: |
Ana Gude Fernández Esperanza Guede Teixeira |
| Sé e enderezo do curso: |
|
Información: |
Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua Avda. das Ciencias s/n Campus sur 15782 Santiago de Compostela |
|
Esperanza Guede Teixeira / Jose Manuel Gándara Rodríguez Facultade de Dereito Dpto. de Dereito Constitucional Tfno.:670030315; 981530781; 617494245
masterprotocolo@usc.es;esperanza.guede@usc.es
http://www.usc.es/cptf
|
| Obxectivos do curso: |
Obxectivos: Os estudos sobre as características do actual mercado laboral, levan tempo constatando a crecente demanda de persoal especializado en protocolo xa que esta é unha disciplina que ten un valor fundamental para todos os sectores empresariais. Actualmente o protocolo é unha materia que xa non se cinrcunscribe únicamente ó ámbito oficial. Hoxe, as empresas privadas decátanse da necesidade destes coñecementos para o éxito do seu negocio a todos os niveis, (desde organizar un acto por sinxelo que pareza, ata saberse dirixir correctamente ás diferentes entidades e institucións coas que teñen contacto, pasando pola correcta atención ao seu cliente). Co obxecto de dar resposta a estas necesidades patentes na realidade laboral xorde este Curso de Especialización en Protocolo. O curso diríxese a ofrecer los máis completos coñecementos e técnicas das diferentes disciplinas implicadas nun ámbito tan amplo como é o protocolo. O programa do curso abranguerá ao protocolo oficial, protocolo internacional, protocolo empresarial, protocolo académico, protocolo social, etc, que impartirán especialistas de recoñecida competencia en cada un destes ámbitos.
Metodoloxía: En canto á metodoloxía didáctica será unha combinación de sesións teóricas con diferentes prácticas tanto nas aulas como en visitas a institucións representativas onde se poida comprobar a utilidade inmediata do aprendido. Ademais, os alumnos realizarán un traballo monográfico sobre un tema da súa elección. |
| Requisitos de acceso: |
| Licenciados, diplomados e cupo para profesionais da materia |
| Sistema de selección: |
| Os alumnos do curso seleccionaranse entre os diplomados ou licenciados universitarios (ou que estean en situación de rematar os seus estudos) e tamén entre profesionais relacionados co ámbito protocolario. |
| Procedemento de Avaliación: |
- Avaliación contínua. - Controis de cada bloque temático do programa. - Proxecto fin de curso. |
| Calendario: |
Días da semana: Venres e sábados. (As prácticas fóra de aula e as visitas poderán ter lugar noutro horario). Horario: De 16:00 a 21:00 horas e de 09:00 a 14:00 horas. Aulas: Facultade de Ciencias Políticas. |
| Programa: |
1. Protocolo Oficial. Créditos: 9 2. Protocolo Social. Créditos: 6,1 3. Protoloco Internacional. Créditos: 10 4. Protocolo Empresarial. Créditos: 3,3 5. Protocolo Militar. Créditos: 0,8 6. Protocolo Académico. Créditos: 4 7. Protocolo Eclesiástico. Créditos: 1 8. Traballo de Investigación. Créditos: 0,8 |
|