|
|
Curso de Especialización en Dereito Tributario e Contabilidade
Código: E909
| Núm. de créditos: |
25 |
|
Data Inicio: |
08/01/10 |
|
Inicio Preinscrición: |
01/10/09 |
| Edición: |
13 |
|
Data Finalización: |
29/05/10 |
|
Fin Preinscrición: |
27/11/09 |
| Duración cursos: |
1 |
|
Aprobación: |
14/05/09 |
|
|
|
| Mínimo alumnos: |
2 |
|
Prezo Euros: |
2.000,00 |
|
Inicio Matrícula: |
01/12/09 |
| Máximo alumnos: |
40 |
|
Núm. prazos de pago fraccionado: |
2 |
|
Fin Matrícula: |
18/12/09 |
| Departamento / Centro Organizador: |
| Departamento de Dereito Público Especial |
| Directores: |
|
Calendario pagamento fraccionado |
| César García Novoa |
|
1º: 2º:
| 1.000,00 € 1.000,00 €
| 01/12/09-18/12/09 22/02/10-05/03/10
|
| Sé e enderezo do curso: |
|
Información: |
Facultade de Dereito Campus sur 15782 Santiago de Compostela |
|
Mar Vázquez Marcos Área Dereito Financeiro Facultade de Dereito Campus sur 15782 Santiago de Compostela Tfno.: 600942374 Fax: 981591554
soraya.losada@usc.es
http://www.usc.es/cestribu
|
| Obxectivos do curso: |
Obxectivos: A pretensión deste curso de especialización é dotar aos alumnos dunha formación complementaria no eido do Dereito Tributario, de xeito que tanto os profesionais como os novos licenciados poidan adquirir os coñecementos necesarios para afrontar os problemas básicos da tributación no noso país, fundamentalmente desde unha perspectiva xurídica, centrada no campo empresarial. Entendemos que é necesaria unha formación específica nesta materia, orfa dun tratamento xurídico exhaustivo ata o nacemento deste curso, tanto desde o punto de vista da aplicación dos tributos como dos distintos impostos do sistema tributario. Preténdese atender á demanda de todos os sectores que teñan interese en formarse nun curso netamente práctico, impartido por profesores universitarios especializados na materia así como destacados profesionais da Administración Tributaria estatal, autonómica e local e os avogados e asesores fiscais de maior prestixio na nosa Comunidade Autónoma. Dado o recoñecemento da importancia da formación en Dereito Tributario na actualidade, que xa adquiriu un papel protagonista no novo plano de estudos da Licenciatura en Dereito, o curso tamén se adapta a estes cambios, o que vai condicionar a súa metodoloxía, cunha perspectiva moito máis práctica e apoio nas novas tecnoloxías.
Metodoloxía: Nesta decimoterceira edición séguese mantendo un sistema semipresencial de docencia. A parte non presencial abarca 80 horas de traballo do alumno, baixo a titoría dos profesores do curso, no que se tratará de dotar ao alumno dos coñecementos básicos para afrontar o estudo dos principais problemas que presenta a aplicación práctica do Dereito Tributario. Esta parte da docencia será impartida virtualmente, servíndonos da páxina web do curso. Alí o alumno contará con todo o material teórico necesario, ademais de exames e supostos prácticos que lle permitan autoavaliar a súa adquisición de coñecementos. Ao longo das horas de docencia presencial, farase unha análise teórica e práctica das cuestións de maior transcendencia e novidade neste ámbito do Dereito. O método atenderá a formulación e resolución de problemas concretos das operacións tributarias máis cotiás, mediante a presentación de casos prácticos e o exame dos máis recentes pronunciamentos, xurisprudencias e da doutrina administrativa. Para isto, os alumnos contarán con material bibliográfico axeitado como complemento da docencia presencial. |
| Requisitos de acceso: |
Licenciados ou diplomados preferentemente en Dereito, CC. Económicas, CC. Empresariais, Relacións Laborais. Valorarase que sexan profesionais relacionados coa materia tributaria adicados á asesoría fiscal. Poderán acceder alumnos non titulados, tendo en conta que para obte-lo título de Especialista Universitario, deberán posuí-la condición de titulados antes de acaba-lo ano académico correspondente aos estudos. |
| Sistema de selección: |
| Currículo, experiencia profesional e no seu caso entrevista persoal. |
| Procedemento de Avaliación: |
| Exame dos coñecementos adquiridos nos distintos bloques temáticos. |
| Calendario: |
Días da semana: Venres e sábado. Horario: de 16:30 a 21:00 horas. de 09:30 a 14:00 horas. Aula 10 |
| Programa: |
1. Imposto sobre a Renda sobre as Persoas Físicas. Créditos: 2,5 2. Imposto sobre a Renda de non Residentes. Créditos: 1,5 3. Imposto Sociedades Réxime Xeral. Créditos: 2 4. Imposto Sociedades Rexímenes Especiais. Créditos: 2 5. Imposto sobre o Valor Engadido. Créditos: 2 6. Imposto sobre Transmisións Patrimoniais/Imposto sobre Actos Xurídicos Documentados/ Imposto sobre Operacións Societarias. Créditos: 1,5 7. Imposto sobre o Patrimonio. Créditos: 1 8. Sucesións e Donacións. Créditos: 1,25 9. Tributación Local. Créditos: 1,25 10. Liquidacións. Créditos: 1,1 11. Comprobación e Inspección. Créditos: 0,75 12. Recadación. Créditos: 0,75 13. Recursos, Reclamacións, Infraccións e Sancións. Créditos: 0,4 14. Contabilidade. Nocions Básicas. Créditos: 1 15. Normas de Valoración. Créditos: 2 16. Contabilidade de Sociedades. Créditos: 0,5 17. Contabilización sobre o Imposto de Sociedades. Créditos: 0,5 18. Traballo de Investigación Tutelado. Créditos: 3 |
|