|
|
Máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas
Código: M968
| Núm. de créditos: |
60 |
|
Data Inicio: |
01/11/09 |
|
Inicio Preinscrición: |
01/09/09 |
| Edición: |
3 |
|
Data Finalización: |
30/09/10 |
|
Fin Preinscrición: |
30/09/09 |
| Duración cursos: |
1 |
|
Aprobación: |
14/05/09 |
|
|
|
| Mínimo alumnos: |
21 |
|
Prezo Euros: |
3.900,00 |
|
Inicio Matrícula: |
10/10/09 |
| Máximo alumnos: |
25 |
|
Núm. prazos de pago fraccionado: |
3 |
|
Fin Matrícula: |
30/10/09 |
| Departamento / Centro Organizador: |
| Departamento de Historia da Arte |
| Directores: |
|
Calendario pagamento fraccionado |
Federico López Silvestre Mª Luísa Sobrino Manzanares |
|
1º: 2º: 3º:
| 1.950,00 € 975,00 € 975,00 €
| 10/10/09-30/10/09 31/01/10-28/02/10 01/05/10-30/05/10
|
| Comentarios: |
| (*) Prezo pendente de modificación á baixa, -consultar coa dirección do curso- |
| Obxectivos do curso: |
OBXECTIVOS: a) Facilitar unha maior cualificación de aqueles que desexen optar a postos vencellados cos museos, galerías, centros, e institucións dedicados á arte contemporánea. b) Dotar duns coñecementos superiores a todos aqueles que se atopen traballando no mundo dos museos. c) Preparar a futuros críticos de arte que desexen traballar nos medios de comunicación. d)Mellorar o nivel que a crítica presenta nos xornais e prensa especializada e non especializada.
METODOLOXÍA As clases teñen unha orientación práctica e participativa. A docencia será impartida por profesores universitarios e profesionais de recoñecido prestixio como por exemplo, conservadores, especialistas en didáctica, xestores, montadores, etc., vencellados cos distintos museos, fundacións e galerías. O curso ten un total de 56 créditos, dos cales 48 son obrigatorios. Aqueles que queiran obter o máster deben cursar un total de 50, para o que dispoñen de 8 créditos optativos. O curso completarase cun prácticum no cal os alumnos terán ocasión de presentar proxectos expositivos, algúns dos cales poderán ser levados á práctica, ou un conxunto de artigos de crítica de arte que poderá ser publicado en periódicos e revistas, especializadas ou non. |
| Requisitos de acceso: |
Licenciados ou diplomados en Historia da Arte, Historia, Xeografía, Filosofía, Filoloxía, Humanidades, Ciencias da Comunicación, Socioloxía, Belas Artes e Arquitectura. Profesionais do sector con acreditada experiencia. Sólo se obterá o título no caso de que se conte coa titulación requerida, segundo o artigo III aplicable ó Máster, e o artigo V aplicado ós cursos de Especialización, do Regulamento de Estudos de Postgrado da USC. |
| Sistema de selección: |
Por currículum (expediente académico e/ou profesional). Adecuación do alumno aos requisitos do máster. En caso de dúbida, entrevista persoal. |
| Procedemento de Avaliación: |
1. REQUISITO OBRIGATORIO: Asistencia confirmada ás clases (pasarase unha folla para asinar en cada unha das clases). Será obrigatoria a asistencia a un mínimo do 66% das horas).
2. Avaliación do alumnado mediante tres tipos de traballos vencellados co prácticum final (a elixir): (a) memoria sobre un proxecto de exposición; (b) ensaio crítico; (c) memoria sobre un proxecto pedagóxico.
Para avaliar as memorias contarase co seguimento dun titor e a memoria final será avaliada xunto co informe do titor, por unha comisión. |
| Titorías: |
| Titorías personalizadas e continuadas por parte de profesores da USC e seguimentos conxuntos do grupo de alumnos polos coordinadores de módulos e de asignaturas.a |
| Calendario: |
Xoves de 16:00 h a 20:00 h. Venres de 10:00 h a 14:00 h e 16:00 h a 20:00 h. |
| Programa: |
1. AS ARTES PLÁSTICAS. CRISE DA MODERNIDADE E AS NEOVANGARDAS. Créditos: 1,6 2. AS ARTES PLÁSTICAS. ÚLTIMAS TENDENCIAS DENDE 1977 ATA A ACTUALIDADE. Créditos: 3,2 3. ARQUITECTURA E DESEÑO CONTEMPORANEOS. Créditos: 2,4 4. URBANISMO E ARTE NO ESPAZO PÚBLICO. Créditos: 2 5. INTRODUCCIÓN ÁS POLÍTICAS DA VISIÓN. Créditos: 1,6 6. NOVAS CATEGORÍAS ESTÉTICAS. Créditos: 2,6 7. TEORÍA DA ARTE E ESTUDOS CULTURAIS. Créditos: 3,4 8. CRÍTICA E MEDIOS. Créditos: 3 9. INTRODUCCIÓN Á MUSEOLOXÍA. Créditos: 2,4 10. DIRECCIÓN E OUTRAS ACTIVIDADES. Créditos: 1,6 11. DOCUMENTACIÓN, CONSERVACIÓN E REXISTRO. Créditos: 2 12. COMISARIADO, PRODUCCIÓN, REALIZACIÓN E XESTIÓN DE PROXECTOS. Créditos: 2 13. PROGRAMAS PEDAGÓXICOS E GABINETE DE COMUNICACIÓN. Créditos: 3,2 14. TÉCNICAS DE MONTAXE. Créditos: 1,8 15. GALERÍAS, COLECCIONISMO E MERCADO DE ARTE. Créditos: 1,2 16. PRACTICUM. Créditos: 26 |
|