accesibilidade
 
Inicio » Centros » Centro de Posgrao » Posgrao propio » Cursos de Especialización 2009-2010 » Curso E991
Seccións
Presentación
Persoal
Doutoramento
Posgrao propio
Formación continua
Normativa
Formularios e Impresos
Ligazóns
Destacados
Teses en trámite
Defensa de Teses

Curso de Especialización en Inserción Sociolaboral de Colectivos de Inclusión Social

Código: E991

Núm. de créditos: 24 Data Inicio: 16/11/09 Inicio Preinscrición: 01/09/09
Edición: 3 Data Finalización: 29/05/10 Fin Preinscrición: 22/09/09
Duración cursos: 1 Aprobación: 14/05/09  
Mínimo alumnos: 15 Prezo Euros: 1.700,00 Inicio Matrícula: 20/10/09
Máximo alumnos: 25 Núm. prazos de pago fraccionado: 1 Fin Matrícula: 30/10/09

Departamento / Centro Organizador:
Departamento de Teoría, Historia da Educación e Pedagoxía Social
Departamento de Didáctica e Organización Escolar

Directores:
MARÍA ESTHER OLVEIRA
MARÍA DOLORES FERNANDEZ TILVE

Sé e enderezo do curso: Información:
Dpto de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social. Facultade de Ciencias da Educación. Campus Sur. Santiago de Compostela 15782, 981563100, 981530438 María Esther Olveira Olveira
Dpto. Teoría da Eduación, Historia da Educación e Pedagoxía Social. Facultade de Ciencias da Educación. Campus Sur.
Santiago de Compostela 15782
Tfno: 981563100-ext. 13763 /// Fax:981530438
mariaesther.olveira@usc.es
http://www.usc.es/theo/posgrao/E991/ceiscis.htm

Obxectivos do curso:
Obxectivo:
Dirixido á formación de especialistas en inserción e desenvolvemento de medios/recursos de inserción sociolaboral para colectivos que se atopan nunha situación de exclusión laboral e social.
Obxectivos específicos:
- Aportar itinerarios de inserción (proceso social e de atención ás persoas que se realizan mediante inserción laboral)
- Construír ferramentas metodolóxicas necesarias para a inserción
Competencias:
Desenvólvense catro grandes tipos de competencias:
a) Básicas. Son competencias que se requiren en profesionais de diferentes tipos, incluídos os que se dedican á inserción laboral de colectivos de inclusión social (p. ex. competencia de comunicación escrita).
b) Profesionais. Son competencias específicas da profesión do especialista en inserción sociolaboral de colectivos de inclusión social (p. ex. avaliación das características psicosociais e educativas dos grupos de traballo).
c) Potenciadoras. Son competencias que incrementan a calidade do exercicio profesional e que se comparten con outros profesionais (p. ex. relación con outro tipo de profesionais).
d) De investigación. Asúmese que as competencias de investigación son necesarias para un bo cumprimento profesional (p. ex. deseño dunha investigación)
Metodoloxía:
Dado que no curso hai unha parte teórica e parte práctica, a metodoloxía adaptase á temática de traballo nas súas dúas vertentes. Parte teórico-conceptual e parte empírica-reconceptualizadora.

Requisitos de acceso:
Licenciaturas en Pedagoxía, Psicopedagoxía, Psicoloxía e Socioloxía preferentemente. Tamén se admitirán outras licenciaturas en Dereito, Económicas, Empresariais, e Medicina, así como Diplomaturas en Ciencias Sociais (Traballo Social, Relacións Laborais), Educación Social, Titulación de Mestre e DUE.

Sistema de selección:
Expediente Académico
Currículo
Méritos Profesionais

Procedemento de Avaliación:
Elaboración dun traballo tutelado

Titorías:
Dúas horas de titoría por seminario e titoría online

Calendario:
Venres: de 10:00h. a 14:00 h.
Venres: de 16:00h. a 20:00 h.
Sábado: de 10:00 h. a 14:00 h.
AULAS: Facultade de Ciencias da Educación, Campus Sur. USC

Programa:
1. Investigación Educativa: a Educación Como Obxecto de Coñecemento. Créditos: 0,5
2. Investigación, Negociación e Mediación Laboral. Competencias e Habilidades Directivas.. Créditos: 1,5
3. Avaliación de Programas e Técnicas de Investigación Socioeducativa.. Créditos: 0,6
4. Fundamentos Teóricos e Disciplinares da Exclusión Social. Créditos: 2
5. Da Exclusión Escolar á Exclusión Social: Pasado, Presente e Futuro. Créditos: 1
6. Emocións e Valores nos Mass-media. O Cine como Medio de Intervención. Créditos: 0,6
7. Pedagoxía do humor: Menores e Familias. Créditos: 1
8. Proceso de cambio dende a escola á vida activa e formación prelaboral con risco de abandono escolar . Créditos: 0,7
9. Xénero, educación e igualdade. Créditos: 0,4
10. As Migracións Transnacionais e a Inclusión Social na Sociedade Española. Créditos: 1
11. Marco Conceptual e Metodolóxico da Inserción Sociocultural. Créditos: 0,3
12. A Inserción Sociolaboral de Inmigrantes: Proceso de Intervención e Recursos. Créditos: 1
13. O Deseño dos Proxectos de Inserción. Créditos: 1,2
14. As Competencias Profesionais para a Práctica Profesional da Inserción Laboral. Créditos: 0,5
15. Políticas de Inserción Social: a Realidade Institucional de menores. Créditos: 0,5
16. Creación de Empresas. Créditos: 2
17. A Inserción Laboral desde a Óptica dos Profesionais. Créditos: 0,3
18. O Programa Mentor. Créditos: 0,4
19. O Centro de Día Alecrín. Créditos: 0,5
20. Organizacións que Traballan na Inserción Sociolaboral con Inmigrantes. Créditos: 0,5
21. A Incorporación Sociolaboral do Colectivo Xitano en Galicia. Créditos: 0,5
22. Colectivos con Minusvalías: Metodoloxías Prácticas Aplicadas para a Inserción Laboral. Créditos: 0,5
23. Inserción e Drogodependencias. Créditos: 0,4
24. Traperos de Emaus. Créditos: 1
25. Puntos fortes e débiles do programa mentor en inserción sociolaboral. Créditos: 0,3
26. Políticas de inserción social. Créditos: 0,2
27. Xusticia e educación. Créditos: 0,3
28. Terranga: proxecto de immigración de Caixa Nova. Créditos: 0,4
29. Experiencia dunha cooperativa de mulleres. Créditos: 0,4
30. Elaboración dun Traballo Final Tutelado. Créditos: 3,5

 
Reitoría da USC
Colexio de San Xerome
Praza do Obradoiro, s/n
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: +34 981 56 31 00
Logotipo de Universia Universia   Logotipo da Unitenda Unitenda   Logotipo do Grupo Compostela
Vicerreitoría de Coordinación
do Campus de Lugo
Praza Pío XII, 3
27001 Lugo
Teléfono: +34 982 28 59 00